div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

CHICO CHICA BOUMBA: A fita eléctrica

Helena non sabe como pedirlle un autógrafo a unha famosa no aeroporto.

07:05 h

O DIARIO DE ALICE: Episodio 22

Adorable, imaxinativa e algo extravagante, Alice comparte connosco a súa vida a través das conversas que ten coa súa nai Ana.

07:10 h

BLOQUES DE CORES: OS DESEÑOS DE PÚRPURA

Púrpura quere decorar os xardíns do castelo e proponlles aos outros que creen o seu propio deseño

07:15 h

BLOQUES DE CORES: ARCO DA VELLA

Coa axuda de Anil e Violeta, os bloques de cores descobren o que é o arco da vella.

07:20 h

KIWI: Feliz Navidad

Twini e Twiki son dous divertidos kiwis, paxaros de arxila que, capítulo a capítulo, levan aos nenos a un universo ineseperado, composto de sons e imaxes no que aprenden inglés mediante xogos.

07:25 h

O CORDEIRO SHAUN: A vendelo todo

O granxeiro monta un mercado para vender as cousas que non quere, pero comete o erro de deixalo das mans de Bitzer.

07:30 h

O CORDEIRO SHAUN: Festa de animais

Mariano decide facer unha festa de disfraces polo seu aniversario.

07:40 h

A ABELLA MAIA -3D: Willy perde a memoria

Maia e os seus amigos teñen que axudar a Willy xa que perdeu a memoria.

07:50 h

TELMO E TULA: Flan de ovo con sabor a vainilla

Telmo e Tula póñense ó choio para preparar flan de ovo con sabor a vainilla. A cociña saca ás veces o xeito de ser de cada quen, como lles pasa a Telmo e Tula cando se poñen a preparar esta receita.

08:00 h

TELMO E TULA: Polos de diferentes sabores

Telmo e Tula preparan uns refrescantes polos de diferentes sabores. O espírito de colaboración sae a relucir de xeito especial na cociña e hoxe especialmente.

08:05 h

CONTRAPTUS: O tesouro

Como chegar a un tesouro escondido baixo unha enorme rocha?

08:15 h

SUPER 4: DE QUEN É ESTA COUSA?

Álex o cabaleiro, a pirata Ruby, o axente Gene e a fada Faísca son os heroes e as heroínas de 'Super 4'. Van vivir moitas aventuras recreando o universo Playmobil. Grazas ao seu vehículo transformable, o Camaleón, viaxan ao longo dun planeta formado por cinco illas moi diferentes. No seu mundo todo é posible e o perigo pode aparecer en calquera sitio cando menos se espera.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: Episodio 177

Emisión en directo do faladoiro do programa da Radio Galega 'Galicia por Diante'.

09:30 h

MONSTER ALLERGY: O corno de kong

Teddy, Thaur, Bombo e Zick atopan a estancia da memoria da antiga armería dos domadores, onde descobren un corno de ouro. Que poderes oculta ese obxecto?

09:50 h

AQUELANDO CON CHISPA: As plantas

Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Cada capítulo xira arredor dun eixe temático, que vertebra un conxunto de seccións con contidos complementarios entre si e que levan a un grande experimento final. Falamos das plantas e das súas cores. Ensinamos o xeito de indagar cunha col lombarda o pH de diferentes substancias e amosamos a técnica para tinguir flores de diferentes cores grazas aos vasos condutores das mesmas.

10:10 h

LUCAS ETC: Episodio 36

Jeff perde a memoria e toda a familia axúdao para que a recupere.

10:15 h

LUCAS ETC: Episodio 37

Lucas, Edén, Swing e Ulysse van de acampada, pero dá en chover e a tenda rompe.

