div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

NOSOUTRAS: May Carré, ou como escribir novelas coma churros

Proxecto cultural que, a través de vídeos divulgativos, intenta poñerlles nome a todas aquelas mulleres que destacaron historicamente no mundo da cultura en Galicia ou que foron abrindo camiño para as novas xeracións de creadoras. As novelas románticas nunca gozaron do prestixio da crítica por ser consideradas un entretemento menor de mulleres. Dentro desta lóxica é doado entender por que non soa demasiado o nome de May Carré, autora de máis de 150 novelas. 'Nosoutras' descobre hoxe a que se podería considerar a Corín Tellado galega.

07:05 h

CHICO CHICA BOUMBA: O agocho secreto

A mamá de Estefanía escondeu as súas xoias favoritas debaixo do chan, pero xa non se lembra onde as gardou.

07:10 h

O DIARIO DE ALICE: Cae algo do ceo

Alice esperta porque escoitou un grande estrondo. Son tronos e está moi asustada.

07:15 h

BLOQUES DE CORES: VERDE SIGNIFICA "ADIANTE"

Azul, Amarelo e Vermello entenden que 'vermello' significa 'parar'.

07:20 h

BLOQUES DE CORES: CAMALEÓN

Aparece un animaliño en Corlandia que cambia de cor.

07:25 h

MIBOTS: O robot

Os Mibots teletranspórtanse cun robot. Mibot Amarelo namórase del. Destrúeno e reconstrúeno, pero o resultado é un monstro mecánico.

07:30 h

O CORDEIRO SHAUN: O escondedoiro

O granxeiro está aterrorizado porque apareceu un pequeno rato.

07:35 h

O CORDEIRO SHAUN: Romántico de todo

O cordeiro Shaun prepara unha comida romántica.

07:40 h

A ABELLA MAIA -3D: O gran roubo de pole

É a festa da primavera. Maia e Willi están emocionados: a colmea veciña decidiu ofrecerlle á colmea do prado un tulipán. Pero o convoi é atacado por avispas.

07:55 h

Os Bolechas exploradores: Capítulo 401

Coñece lugares incríbles da xeografía galega cuns intrépidos exploradores, Os bolechas.

08:05 h

IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: Menhires no ceo

Os romanos levaron todos os menhires de Lutecia para facer columnas.

08:15 h

SUPER 4: O BARÓN CLEANO

Os Super 4 son heroes que viven aventuras no mundo Playmobil

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 24.03.2025

09:30 h

CONTRAPTUS: O baile

Tamén os xenios poden namorarse. A proba é que o doutor Leonardo está namorado da súa veciña. O momento non podía ser mellor: hai un baile esa noite. Só ten que atopar alguén con quen practicar o tango e o valse.

09:35 h

CONTRAPTUS: A cortadora

Un xenio sempre pensa nos demais, sempre está preparado para botar unha man. O veciño do doutor Leonardo, por exemplo, xa non pode cortar o céspede porque as costas lle dan moitos problemas. Non hai problema, aí está Leonardo!

09:45 h

AQUELANDO CON CHISPA: A química

Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Neste programa traballarase coa química e diferentes reaccións químicas dun xeito moi divetido.

10:05 h

LUCAS ETC: Episodio 36

Jeff perde a memoria e toda a familia axúdao para que a recupere.

10:10 h

LUCAS ETC: Episodio 37

Lucas, Edén, Swing e Ulysse van de acampada, pero dá en chover e a tenda rompe.

10:15 h

SAKURA, CAZADORA DE CARTAS: CARDCAPTOR SAKURA 58

10:40 h

NO CARRO DA MÚSICA: Acouga

Un programa feito por e para a Xeración Z, con entrevistas a artistas emerxentes galegos.

10:50 h

PADRE CASARES: O cofre

As louredanas vanse de despedida de solteira. Chegou o gran día para Josito e Delmiro e non é que vaian casar, é que, contra todo prognóstico, vanse a enfrontar nun debate electoral, o primeiro televisado da historia de Louredo. As louredanas vanse de despedida de solteira. Chegou o gran día para Josito e Delmiro.. e non é que se vaian a casar, é que, contra todo prognóstico, vanse a enfrontar nun debate electoral, o primeiro televisado da historia de Louredo.

