div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

CHICO CHICA BOUMBA: O concurso

O robot que fixo Simón acaba de romper e non hai tempo de reparalo para o concurso.

07:05 h

O DIARIO DE ALICE: O D" A Mega Fantástica Corrida Colossal

A grande carreira colosal e espectacular.

07:10 h

BLOQUES DE CORES: PÚRPURA

Púrpura, absolutamente consciente da súa intensidade, chega a Corlandia e empeza a descubrir este mundo novo, que vai pintando da súa cor. O primeiro que atopa é unha cadeira real.

07:15 h

BLOQUES DE CORES: O CASTELO SEN COR

Vermello e Azul atopan un castelo e cada un quere pintalo da súa cor.

07:20 h

KIWI: O cadeliño

Os Kiwis están cun cadeliño que quere xogar todo o tempo.

07:25 h

O CORDEIRO SHAUN: O corvo

A noite vai caer e Bitzer xunta e prepara ao rabaño para ir durmir, pero de súpeto aparece un ruidoso intruso que llo impide.

07:30 h

O CORDEIRO SHAUN: Shaun, o fuxido

O granxeiro descobre que Shaun é o culpable dos roubos de tortas que estivo sufrindo.

07:40 h

A ABELLA MAIA -3D: Abellaniversario

Maia é unha abella que deixa a súa colmea para descubrir a beleza e os misterios da natureza.

07:50 h

TELMO E TULA: Xeado de vainilla

Telmo e Tula fan xeado caseiro de vainilla.

08:00 h

TELMO E TULA: Banana split

Telmo e Tula propóñennos preparar 'banana split' para a sobremesa, unha receita divertida e moi doada. Como case sempre, Telmo intentará darlle un toque persoal que non lle queda moi ben.

08:05 h

CONTRAPTUS: O criado

Leonardo inventou un robot que pode limpar todo o que hai na casa de arriba a abaixo. Non é fantástico? O máis canso para Basil será darlle ordes. Hai un problema: rompe todo ao seu paso.

08:15 h

SUPER 4: SOMOS XOGUETES

Os Super 4 son heroes que viven aventuras no mundo Playmobil.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 15.04.2025

Emisión en directo do faladoiro do programa da Radio Galega 'Galicia por Diante'.

09:30 h

MONSTER ALLERGY: A antiga armería

Zick e Elena viaxan á antiga Armería para buscar unha cura para Lonzo.

09:55 h

AQUELANDO CON CHISPA: A cristalización

Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Cada capítulo xira arredor dun eixe temático, que vertebra un conxunto de seccións con contidos complementarios entre si e que levan a un grande experimento final. Os presentadores explican as diferenzas entre o vidro e o cristal con casos prácticos.

10:10 h

LUCAS ETC: A colleita

Jeff vai coa súa familia á fraga de Zonien para demostrar as súas habilidades para atopar e recoller cogumelos.

10:20 h

LUCAS ETC: Capítulo 11

Lucas e Nathan rompen un cano da auga no soto e Bénédicte castiga o seu fillo a quedar no cuarto.

10:30 h

HEIDI: Nos pasteiros

As aventuras de Heidi comezan cando a nena é enviada a vivir co seu avó, un vello malhumorado que vive nos Alpes suízos. Pouco a pouco, o vello vaise afeccionando á súa neta, que vive infinidade de aventuras cos seus amigos, Pedro e Clara, o can "Néboa", a cabriña "Folerpiña" e o seu paxariño Pichi. Un día, Heidi é levada á cidade para acompañar a Clara, unha nena minusválida moi solitaria, e a pobre Heidi vese na situación de ter que aprender a vivir usando maneiras educadas e sufrir as rifas da institutriz de Clara, a Señorita Rottenmayer. Despois de moito tempo, o pai de Clara decátase que Heidi está moi triste e déixaa regresar onde o seu avó. Hoxe é o primeiro espertar de Heidi na casa do avó.

10:50 h

PADRE CASARES: Cousas de pilatos

As festas patronais son o evento por excelencia das vilas e Santo Antonio de Louredo non é unha excepción. Pero nesta vila tan peculiar a honra do patrón é asunto de discordia desde hai anos.

11:50 h

PADRE CASARES: Habelos hainos

Desde o encontro co misterioso home, don Crisanto anda dos nervios. Tras intentar, sen éxito, demostrar a presenza do estraño en varias ocasións, o vello párroco empeza a pensar que a visión foi froito dun erro na medicación.

12:45 h

PADRE CASARES: Condenados a entenderse

Moncha adáptase á súa nova vida. A muller do alcalde debe poñerse a traballar para compensar a baixada de soldo do seu marido. Recuperar a confianza dos veciños estalle a custar máis do esperado a Delmiro. Nin sequera a baixada do seu soldo como alcalde xurdiu efecto.

13:45 h

ALALÁ: Dignas do querer

A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. O programa Alalá achégase a Ponte Caldelas para estar con algunhas coñecidas nosas; as pandereteiras 'Dignas do Querer'; elas e eles porque incorporaron algunha figura masculina.

14:15 h

ALALÁ: Noites de tasca

A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. 'Noites de Tasca' é un retrato da vertente máis espontánea e pegadiza da tradición: a música de tasca. Personaxes como Josefa de Bastavales, Pepe Temprano, ou Pazos de Merexo, amenizarán unha velada na que nos desvelarán historias das tascas nunca antes contadas

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

15:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 15.04.2025

Presenta Marta Darriba.

16:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 15.04.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

16:25 h

O TEMPO

16:35 h

BONANZA: BONANZA II 145

Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.

17:20 h

TI VERÁS: TI VERÁS VIII 428

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

18:20 h

SEGREDOS - DESMONTANDO GALICIA: A Ribeira Sacra

Os espectadores descubrirán a comunidade dun xeito único, desde os puntos de vista máis abraiantes e inéditos. Presentado por Diana Nogueira e Alicia Burton, este novo programa amosará, sen límites espaciais e temporais e grazas ás integracións 3D, os segredos das grandes infraestruturas e do patrimonio natural, urbanístico e cultural galego. Hoxe descobre a espectacular natureza, historia e arte da Ribeira Sacra. Os espectadores poderán navegar polos seus ríos, visitar os castelos e os viñedos desta zona candidata a converterse en Patrimonio da Humanidade.

19:00 h

SEGREDOS - DESMONTANDO GALICIA: Costa da Morte

Os espectadores descubrirán a comunidade dun xeito único, desde os puntos de vista máis abraiantes e inéditos. Presentado por Diana Nogueira e Alicia Burton, este novo programa amosará, sen límites espaciais e temporais e grazas ás integracións 3D, os segredos das grandes infraestruturas e do patrimonio natural, urbanístico e cultural galego. Hoxe remexerá nas entrañas da Costa a Morte, desvelando as súas lendas e misterios. Con espectaculares imaxes aéreas e recreacións en 3D, o programa visitará castros, castelos e fervenzas únicas en Europa e tamén falará de loitas de espías e de submarinos afundidos.

19:55 h

SEGREDOS - DESMONTANDO GALICIA: Salnés

Os espectadores descubrirán a comunidade dun xeito único, desde os puntos de vista máis abraiantes e inéditos. Presentado por Diana Nogueira e Alicia Burton, este novo programa amosará, sen límites espaciais e temporais e grazas ás integracións 3D, os segredos das grandes infraestruturas e do patrimonio natural, urbanístico e cultural galego. Hoxe buscará respostas para as incógnitas que presenta a comarca do Salnés. Na súa investigación, Alicia Burton, Diana Nogueira e o Sabichón atoparán unha enorme riqueza patrimonial, vestixios arqueolóxicos e unha natureza atlántica única.

20:55 h

A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 15.04.2025

22:00 h

RETO ASTROLABIO: RETO ASTROLABIO 5

Documental que segue un grupo de mariñeiros galegos mentres cruzan o Atlántico no veleiro La Peregrina empregando só instrumentos de navegación do século XVII. Durante a travesía marítima, a tripulación enfróntase a tempestades nocturnas que complican a navegación. Co avance do día, as condicións melloran e permiten manobras precisas e cálculos astronómicos. A camaradería fortalécese entre eles, mentres que o capitán Javier Babé, repentinamente, sofre unha crise cardíaca na madrugada. É estabilizado eficazmente polo médico a bordo, o doutor Toli.

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 15.04.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

22:00 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

22:30 h

RETO ASTROLABIO: RETO ASTROLABIO 6

Documental que segue un grupo de mariñeiros galegos mentres cruzan o Atlántico no veleiro La Peregrina empregando só instrumentos de navegación do século XVII. A indisposición do capitán Javier Babé ten consecuencias irreversibles. A tripulación ten que tomar decisións que van moito mais alá do propio reto que están levando a cabo. Chegan por fin a terra tras moitas moitos días de navegacion e incerteza.

23:05 h

GARDIÁNS DA NOITE: CRUELDADE

Tanjiro vai á vila para vender carbón e axudar a súa nai. Demórase facendo cousas para os veciños e ten que pasar a noite na casa dun deles. Á mañá seguinte, cando chega á súa casa, encóntrase cunha sorpresa arrepiante.

23:25 h

GARDIÁNS DA NOITE: Sakonji Urokodaki, o instrutor

Tanjiro leva ás costas a súa irma ata chegaren a unha mansión na que se encontran cun ser arrepiante. Depois, aparece Sakonji Urokodaki, un misterioso instrutor ó que Tanjiro chega recomendado, co que ten que superar unhas probas.

23:50 h

GARDIÁNS DA NOITE: SABITO E MAKOMO

Despois de poñer a proba a Tanjiro centos de veces, Sakonji Urokodaki decide que non lle pode ensinar máis e déixao só na montaña, onde coñece a Sabito e a Makomo.

00:10 h

GARDIÁNS DA NOITE: A CRIBA FINAL

Unha vez superados moitos retos e despois de meses de adestramento cos dous misteriosos cazademos, Tanjiro enfróntase a probas reais nas que está en xogo a súa vida e a posibilidade de devolverlle a súa irmá unha vida normal.

00:40 h

GARDIÁNS DA NOITE: O MEU ACEIRO

Despois de vencer un súper-demo, danlle unha espada e asígnanlle corvo a cada novo mata-demos. As espadas fórxanse cun mineral que escolle cada un e a espada de Tanjiro é negra. O corvo asígnalle a súa primeira misión como cazador de demos.

01:00 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1680

Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

05:55 h

FAKE NEWS: Ourense

06:05 h

ACTUALIZAD@S: Entre veciños

CENTRO CÍVICO POBRA DE BROLLÓN. CENTRO VECIÑOS VALADARES. CENTRO CULTURAL MOREIRA. CENTRO SOCIAL A PONTE-OURENSE. ASOCIACIÓN VIMIANZO. CLUB ARTÍSTICO DE RIBADAVIA

div-crtvg-top2

Publicidade