10:25 h

HEIDI: CAMIÑO DE FRANKFURT

As aventuras de Heidi comezan cando a nena é enviada a vivir co seu avó, un vello malhumorado que vive nos Alpes suízos. Pouco a pouco, o vello vaise afeccionando á súa neta, que vive infinidade de aventuras cos seus amigos, Pedro e Clara, o can "Néboa", a cabriña "Folerpiña" e o seu paxariño Pichi. Un día, Heidi é levada á cidade para acompañar a Clara, unha nena minusválida moi solitaria, e a pobre Heidi vese na situación de ter que aprender a vivir usando maneiras educadas e sufrir as rifas da institutriz de Clara, a Señorita Rottenmayer. Despois de moito tempo, o pai de Clara decátase que Heidi está moi triste e déixaa regresar onde o seu avó. A tía Dete mete a Heidi no tren á forza, ela non quere marchar. Nas montañas, o avó queda triste e só. Tras unha longa viaxe en tren, a tía Dete e Heidi chegan á casa en que as están esperando, unha das casas máis ricas da cidade. Alí coñecen a Clara, unha nena de 12 anos que ten unha enfermidade nas pernas que lle impide andar.

10:50 h

PADRE CASARES: Mando universal

En plena crise económica mundial, o concello de Louredo pecha as súas contas anuais con superávit. A primeira intención de Delmiro será fachendear da súa boa xestión para gañar puntos na súa carreira política. Pero entre Maite e Miñato non tardarán moito en convencer o seu alcalde de que os cartos están para gastalos. Con todo, non haberá consenso en como investilo: lecer ou cultura? Sen encomendarse a ninguén, Maite porá en marcha un proxecto para levar a imaxe de Louredo por todo o mundo: un concurso de ideas para a edición dun selo conmemorativo. Pero o plan de Delmiro ten o churrasco e a París de Noia como protagonistas. A falta de acordo, será a vila a que teña a última palabra.

11:45 h

PADRE CASARES: In nomine patris

Unha revisión de gastos rutineira deixou ao descuberto algo inquietante: disparouse o consumo do viño da misa no último mes e dá a casualidade de que ese é o tempo exacto que leva Miñato traballando de sancristán. Está a coller borracheiras o chapuzas á conta da parroquia? As primeiras e preocupantes indagacións descobren que Miñato montou un novo negocio, esta vez a expensas da Igrexa. Ante a acusación, ao chapuzas de Louredo sóbranlle tempo e recursos para botar balóns fóra, conseguindo que as sospeitas se centren no novo párroco de Santo Antonio de Louredo, don Perfecto.

12:40 h

PADRE CASARES: A irmandade do salto do porco

Conmovido pola falta de recursos económicos dalgúns veciños, o novo sacerdote tivo unha brillante idea: organizar unha función teatral benéfica a favor dos máis desfavorecidos de Louredo. A súa grande aliada neste proxecto será Maite, organizadora oficial dos eventos municipais. Pero axiña a grande idea de Perfecto toparase con dous ósos difíciles de roer: Delmiro e Crisanto. E é que alcalde e párroco non se porán de acordo en cal debe ser o contido da obra a representar: didáctica ou simplemente entretida? De contido político ou talvez relixioso?

13:30 h

ALALÁ: Abertal

A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. O protagonista do conto do Alalá desta noite, adicado a Abertal, é Manuel Durán, cando era neno encantáballe a música dos grupos de gaitas, aínda que daquela na Rúa a música tradicional estaba a perderse.

14:10 h

ALALÁ: Susana Seivane

A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. As novas gaiteiras fan "falar a gaita" con tanto éxito coma os homes. A protagonista de hoxe é unha muller, unha muller gaiteira que triunfa en todo o mundo, Susana Seivane.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

15:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 06.05.2025

Presenta Marta Darriba.

16:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 06.05.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

16:25 h

O TEMPO

16:35 h

BONANZA: BONANZA II 158

Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.

17:25 h

TI VERÁS: TI VERÁS VIII 442

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

18:30 h

CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 29.04.2025

Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid.

19:30 h

A XANTAR!

