div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

NOSOUTRAS

Proxecto cultural que, a través de vídeos divulgativos, intenta poñerlles nome a todas aquelas mulleres que destacaron historicamente no mundo da cultura en Galicia ou que foron abrindo camiño para as novas xeracións de creadoras. Xornalista, crítica de cine, asesora literaria para Hollywood… María Luz Morales foi unha pioneira en moitos campos e a primeira muller en dirixir un xornal en España.

07:00 h

O DIARIO DE ALICE: O crebacabezas do demo

Alice resolveu todos os pasatempos da súa caixa de cereais e Ana proponlle un crebacabezas.

07:00 h

CHICO CHICA BOUMBA: A lesma

A Greg caeulle enriba unha lesma e non sabe como quitala.

07:05 h

BLOQUES DE CORES: CORES CHOQUEIRAS

Os bloques de cores descobren que tamén é divertido mesturar as cores, algo que empezan a probar cunha manta. Pero tamén se decatan de que lles fai graza darlles ás cousas unha cor distinta da que teñen habitualmente.

07:10 h

BLOQUES DE CORES: LARANXA

Laranxa, cheo de enerxía, chega a Corlandia e empeza a descubrir este mundo novo, que vai pintando coa súa cor. O primeiro que atopa é unha laranxa.

07:15 h

MIBOTS: O millo

Os Mibots teletranspórtanse cunha espiga de millo. Cun raio láser clónana moitas veces e tamén crean miles de flocos de millo.

07:20 h

O CORDEIRO SHAUN: A vendelo todo

O granxeiro monta un mercado para vender as cousas que non quere.

07:30 h

O CORDEIRO SHAUN: Festa de animais

Mariano decide facer unha festa de disfraces polo seu aniversario.

07:30 h

O CORDEIRO SHAUN: Festa de animais

Mariano decide facer unha festa de disfraces polo seu aniversario.

07:40 h

A ABELLA MAIA -3D: O xardín de Maia

Maia e Willi descobren unha flor que produce un delicioso néctar. Pero só queda unha no prado. Maia decide polinizar a flor para crear outras novas.

07:50 h

Os Bolechas exploradores: Episodio 402

Coñece lugares incríbles da xeografía galega cuns intrépidos exploradores, Os bolechas.

08:00 h

IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: Incendio en Lutetia?

Ideafix, o can de Obélix, é o encargado de defender a Lutecia da ocupación romana xunto cos seus irredutibles compañeiros.

08:10 h

SUPER 4: O Tesouro maldito

Ruby atopa un fantástico amuleto, pero está maldito, así que os seus amigos tratarán de buscar unha solución.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: Capítulo 147

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia

09:30 h

CONTRAPTUS: Mentiras e verdades

O doutor Leonardo poñerá en alerta todos os tramposos, mentireiros e enganadores. Fixo un detector de mentiras! Pero é mellor deixar algunhas cousas sen dicir... e sen escoitar.

09:35 h

CONTRAPTUS: Buscadores de metais

Calquera pode perder unha chave, pero inventar un detector de metais para atopala é unha habilidade ben rara. Necesitas o doutor Leonardo para iso! Incluso ten a brillante idea de construír un poderoso imán que atrae todo tipo de cousas.

09:45 h

AQUELANDO CON CHISPA: O mundo de Pitágoras

Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Xogarase co teorema de Pitágoras. Explicaranse diferentes usos deste teorema matemático e experimentarase tamén con outras facetas deste recoñecido matemático.

10:05 h

LUCAS ETC: Capítulo 38

A familia decide celebrar o aniversario de Manon nun restaurante. O malo é que a data coincide cun compromiso previo que Lucas tiña xa con seu pai.

10:15 h

LUCAS ETC: Capítulo 39

Toda a familia vai á praia e levan un bolso en que teñen cousas importantes.

10:20 h

SAKURA, CAZADORA DE CARTAS: Tomoyo e a trampa da pelota

Sakura e os demais van á escola pola noite tras percibir alí a presenza de Clow Reed. Perségueno e entran nunha clase, pero as dimensións espaciais son distintas. A porta péchase de súpeto e Tomoyo queda atrapada.

10:45 h

PADRE CASARES: A febre da auga

Os veciños de Louredo sospeitan que o novo párroco agocha algo. Como era de esperar, Rodrigo converteuse no centro de todos os ruxerruxe da vila. E o posto gañouno a pulso, pois a diplomacia semella non ser o seu. En poucos días, o crego tense enfrontado a medio Louredo e parte de Ferráns.

