TVG2 - CRTVG
O DIARIO DE ALICE: Alicesaurio
Alice nunca é elixida para xogar ao baloncesto e sendo un gran dinosauro conseguirao.
BLOQUES DE CORES: Escoller cores
Vermello e Azul constrúen cadansúa casa de xogos e elixen cores para pintalas.
BLOQUES DE CORES: RODA DE CORES
Os bloques descobren varias rodas de cores, pero teñen que investigar é a orde correcta
KIWI: A cría de crocodilo
Twiki ten que rescatar a Twini, que foi secuestrada polo mono.
O CORDEIRO SHAUN
O CORDEIRO SHAUN: Sarabullo
É un deses días calorosos de verán na granxa e o rabaño necesita refrescarse urxentemente.
A ABELLA MAIA -3D: Molly a mineira
Maia e Willi coñecen a Molly, un grilo ceboleiro con perdas de memoria.
TELMO E TULA: Sándwich tropical
Telmo e Tula gozan tanto na súa cociña que pensaron en facer unha receita doada: un sándwich. Así asegúranse de que todo o mundo o poda preparar. A piña, o queixo e o xamón doce son os ingredientes principais.
TELMO E TULA: Bebida San Francisco
Telmo e Tula queren innovar e deciden prepara un cóctel San Francisco! Están convencidos de que esta é a mellor bebida para calquera festa de aniversario e só leva ingredientes naturais: melocotón e mora.
CONTRAPTUS: Non corras
Xa basta de accidentes! A partir de agora, todos os condutores que rompan o límite de velocidade serán captados polo radar para multalos. Pero antes hai que comprobar se a cámara de velocidade de Leonardo funciona…
SUPER 4: GARDA PERSOAL
É o aniversario da princesa de Medievalia e Alex teme que a bruxa Baba Cara lle faga algo a súa irmá por culpa dunha vinganza que xurou cumprir ese día. El e os demais non deixan un minuto soa a Léonore e a princesa fártase deles.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 22.04.2025
MONSTER ALLERGY: A festa enmeigada
A tía Ermelia proponlle a Zick que lle venda os monstros enlatados.
AQUELANDO CON CHISPA: AQUELANDO CON CHISPA 11
Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Cada capítulo xira arredor dun eixe temático, que vertebra un conxunto de seccións con contidos complementarios entre si e que levan a un grande experimento final.
LUCAS ETC: Capítulo 20
Mélodie, Nathan e Lucas seguen as indicacións do mapa que os leva por zonas de difícil acceso. Ao final, nun lago, atopan un cofre.
LUCAS ETC: Le matin
A rapazada da casa ofrécese a facer a compra... e fano á súa maneira.
HEIDI: OS ALPES NEVADOS
As aventuras de Heidi comezan cando a nena é enviada a vivir co seu avó, un vello malhumorado que vive nos Alpes suízos. Pouco a pouco, o vello vaise afeccionando á súa neta, que vive infinidade de aventuras cos seus amigos, Pedro e Clara, o can "Néboa", a cabriña "Folerpiña" e o seu paxariño Pichi. Un día, Heidi é levada á cidade para acompañar a Clara, unha nena minusválida moi solitaria, e a pobre Heidi vese na situación de ter que aprender a vivir usando maneiras educadas e sufrir as rifas da institutriz de Clara, a Señorita Rottenmayer. Despois de moito tempo, o pai de Clara decátase que Heidi está moi triste e déixaa regresar onde o seu avó.
PADRE CASARES: E agora, que?
Don Crisanto sufriu un atropelo. Inconsciente, debátese entre a vida e a morte. Ninguén en Santo Antonio de Louredo sabe do accidente do ancián. Será Amelia quen, tras sentir un forte presentimento, mobilice os seus veciños en busca do sacerdote. Pero estamos en Louredo e nesta vila ata os atropelos e as experiencias próximas á morte son, cando menos, peculiares. Crisanto iniciará unha viaxe polo seu limbo particular, con Santo Antonio como cicerone. O santo faralle unha oferta difícil de rexeitar: saber que fose da súa vida de non seguir a súa vocación sacerdotal. Toda unha odisea en que o ancián pasará por varios matrimonios, traballos variados, situacións socioeconómicas moi dispares e ata será pai... para ben e para mal.