A guía máis completa e variada das bicocas gastronómicas, destinos en que un bandullo cheo non é sinónimo dun peto baleiro. Non hai maior pracer para un galego que sentar á mesa e gozar da comida en boa compañía, pero se ademais é de balde, xa é outro cantar.

20:00 h

A XANTAR!

A guía máis completa e variada das bicocas gastronómicas, destinos en que un bandullo cheo non é sinónimo dun peto baleiro. Non hai maior pracer para un galego que sentar á mesa e gozar da comida en boa compañía, pero se ademais é de balde, xa é outro cantar.

20:30 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O director do Play-Doc de Tui, Ángel Sánchez, presenta esta tarde no ‘Zigzag’ a programación da vixésimo primeira edición do certame.

20:55 h

A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 06.05.2025

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 06.05.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

22:30 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

22:35 h

RECANTOS CON FEITIZO: RECANTOS CON FEITIZO 4

Programa que convida a descubrir os recunchos máis sorprendentes e auténticos de Galicia a través dos ollos de reporteiros e 'influencers'. Cada episodio amosa cinco lugares únicos, dende paisaxes naturais a espazos ateigados de historia e cultura. Unha viaxe chea de curiosidade, sorpresas e moitos 'selfies'. Fátima Pego viaxa ao pasado para vivir en primeira persoa a batalla de Rande. Os reporteiros gozarán das termas de Ribadavia e farán resoar as campás na Catedral de Mondoñedo. Continúan coa súa andaina polas Fragas do Eume e como broche de ouro, o Castelo de Monterrei.

23:20 h

HISTORIAS A PÉ DE PÁXINA: O papel de 'Cantares Gallegos''

Hai feitos que cambiaron o curso da historia, personaxes que marcaron unha época e anécdotas esquecidas, ou apenas esbozadas nun pé de páxina, que merecen formar parte do argumento principal. O 30 de marzo de 1862 comezaba a funcionar La Cristina, a primeira fábrica galega de papel continuo. O xornal 'El Miño', de Juan Compañel, anunciaba o acontecemento en portada. Ao ano seguinte, o editor publicaba unha das obras cumio da nosa literatura: 'Cantares Gallegos' de Rosalía de Castro.

23:45 h

GARDIÁNS DA NOITE: QUE OUTROS AVANCEN

Despois de que un demo mate a súa familia e maldiga a súa irmá, Tanjiro quere converterse nun cazador de demos para evitar que a súa traxedia poida volver a ocorrer.

00:10 h

GARDIÁNS DA NOITE: TEN ALGO QUE PERFECCIONAR

Despois de que un demo mate a súa familia e maldiga a súa irmá, Tanjiro quere converterse nun cazador de demos para evitar que a súa traxedia poida volver a ocorrer.

00:30 h

GARDIÁNS DA NOITE: VÍNCULOS FALSOS

Despois de que un demo mate a súa familia e maldiga a súa irmá, Tanjiro quere converterse nun cazador de demos para evitar que a súa traxedia poida volver a ocorrer.

00:55 h

GARDIÁNS DA NOITE: O DEUS DO LUME

Despois de que un demo mate a súa familia e maldiga a súa irmá, Tanjiro quere converterse nun cazador de demos para evitar que a súa traxedia poida volver a ocorrer.

01:20 h

GARDIÁNS DA NOITE: Capítulo 20

Despois de que un demo mate a súa familia e maldiga a súa irmá, Tanjiro quere converterse nun cazador de demos para evitar que a súa traxedia poida volver a ocorrer.

01:40 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1701

Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

06:05 h

ACTUALIZAD@S: De rondallas

Hai xente que non concibe a súa vida sen a música. E non estamos a falar de profesionais, senón desas persoas da rúa que gozan tocando por e para os demais. Na súa compaña, Actualizad@s introdúcese no mundo das rondallas.

div-crtvg-top2

Publicidade