TVG2 - CRTVG
O DIARIO DE ALICE
CHICO CHICA BOUMBA: CHICO CHICA BOUMBA 48
CHICO CHICA BOUMBA: O supermercado
Matilda ten que devolver ao seu sitio as cousas que o seu irmán meteu no cesto da compra.
GALICIA NOTICIAS PEZAS: Carlos Velo
O DIARIO DE ALICE: Episodio 20
Adorable, imaxinativa e algo extravagante, Alice comparte connosco a súa vida a través das conversas que ten coa súa nai Ana.
BLOQUES DE CORES: VERMELLO COÑECE A AZUL
KIWI: KIWI 2
BLOQUES DE CORES: AMARELO COÑECE A VERMELLO E AZUL
O CORDEIRO SHAUN
KIWI: Imos ao mar
Os Kiwis marchan en tren coa súa maleta cara ao mar.
O CORDEIRO SHAUN: A Ewe tendéronlle unha trampa
Shaun rompe as lentes do granxeiro e ten que evitar que o pobriño sufra un accidente por estar pitoño.
O CORDEIRO SHAUN: A Ewe tendéronlle unha trampa
Shaun rompe as lentes do granxeiro e ten que evitar que o pobriño sufra un accidente por estar pitoño.
O CORDEIRO SHAUN
O CORDEIRO SHAUN: O sombreiro novo de Bitze
A sobriña do granxeiro aparece cun agasallo: un sombreiro espantoso para Bitzer.
A ABELLA MAIA -3D
TELMO E TULA: TELMO E TULA 46
TELMO E TULA: TELMO E TULA 47
CONTRAPTUS: CONTRAPTUS 24
CONTRAPTUS: O aspirador
Leonardo inventa algo para recoller o tisne.
SUPER 4: O ROUBO DO CAMALEÓN
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 02.05.2025
CAFÉ SEN GOTAS: CAFÉ SEN GOTAS 298
Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento.
MONSTER ALLERGY: MONSTER ALLERGY 24
MONSTER ALLERGY: O último domador
Zick, sen os seus poderes, coñece un novo grupo de domadores.
AQUELANDO CON CHISPA: AQUELANDO CON CHISPA 19
Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Cada capítulo xira arredor dun eixe temático, que vertebra un conxunto de seccións con contidos complementarios entre si e que levan a un grande experimento final.
HEIDI: VISITAS INESPERADAS
As aventuras de Heidi comezan cando a nena é enviada a vivir co seu avó, un vello malhumorado que vive nos Alpes suízos. Pouco a pouco, o vello vaise afeccionando á súa neta, que vive infinidade de aventuras cos seus amigos, Pedro e Clara, o can "Néboa", a cabriña "Folerpiña" e o seu paxariño Pichi. Un día, Heidi é levada á cidade para acompañar a Clara, unha nena minusválida moi solitaria, e a pobre Heidi vese na situación de ter que aprender a vivir usando maneiras educadas e sufrir as rifas da institutriz de Clara, a Señorita Rottenmayer. Despois de moito tempo, o pai de Clara decátase que Heidi está moi triste e déixaa regresar onde o seu avó.
PADRE CASARES: Resacón en Louredo
Miñato busca traballo con desesperación. Amelia, conmovida, non terá mellor idea que propoñelo para o posto de sancristán. Pero don Crisanto non llo vai poñer nada doado ao candidato, ao contrario, farao pasar por todo un calvario en forma de probas e exames cos que Miñato poderá demostrar que está sobradamente preparado. Ou, máis ben, todo o contrario. Os seus preparadores, máis obrigados que voluntariosos, nesta peculiar oposición serán Josito e Maite.
PADRE CASARES: Okupación
A crise económica azouta Louredo e o seu alcalde busca novas vías de recadación. Mentres, Lidia, desesperada por facer caixa, pon á venda un lote de produtos de alimentación caducados. O engano iráselle axiña das mans e o lote irá parar á beneficencia. Coñecedor dos feitos, Sindo relataralle o delito da súa muller a don Crisanto. A penitencia será dura: reparar o dano e confesar ante os afectados. Pero, como facelo, se nin sequera é capaz de dicirllo á súa muller? Pero o máis desfavorecido da vila é Josito, que, incapaz de compartir cama de maneira casta con Maite e levar unha vida psicoloxicamente saudable ao mesmo tempo, verase na rúa e sen un teito que o acubille.
