TVG2 - CRTVG
NO FOCO: Enfermidade rara
Reportaxes de actualidade.
CHICO CHICA BOUMBA: As arañeiras
As pequenas moradoras do faiado
O DIARIO DE ALICE: Tacobombola
Alice non consegue decidirse por ningún dos xogos así que inventa un novo para xogar a todo á vez.
BLOQUES DE CORES: A XIRA DE COLOREAR DE VERMELLO
Vermello vai de xira cos seus amigos para amosarlles onde coloreou cousas por primeira vez.
O CORDEIRO SHAUN: A Ewe tendéronlle unha trampa
Shaun rompe as lentes do granxeiro e ten que evitar que o pobriño sufra un accidente por estar pitoño.
BLOQUES DE CORES: UNHA VIAXE COLORIDA
Os bloques de cores viaxan por Corlandia nunha aeronave e van recollendo amigos novos polo camiño, mentres lembran todas as cousas marabillosas que aprenderon.
MIBOTS: A fotocopiadora
Os Mibots rouban nunha oficina unha fotocopiadora para experimentar como funciona.
O CORDEIRO SHAUN: A Ewe tendéronlle unha trampa
Shaun rompe as lentes do granxeiro e ten que evitar que o pobriño sufra un accidente por estar pitoño.
O CORDEIRO SHAUN: O sombreiro novo de Bitze
A sobriña do granxeiro aparece cun agasallo: un sombreiro espantoso para Bitzer.
A ABELLA MAIA -3D
Shelby soña con voar. Maia e Willi queren axudalo a cumprir o seu soño. Pero as cousas non saen como estaba previsto.
Os bolechas exploradores: Capítulo 400
Coñece lugares incríbles da xeografía galega cuns intrépidos exploradores, Os bolechas.
IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: O carniceiro rebélase
Ideafix e os amigos montan unha distracción para axudar a un galo.
SUPER 4: BARBA DE RUBY
Os Super 4 son heroes que viven aventuras no mundo Playmobil
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: Capítulo 145
As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
CAFÉ SEN GOTAS: CAFÉ SEN GOTAS 294
Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento.
CONTRAPTUS: O rateiro
Unha casa que pode loitar contra os ladróns. É a última idea do doutor Leonardo. E non pode esperar para probar todas as súas pequenas trampas. Quen podería ser o ladrón? Basil?
CONTRAPTUS: Telecinesia
Sería xenial poder mover obxectos sen tocalos, usando só a forza da vontade! Alguén debería inventar un casco para facelo posible! E iso é o que fai o xenio máis famoso e brillante: Leonardo.
AQUELANDO CON CHISPA: As pompas de xabón
Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Traballarase coa composición química destes elementos.
SAKURA, CAZADORA DE CARTAS: Sakura, Shaoran e o Ascensor
Foron días moi difíciles para Shaoran, Sakura é a moza que realmente, quere, pero ten medo a admitilo.
VIVIR AQUÍ: Un xardín para comelo
Programa de reportaxes.
PADRE CASARES: Menos lobos
Josito, de novo en Louredo, é o centro de todos os comentarios. Haberá reconciliación entre o aspirante a funcionario e a súa noiva? Tanto Moncha, irmá do devandito, como Puri, nai da afectada, están moi indignadas pola suposta conduta mullereira do cuñado de alcalde.
PADRE CASARES: Todos somos camiño
Non só Fina e Josito teñen plans de voda en Louredo. Tamén Maite e Miñato preparan o seu enlace, pero non todo son acordos entre eles. Maite quere algo íntimo e romántico. Miñato, pola súa parte, non quere deixar fuxir a oportunidade de celebrar un bodorrio ao grande.
PADRE CASARES: Un ferrado no ceo
As próximas eleccións municipais están a facer estragos na vila de Santo Antonio de Louredo, sobre todo, porque a crise económica ameaza con ser o tema central da campaña e o alcalde Delmiro terá que agudizar o enxeño, máis que nunca, para promover o seu programa político.