PADRE CASARES: O último que se perde
Don Crisanto segue hospitalizado e con prognóstico incerto. En opinión dos médicos, as próximas 72 horas serán cruciais na vida do ancián. Aos seus seres queridos non lles quedará máis remedio que obedecer os facultativos e facer todo o posible para que o sacerdote se sinta coma na casa. Algo que os seus veciños, como é de esperar, interpretarán á súa maneira...Todo Louredo arrimará o ombreiro. Entre eles, Delmiro, que ideará un curioso xogo para seleccionar a persoa máis adecuada, para axudar a Amelia no coidado de don Crisanto. Os elixidos, para ben ou para mal, serán Puri e Miñato. Curiosa, peculiar e, sobre todo, perigosa combinación.
PADRE CASARES: Rechazo
Os veciños de Santo Antonio de Louredo enfróntanse a dous grandes retos esta semana. Por un lado, gardar un segredo, e, por outro, deberán convencer a don Crisanto, o teimudo máis famoso da vila, de que pase polo quirófano. E a razón para ambas as cousas é a mesma: o corpo estraño descuberto no cerebro do ancián pode ser perigoso e urxe extirpalo. Pero é dabondo sabido que aos habitantes de Louredo nada se lles dá mellor que o ruxerruxe, polo que é pouco probable que cheguen a cumprir coa primeira parte do reto... E, como a don Crisanto basta con suxerirlle algo para que faga todo o contrario, a cousa complicarase ata límites insospeitados.
ALALÁ: O gaiteiro tradicional
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.
ALALÁ: Bartolo
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 22.04.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 22.04.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
BONANZA: BONANZA II 149
Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
TI VERÁS: TI VERÁS VIII 431
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 22.04.2025
Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid.
GRAZAS!: GRAZAS! 13
Presentado por Lucía Rodríguez, é o punto de encontro da solidariedade na TVG e narra historias de heroes anónimos de Galicia, mulleres e homes que estaban no lugar e no momento axeitados para salvar vidas, axudar nunha traxedia ou simplemente achegar esperanza. Tres novos heroes anónimos contarán este domingo a súa historia no programa.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. 'Zigzag' conversará con Sonia Méndez e Andrea Villa, directoras do Carballo Interplay, festival que celebra esta semana a súa duodécima edición.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 22.04.2025
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 22.04.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
RECANTOS CON FEITIZO
Monforte é a primeira parada do programa. Fátima Pego realiza unha viaxe en tren pola vila para coñecer a súa historia. Mentres, os demais reporteiros visitan o faro de Estaca de Bares e a Praza de Fefiñáns, descubrindo ademais os encantos do Castelo de Soutomaior. Rematará a xornada cun bo sabor de boca: o pan de Cea será o protagonista.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
HISTORIAS A PÉ DE PÁXINA: O sanatorio da 'marquesa roja'
En 1917 axentes da Garda Civil rexistran o castelo de Soutomaior na procura dun dirixente da folga xeral. Non o atopan, pero a requisa marca o ocaso do Hotel Sanatorio Lluria, o primeiro hospital privado de Galicia, fundado a carón do castelo por María Vinyals, unha marquesa afiliada ao Partido Socialista.
GARDIÁNS DA NOITE: O CAZADOR E O SEU DEMO
Tanjiro vai ao nordeste cando coñece a Kazumi, un rapaz que non sabe onde está a súa noiva.
GARDIÁNS DA NOITE: MUZAN KIBUTSUJI
Tanjiro loita contra un demo nun pantano.
GARDIÁNS DA NOITE: UN SEDUTOR RECENDO A SANGUE
Tanjiro vai a Asakusa, en Tokio, a unha nova misión.
GARDIÁNS DA NOITE: DEMO DO BALÓN, DEMO DAS FRECHAS
Tanjiro refúxiase nunha casa oculta por un feitizo.
GARDIÁNS DA NOITE: SEMPRE XUNTOS
Nezuko enfróntase a Susamaru.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1687
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
FAKE NEWS: Melide
ACTUALIZAD@S: Coleccionistas
Maquetas de tren (Ourense), instrumentos tradicionais (Teo), tarxetas de crédito (Ourense), coches antigos (Coirós), bicis antigas (Luis Molist), bonecas (Ribeira).