11:45 h

PADRE CASARES: Traspaso de poderes

Delmiro planea o seu regreso triunfal ao concello. O segredo de Rodrigo está a piques de saír á luz e non é outro que a identidade do seu pai, tal e como lle contou, nunha peculiar confesión inversa, a Sindo. Agora o taberneiro garda unha información moi preciosa e arde en desexos de rexoubarlla a todo o que se cruce no seu camiño. Pero funciona o segredo de confesión en ambas as dúas as direccións?

12:40 h

PADRE CASARES: Pobres de espírito

Rodrigo quere volver a Mali. Os seus fregueses volvéronse tolos polo diñeiro do seu pai. O pai de Rodrigo chegou a Louredo para recuperar, ao seu xeito, o agarimo do seu fillo. Agora, toda a vila ve o párroco con outros ollos: Rodrigo é un auténtico partidazo. Pero, por que o herdeiro de don Marcial renunciou a todo para facerse sacerdote? A murmuración está servida.

13:40 h

ALALÁ: Darío Díaz

A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.

14:15 h

ALALÁ: Uruguai I

A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.

14:25 h

ALALÁ: Uruguai II

A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

15:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 25.03.2025

Presenta Marta Darriba.

16:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 25.03.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

16:25 h

O TEMPO

16:35 h

BONANZA: BONANZA II 130

Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.

16:35 h

FAKE NEWS: Melide

Dani Polo percorre as rúas de Melide na procura de concursantes dispostos a aceptar o reto de converter as loiadas en cartos. Os espectadores adentraranse nunha divertida proba de coñecemento con preguntas de verdadeiro ou falso e 100 euros en xogo.

17:20 h

TI VERÁS: TI VERÁS VIII 415

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

18:30 h

CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 25.03.2025

Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid.

19:30 h

GRAZAS!: Capítulo 10

Presentado por Lucía Rodríguez, é o punto de encontro da solidariedade na TVG e narra historias de heroes anónimos de Galicia, mulleres e homes que estaban no lugar e no momento axeitados para salvar vidas, axudar nunha traxedia ou simplemente achegar esperanza. Dous compañeiros de traballo que rescataron unha muller que caeu co seu coche ao río, un piragüista, que salvou un neno que afogaba no río Lérez.

20:25 h

NO FOCO: NO FOCO 9 ÚLTIMOS DE FILIPINAS

Reportaxes de actualidade.

20:35 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O 'Zigzag' conversa hoxe con Blanca Riestra, autora da novela 'As augas interiores', e con Nee Barros sobre a tradución ao galego das novelas gráficas Hearstooper.

21:00 h

A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 25.03.2025

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 25.03.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

22:50 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

22:50 h

A GRANDE EPOPEA DE GALICIA: A GRANDE EPOPEA DE GALICIA II 10

Centos de milleiros de galegos protagonizaron, ao longo dun século, un éxodo colectivo de proporcións colosais. Embarcaron cara a América coa maleta baleira, o corazón encollido e a cabeza inflamada de ilusións na procura dun futuro mellor. Non todos o lograron, mais todos contribuíron a forxar unha gran xesta que cambiou o curso da nosa historia. O programa busca hoxe as pegadas deses pioneiros que converteron Bos Aires na capital galega de ultramar.

00:00 h

EVANGELION: Máis aló da escuridade

Un apagón xeral afecta a Tokyo-3 e os tres xeradores independentes de NERV tamén están fóra de servizo. Todo indica que se trata dunha sabotaxe, e os pilotos quedan fóra da base, empeorando as cousas.

00:25 h

EVANGELION: O valor dun milagre

Nun flashback, vemos o pasado de Misato, onde hai quince anos o seu pai salvouna dunha morte segura, despois do Segundo Impacto.

00:50 h

EVANGELION: A invasión do anxo

Ritsuko ensínalle unha nova técnica de digitación á súa asistente Maya Ibuki. Explica como funciona MAGI, o sistema deseñado polo doutor Akagi, a nai de Ritsuko, rexido por tres subsistemas.

01:15 h

EVANGELION: Tecendo unha historia

O capítulo comeza cun resumo das batallas contra os 9 primeiros anxos, mencionando un a un os seus ataques e a forma en que foron derrotados.

01:40 h

EVANGELION: Ansia de bicos

Despois da súa viaxe a Kioto, confírmase que Kaji é un espía. Con motivo dunha voda, Ritsuko, Misato e Kaji reúnense na festa como os vellos tempos. Misato emborrachase e nun momento vaise para ir ao baño.

02:05 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1660

Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

05:55 h

VIVIR AQUÍ: Nutrirse de biotecnoloxía

Programa de reportaxes.

06:00 h

ACTUALIZAD@S: Onde vives?

div-crtvg-top2

Publicidade