div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

NO FOCO: Cambio climático

Reportaxes de actualidade.

07:05 h

CHICO CHICA BOUMBA: O campamento

Xulieta está de cámping. Está facéndose de noite e saen os mosquitos. A ela gustaríalle refuxiarse na tenda, pero antes debe inchar o colchón, e a pobre non dá. A señorita Boumba vaina axudar.

07:10 h

O DIARIO DE ALICE: Episodio 39

Adorable, imaxinativa e algo extravagante, Alice comparte connosco a súa vida a través das conversas que ten coa súa nai Ana.

07:10 h

BLOQUES DE CORES: O XIMNASIO DE LARANXA

Vermello e Amarelo chegan ao ximnasio de Laranxa listos para unha clase de ximnasia.

07:15 h

BLOQUES DE CORES: A REFORMA DO MURAL DE PÚRPURA

Púrpura séntese inspirado despois de que Verde lle conte que se poden mesturar cores.

07:20 h

MIBOTS: O reloxo espertador

Os Mibots descobren para que serve un reloxo espertador.

07:30 h

O cordeiro Shaun: Quen é o caddy?

O granxeiro vai lembrar a súa vella paixón polo golf.

07:35 h

O cordeiro Shaun: Hoxe pelo, mañá calvo

O granxeiro ten un ligue!

07:45 h

A ABELLA MAIA -3D: A torta para a Raíña

Willi come a torta da abella Raíña!

07:55 h

Os bolechas exploradores: Capítulo 397

Coñece lugares incríbles da xeografía galega cuns intrépidos exploradores, Os bolechas.

08:05 h

IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: O retrato de Labiè

O xeneral Labiè quere un retrato del en todas as casas de Lutècia. Semblangrópius pintarao e o Homeopatix fará copias para repartir entre todos.

08:15 h

Super 4: A MIGRACION DOS ALIENS

Alien empeza a comportarse dunha maneira estraña e a todos os seus amigos, aos que Faísca decidiu chamar "misterios", tamén parece que lles pasa algo raro.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: Capítulo 142

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia

09:30 h

CONTRAPTUS: Un ser imprevisible

Basil quere demostrarlle ao seu mestre que pode ser unha persoa completamente imprevisible, pero Leonardo vaille demostrar que se equivoca.

09:35 h

CONTRAPTUS: Cambio de aires

O xenio de Leonardo inventa uns sprays que transportan a xente a todo tipo de localizacións polo mundo adiante.

09:45 h

AQUELANDO CON CHISPA: A formación dos tornados

Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Falarase das partes deste fenómeno e dos diferentes xeitos dos que se forma.

10:00 h

LUCAS ETC: Capítulo 30

Lucas e Nathan empezan curso nun colexio novo onde non se permite o uso de pantalón curto.

10:10 h

LUCAS ETC: Capítulo 31

Lucas escoita un ruído na casa que non identifica.

10:15 h

SAKURA, CAZADORA DE CARTAS: Sakura e o calendario familiar

Sakura ve nun vello calendario da súa nai que é o aniversario do seu bisavó e decide facerlle un agasallo, igual que facía a súa nai todos os anos.

10:40 h

PADRE CASARES: Un porco, dous porcos, tres porcos

As festas na honra de Santo Antonio están a piques de comezar. Os veciños xa traballan nos preparativos para que a celebración sexa perfecta, sobre todo o acto estrela: o tradicional "salto do porco" desde o campanario da igrexa.

11:20 h

PADRE CASARES: O muro das lamentacións

En Louredo, a polémica pola celebración do "salto do porco" está servida. Horacio encabeza o bando dos detractores e intenta convencer os veciños da barbarie que supón lanzar un porco campanario abaixo. Pero os seus argumentos non son ben recibidos.

12:20 h

PADRE CASARES: De estrea

As eternas obras da praza por fin remataron. O alcalde está emocionado coa que considera a grande obra do seu mandato, pero don Crisanto non tarda en lembrarlle a promesa que lle fixo no seu día: a praza debe levar o seu nome.