11:50 h

PADRE CASARES: O que deus une

Nesta nova etapa de Padre Casares, que hoxe comeza, coñeceranse novos personaxes e algúns chegarán de lonxe, pero non para quedar a engrosar o padrón. Máis ben, o seu desembarco será axitador.

12:50 h

PADRE CASARES: Ti a Mali e eu a Louredo

Santo Antonio de Louredo agarda, con tanta curiosidade como interese, a chegada do novo párroco, procedente de África, polo que os veciños da vila están imaxinando que se trata dun auténtico africano... deses que saen nos documentais da tele, e case van acertar porque Rodrigo Álvarez, que así se chama, leva un longo tempo na misión de Mali.

13:50 h

ALALÁ: Pandereteiras de Limiñoa

A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Todos os martes desde hai vinte anos, unha ducia de veciños dos arredores reúnense nun garaxe para ensaiar e para lembrar as festas que facían cando eran mozos, nas fiadas e no traballo das leiras.

14:25 h

ALALÁ: Os seráns

A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. O programa de hoxe viaxa no tempo para ir de festa. En Mondaríz estas festas chámanse seráns.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

15:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 24.03.2025

Presenta Marta Darriba.

16:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 24.03.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

16:25 h

O TEMPO

16:35 h

BONANZA: BONANZA II 129

Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.

17:20 h

TI VERÁS: Capítulo 414

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros. Rodrigo Vázquez recibe hoxe a María e Nieves, son irmás e veñen dende Coles.

18:20 h

SEN CÓDIGO POSTAL: Marín

Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. O programa acode hoxe a Marín para coñecer os seus lugares e persoas máis destacadas.

19:15 h

SEN CÓDIGO POSTAL: Guitiriz

Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. Os lugares e as xentes da localidade lucense de Guitiriz, protagonistas esta tarde no espazo 'Sen Código Postal'.

20:10 h

HISTORIAS MÍNIMAS: HISTORIAS MÍNIMAS 14

Programa de confidencias único, en que persoas completamente anónimas relatarán a súa vida. Confórmase coa realidade de xente común, captada na rúa e sen ningún tipo de guión previo. O único requisito é que os testemuños que se contan son todos verdade e resultaron transcendentes para quen os viviu.

20:30 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.

20:55 h

A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 24.03.2025

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 24.03.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

22:50 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

22:50 h

METAMORFOSE

Un estudo documental que desenvolve unha nova narrativa arredor do cambio climático e ofrece unha profunda mensaxe de esperanza. Filmado en Vanuatu, Novo México, Alberta, as Illas Canarias, California e México, Metamorfose enfronta a beleza e a perda con poderosas e impactantes imaxes.

23:45 h

O DETECTIVE CONAN: Amizade e asasinato no estreito de Kammon Parte 1

Kogoro gañou un concurso e por iso él, Ran e Conan van de vacacións a Kammon.

00:10 h

O DETECTIVE CONAN: Aamizade e asasinato no estreito de Kammon Parte 2

Conan empeza a súa propia investigación.

00:35 h

O DETECTIVE CONAN: O DESFILE DA CARRAXE E DA LEMBRANZA I

Agasa convida aos detectives a un desfile. Sato cóntalles que recibiu unha amiaza de bomba, cren que pode ter relación cun caso de fai tres anos.

00:55 h

O DETECTIVE CONAN: O DESFILE DA CARRAXE E DA LEMBRANZA II

Conan prosegue coa súa investigación e descobre que o camión de correo nunca chegou e que a explosión foi unha distracción.

01:25 h

O DETECTIVE CONAN: O REGRESO DA VÍTIMA

Alertados por uns berros cando paseaban descobren o cadáver dunha anciá nun apartamento.

01:50 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1659

Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

05:55 h

FAKE NEWS: Allariz

Dani Polo visita a vila de Allariz na procura de concursantes dispostos a gañar cartos.

06:05 h

ACTUALIZAD@S: As casas dos galegos

div-crtvg-top2

Publicidade