ALALÁ: Xochimilca
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Os cinco rapaces que forman Xochimilca explican a que soa este grupo de Santiago.
ALALÁ: Romaria Raigame
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Cada 17 de maio celébrase a romaría de Raigame en Vilanova dos Infantes. Esta festa está organizada polo Centro Cultural Popular Xaquín Lourenzo de Ourense.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 21.03.2025
Presenta Marta Darriba.
O TEMPO
Toda a información meteorolóxica e do estado da mar.
BONANZA: BONANZA II 128
Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 21.03.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
TI VERÁS: Capítulo 413
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
LARPEIROS DIPLOMADOS: Capítulo 26
Aspirantes a formar parte do club de 'Larpeiros Diplomados' terán que demostrar as súas habelencias e simpatía na cociña. Adrián Díaz escapa da casa dos “Larpeiros” para coñecer moitos lambóns que cociñan nas súas casas e gozan arredor da mesa convidando amigos e familiares. Dous ‘Larpeiros Diplomados ’ de Outeiro de Rei e de Rábade preparan esta noite un coello estufado e unha empanada de zorza.
LARPEIROS: Un asunto moi negro
Programa de cociña que inclúe a novidade de estar conducido por un grupo de amigos que se xuntan arredor da mesa para comprar todos os productos necesarios para elaborar a comida de cada reunión.
LARPEIROS: Pillados nas patacas
Os larpeiros Cruz Armada, Tomás Alonso, Ramón Garrido, Benigno Campos e Lola póñense mans á obra, para levar a cabo a receita de "patacas con mexillóns".
HISTORIAS MÍNIMAS: HISTORIAS MÍNIMAS 13
Programa de confidencias único, en que persoas completamente anónimas relatarán a súa vida. Confórmase coa realidade de xente común, captada na rúa e sen ningún tipo de guión previo. O único requisito é que os testemuños que se contan son todos verdade e resultaron transcendentes para quen os viviu.
LARPEIROS: Un tesouro baixo a area
Tomás acode a buscar a Canducha, experta mariscadora do Morrazo para ir mariscar, prometéralle aos outros larpeiros levar ameixas e berberechos. Recibiremos unha lección sobre as diferentes especies de ameixas e berberechos
TRAES UNHA CANTIGA?: TRAES UNHA CANTIGA? G
Programa que pon en valor a música galega dándolle visibilidade a unha tradición moi nosa: os cantos de taberna. Percorrerá varias vilas galegas en busca das cantigas máis populares da música de taberna. A través dun concurso, tres grupos de cada vila defenderán ante un xurado que a súa cantiga entre na listaxe das máis coñecidas de toda Galicia.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. Os protagonistas do ‘Zigzag’ de hoxe serán a música de O Cuarteto Quiroga, a poesía de María Álvarez Landesa e unha homenaxe á inesquecible fotoxornalista catalá Anna Turbau
GRANDES LUGARES: Fornelos (Zas) + O Tameirón (A Gudiña)
A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais.
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 21.03.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
CAZA HUMANA
Un militar retirado vive nunha cabana nun lugar remoto dos montes Apalaches. De pronto recibe a visita dun turista europeo que, en realidade, é un soldado serbio que busca vinganza. Comeza así unha batalla feroz entre os dous e parece que vai poder sobrevivir só un.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
Toda a información sobre o estado do mar.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1656
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
DESMONTANDO...: Desmontado estaleiros
Diana Nogueira e Isabel Blanco mergúllanse hoxe nun sector estratéxico dentro da economía galega: os estaleiros. Imos coñecer o traballo desenvolvido por Navantia e Rodman dentro do negocio da construción e mantemento dos barcos. Tamén coñeceremos a diversificación para abrir novos campos de negocio e importancia da innovación na enxeñería naval.
ACTUALIZAD@S: Sagas familiares galegas
Buscamos aos protagonistas das sagas familiares galegas, un vehículo para manter vivos moitos dos oficios tradicionais en Galicia.