13:20 h

ALALÁ: Cantigas e frores

A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Pilar G. Rego vai hoxe ata Lugo para coñecer a asociación Cantigas e frores, con máis de sesenta anos de historia.

13:50 h

ALALÁ: Xosé Manuel Budiño

A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. O programa está hoxe no recuncho dun dos gaiteiros dos nosos días: Xosé Manuel Budiño. Un home ao que lle gusta compoñer, mesturar e mezclar.

14:20 h

ALALÁ: Arxentina (I)

A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

15:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 18.03.2025

Presenta Marta Darriba.

16:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 18.03.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

16:25 h

O TEMPO

16:35 h

BONANZA: BONANZA II 125

Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.

17:20 h

TI VERÁS: Capítul 410

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros. Rodrigo Vázquez recibe hoxe a Carlos e Miguel, veñen dende Santiago.

18:25 h

GALICIA NOTICIAS PEZAS: Aldeas modelo

18:30 h

CONEXIÓN GALICIA: Capítulo 367

Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid.

19:30 h

GRAZAS!: Capítulo 9

Presentado por Lucía Rodríguez, é o punto de encontro da solidariedade na TVG e narra historias de heroes anónimos de Galicia, mulleres e homes que estaban no lugar e no momento axeitados para salvar vidas, axudar nunha traxedia ou simplemente achegar esperanza. Dous heroes anónimos contan no programa como lles salvaron a vida a un amigo infartado e a un bebé. Un terceiro convidado achegará a súa experiencia persoal tras superar un transplante de corazón.

20:30 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. No ‘Zigzag’ de hoxe, o artista Manuel Lariño presentará a primeira exposición de arte xenerativo en Galicia, e a cantante e arpista Clara Pino falará da súa obra ‘As trobadoras silenciadas’.

20:55 h

A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 18.03.2025

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 18.03.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

22:50 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

22:50 h

A GRANDE EPOPEA DE GALICIA II: Capítulo 8

De labregos a ebanistas.

23:55 h

EVANGELION: A batalla decisiva / Distrito 3 de NOvo Tokio - Rei II

Misato desenvolve unha estratexia para derrotar a Ramiel e sabe que ten moi pouco tempo e poucas posibilidades de éxito, pero aínda así é optimista.

00:20 h

EVANGELION: Construído polos homes

Ritsuko e Misato son convidados a unha demostración dun prototipo de combate co seu propio xerador chamado JA (Jet Alone), desenvolvido por unha organización que rivaliza con NERV.

00:40 h

EVANGELION: Asuka chega a Xapón

Misato invita a Shinji e aos seus dous amigos a un suposto paseo que se converte nunha viaxe a unha zona do mar onde unha frota de acoirazados militares transporta o EVA-02.

01:05 h

EVANGELION: Un instante, unha mente ao unísono

Asuka comeza a asistir á mesma escola que Shinji e faise popular ao instante entre os outros estudantes. Isfrael, o sétimo Anxo, achégase pola costa, os pilotos de EVA coas súas unidades son enviados para enfrontarse a el, pero Asuka non tarda en demostrar a súa autosuficiencia e córtao en dous cun ataque.

01:30 h

EVANGELION: Mergullada no magma

Na escola organízase unha excursión ás plantas de Okinawa. Shinji, Asuka e Rei non teñen permiso para ir, para estar sempre dispoñibles no caso de que un Anxo ataque.

01:55 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1653

Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

05:55 h

O MELLOR TRACTOR DO MUNDO: O MELLOR TRACTOR DO MUNDO 2

Concurso para descubrir a persoa con máis maña á hora de dominar o seu tractor.

06:05 h

ACTUALIZAD@S: O ocio dos maiores

Cada vez son máis as persoas xubiladas que buscan actividades para pasar o seu tempo de ocio e lecer, pois a sociedade non prepara á poboación para aprender a gozar de todo este tempo libre.

div-crtvg-top2

Publicidade