div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA NOTICIAS PEZAS: Cachena evita broza

07:05 h

O DIARIO DE ALICE: Lava Furiosa

Alice e Emile reúnense para xogar, pero parece que Emile chega tarde, e iso anoxa a Alice.

07:05 h

CHICO CHICA BOUMBA: Burt está maliño

O cabaleiro Burt atópase mal, poderemos animalo cun baile?

07:10 h

BLOQUES DE CORES: DIVERSIÓN COAS CORES

Vermello, Amarelo e Azul xogan a pintar e explorar sitios diferentes.

07:15 h

BLOQUES DE CORES: UN DÍA GRIS

Rosa, Amarelo e Vermello están xogando no parque ata que o día se volve gris e se pon a chover.

07:20 h

KIWI: KIWI 24

Comeza a nevar e os Kiwis non poden estar máis felices.

07:25 h

O CORDEIRO SHAUN: O cordeiro resorte

Conforme avanzan os días, chega un momento en que hai que pasar pola ducha.

07:35 h

O CORDEIRO SHAUN: Prohibido bailar

O granxeiro trata de aprender bailes de salón usando a Pidsley como parella de baile. O escándalo que forman molesta tanto ás ovellas que Shaun decide detelos.

07:40 h

A ABELLA MAIA -3D: Maia, comandante en xefe

Maia vólvese a capitá das formigas soldado.

07:50 h

TELMO E TULA: Pasta fresca

Telmo e Tula preparan unha pizza margarita con moito queixo e moito tomate.

08:00 h

TELMO E TULA: TELMO E TULA 39

08:05 h

CONTRAPTUS: A invasión dos mosquitos

Cando os enxames de mosquitos cheguen á cidade, a quen hai que chamar?

08:15 h

SUPER 4: APRENDICES DE CHANTAXISTAS

Twinkle ten o presintemento de que o Barón Negro, Fourchesac e Baba Cara se aliaron para destruir as fadas.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 28.04.2025

Emisión en directo do faladoiro do programa da Radio Galega 'Galicia por Diante'.

09:30 h

MONSTER ALLERGY: MONSTER ALLERGY 20

Zick é un dos poucos humanos capaz de ver o mundo invisible dos monstros. El aínda non o sabe, pero, en realidade, é un domador de monstros cuns poderes extraordinarios.

09:55 h

AQUELANDO CON CHISPA: Os tornados

Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Cada capítulo xira arredor dun eixe temático, que vertebra un conxunto de seccións con contidos complementarios entre si e que levan a un grande experimento final. Recrearemos a súa formación, as forzas que implican e os perigos.

10:10 h

LUCAS ETC: Capítulo 26

Os Goossens, Béné e Lucas xa están na casa nova e os veciños convídanos a unha grellada. Lucas descobre no garaxe o coche de Paul, que este coida con moito agarimo.

10:15 h

LUCAS ETC: LUCAS ETC 27

10:25 h

HEIDI: DE VOLTA AOS PASTEIROS

Pedro é un neno moi bo e traballa duro para axudar a súa familia.

10:50 h

PADRE CASARES: Unha noite no inferno

Ao principio, o chapuzas non se mostra moi colaborador, pero todo cambiará cando descubra a cara máis oculta de Urbano, convertido por un día en torturador. Ou algo parecido. Porque de todos é sabido que, entre os moitos talentos que ten Urbano, ningún ten que ver coa violencia física. O caso é que o traidor, é dicir, Miñato, non tardará moito en cantar.

11:45 h

PADRE CASARES: A canción de Elsa

Cun vídeo promocional, cos nenos de Louredo como protagonistas, o alcalde intentará captar novos habitantes para a vila, unha idea cualificada de peregrina pola oposición. E cando falamos de oposición, Delmiro tena na casa: a súa muller, Moncha, xa está a preparar as maletas disposta a fuxir. O que sexa antes de que Tapeirán os colonice.

12:45 h

PADRE CASARES: O xogo de Elsa

A parella contará coa colaboración de Elsa e de Amelia para agocharse da Garda Civil ata que, tirando do fío e grazas ás indagacións de don Crisanto, se descobre que a igrexa parroquial podería albergar un importante xacemento arqueolóxico. Algo que, se chega a oídos dos medios de comunicación, podería paralizar as reformas emprendidas polo sacerdote.

13:30 h

ALALÁ: Proceso do pan en Valga

A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Alalá participa na elaboración do pan na terceira edición dos Encontros Interxeracionais de Valga.

14:10 h

ALALÁ: Unha viaxe por Brasil

A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Alalá viaxa a Brasil para coñecer a música tradicional galega na emigración.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

15:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 28.04.2025

Presenta Marta Darriba.

16:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 28.04.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

16:25 h

O TEMPO

16:35 h

BONANZA: BONANZA II 153

Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.

17:20 h

TI VERÁS: TI VERÁS VIII 435

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

18:25 h

SEN CÓDIGO POSTAL: Ribadeo

Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. O programa visita hoxe Ribadeo, un dos concellos máis turísticos de Galicia.

div-crtvg-top2

Publicidade