PADRE CASARES: A derradeira misa
Os veciños esmeraranse todo o posible para sorprender o ancián Crisanto: os seus fregueses, cunha celebración ao grande, e Delmiro, pola súa banda, cunha particular homenaxe, o que chegando de Delmiro é para botarse a tremer. E así é. Ademais, o alcalde traballará con tesón e no maior dos segredos, para lograr a expropiación da parcela sobre a que se erixe a igrexa parroquial.
ALALÁ: O Entroido de Hío
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.
ALALÁ: Maghúa
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 02.05.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 02.05.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
BONANZA: BONANZA II 156
Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
TI VERÁS: TI VERÁS VIII 440
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
DESMONTANDO...: Desmontando Baiona
LARPEIROS: Paspallás engaiolados
Nesta ocasión, os 'Larpeiros' prepararán e degustarán pementos morróns recheos de paspallás.
LARPEIROS: Castañeta en salsa amarela
O programa sorprenderá hoxe coa participación de Bibiana Cardona, unha profesional da cociña que dirixe o restaurante Las 5 puertas, en Pontevedra. Bibiana entrará na cociña dos 'Larpeiros' para preparar unha castañeta con croques en prebe de azafrán.
LARPEIROS: Polo con cervexa
Para conseguir os ingredientes da exquisita receita de polo guisado con cervexa e champiñóns, o 'larpeiro' Tomás Alonso achegarase ata Vilagarcía de Arousa co obxectivo de coñecer de primeira man o cultivo dos champiñóns de primeira calidade.
LARPEIROS: Pescada en salsa moi verde
O mestre Benigno preparará nesta ocasión unha receita exquisita consistente en Pescada en salsa moi verde con croques, e, completando o menú, a larpeira Marian cociñará unhas anémonas para degustar de aperitivo.
LARPEIROS: A vaquiña polo que vale
O mestre Benigno obsequiará os espectadores cunha receita de papos con cogomelos shitake, mentres que o reporteiro intrépido Tomás Alonso achegarase ata Hifas da Terra, no concello de Cotobade, para coñecer como se fai o cultivo do cogomelo shitake.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O novo do grupo de folk Cantometrics e do creador Antón Yanguas, este venres, no programa 'Zigzag'.
GRANDES LUGARES: Valdín (A Veiga) + Gondulfes (Castrelo do Val)
A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais.
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 02.05.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
VIVE E DEIXA MORRER
O misterioso asasinato de varios espías británicos en misión secreta por Norteamérica provoca a intervención de 007, o axente da S.M. ‘con licenza para matar’. Chegado a Nova York, debe evitar un atentado que tiña como obxectivo único a súa morte. Detrás desa operación de acoso está o sinistro Dr. Katanga, primeiro ministro da illa de Santa Mónica, que non só posúe un exército particular e moi ben dotado, senón que ademais apadriña o rito ‘vudú’ co que agarda dominar América...
OS FILLOS DO SOL
Tv-movie sobre a creación dos laboratorios Zeltia. Esta coprodución galego-catalá narra a historia épica de catro visionarios que, en plena posguerra, lograron crear unha das empresas farmacolóxicas máis importantes do século XX. Película que narra as orixes dos laboratorios farmacéuticos galegos Zeltia. Ambientada fundamentalmente en Galicia (concretamente no Porriño, Vigo e Santiago de Compostela), esta coprodución entre a TVG e TV3, realizada polas produtoras Portocabo e Diagonal TV, presenta unha apaixonante historia de ambición e superación persoal. A trama conta o xerme dunha empresa que nace no Val da Louriña, un lugar típico do rural galego que pasa a albergar a sede da ciencia e da tecnoloxía máis innovadoras. En plena posguerra, xérase unha burbulla arredor dun proxecto pioneiro e próspero.