TVG2 - CRTVG
CHICO CHICA BOUMBA: CHICO CHICA BOUMBA 13
DIARIO DE ALICE, O: DIARIO DE ALICE, O 37
CHICO CHICA BOUMBA: Actitude boa
Jean Baptiste é un surfista famoso! Pero esqueceu as chanquetas e a area queima. A praia está chea de xente! Como vai ir ata o mar sen facer o ridículo? Seguro que ao mestre Tineto se lle ocorre algún baile para logralo.
DIARIO DE ALICE, O: Debuxos faladores
Alice, con dor de gorxa, utiliza debuxos para comunicarse con Ana tentan descifrar os seus desexos.
NO FOCO: Atentado Clangor
Reportaxes de actualidade.
BLOQUES DE CORES: ESCOLLER CORES
BLOQUES DE CORES: Escoller colores
Vermello e Azul constrúen cadansúa casa de xogos e elixen cores para pintalas
BLOQUES DE CORES: RODA DE CORES
Os bloques descobren varias rodas de cores, pero teñen que investigar é a orde correcta.
MIBOTS: MIBOTS 9
MIBOTS: A pluma
Os Mibots descobren que é unha pluma.
SHAUN THE SHEEP S.2: SHAUN THE SHEEP S.2 42
O cordeiro Shaun: Debuxa a liña
O rabaño apodérase dunha máquina de pintar liñas de estrada.
SHAUN THE SHEEP S.2: SHAUN THE SHEEP S.2 43
O cordeiro Shaun: Noites de insomnio
Cando rompe o teito do cortello das ovellas, a choiva empeza a entrar. As ovellas buscan terra seca, pero só a atopan na corte, e está celosamente custodiada polos porcos.
A ABELLA MAIA -3D
A ABELLA MAIA -3D: Dino fai amigos
Maia coñece unha forcadela artista.
OS BOLECHAS (OS BOLECHAS EXPLORADORES II): OS BOLECHAS XIV (OS BOLECHAS EXPLORADORES II) 395
OS BOLECHAS (OS BOLECHAS EXPLORADORES II): Capítulo 395
Coñece lugares incríbles da xeografía galega cuns intrépidos exploradores, Os bolechas.
IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: Furia na feira
Monalisa prepara unha trampa para atraer e derrotar a Garúlix.
SUPER 4 (TEMPADA 2): INVASORES INVASIVOS
Os Super 4 son heroes que viven aventuras no mundo Playmobil
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 14.03.2025
CAFÉ SEN GOTAS: CAFÉ SEN GOTAS 293
Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento.
CONTRAPTUS: CONTRAPTUS 71
CONTRAPTUS: Re-Evolución
Para Leonardo, Basil deixa moito que desexar como axudante.
CONTRAPTUS: CONTRAPTUS 72
CONTRAPTUS: A mala sorte
Leonardo quere demostrarlle a Basil que a mala sorte non existe.
AQUELANDO CON CHISPA: AQUELANDO CON CHISPA II 36
Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades.
AQUELANDO CON CHISPA: O efecto 'goldberg' e o efecto dominó
Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Deseñaranse múltiples efectos dominó e ensinarase a traballar coa aplicación de "scratch".
SAKURA, CAZADORA DE CARTAS: CARDCAPTOR SAKURA 52
Despois de romper o selo dun libro máxico e liberar os espíritos das cartas, Sakura convértese nunha cazadora de cartas para recuperalas.
PADRE CASARES: Día de autos
Os graves problemas económicos do concello agudízanse cada vez máis e continúan dando rompedeiros de cabeza ao alcalde. Froito da desesperación, Delmiro chega ao que parece unha boa idea: a celebración dunhas xornadas gastronómicas con cogomelos.
TRAES UNHA CANTIGA?: TRAES UNHA CANTIGA? B
Programa que pon en valor a música galega dándolle visibilidade a unha tradición moi nosa: os cantos de taberna. Percorrerá varias vilas galegas en busca das cantigas máis populares da música de taberna. A través dun concurso, tres grupos de cada vila defenderán ante un xurado que a súa cantiga entre na listaxe das máis coñecidas de toda Galicia.
PADRE CASARES: A verdade faravos libres
En plena ponte da Constitución, a parroquia de Louredo é o escenario de dous importantes acontecementos. Por unha parte, Delmiro organiza unha conferencia con motivo do aniversario da Carta Magna e, polo outro, don Crisanto celebra a novena da Inmaculada.
PADRE CASARES: A gran crise
A crise arrasa a parroquia de Louredo. Os medios de comunicación axiña se fan eco da noticia e sitúan a Delmiro como responsable pola súa mala xestión. Os diversos intentos do alcalde para recadar fondos fracasaron, o que pon a vila na súa contra.
ALALÁ
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.
ALALÁ: Ardentía
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Os seis compoñentes de Ardentía viven a música nunha cidade coa mesma intensidade coa que se vivía antes no rural, por iso ao escoitalos o corpo móvese só. Como non hai airas ou fiadeiros para montar unha festa, van a un bar de tapas da cidade.
ALALÁ: Henrique Otero
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Un dos músicos ós que menos lle gustou que se lle cortaran as pezas foi o mestre Henrique Otero, porque opinaba que se alguén quería aprendelas non valía se non estaban completas. Aquí van neste vídeo as súas interpretacións completas como homenaxe a don Henrique, gran colaborador e amigo do programa, no primeiro aniversario do seu pasamento.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 14.03.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 14.03.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
Toda a información meteorolóxica e do estado da mar.
BONANZA: BONANZA II 123
Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
TI VERÁS: TI VERÁS VIII 408
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
LARPEIROS DIPLOMADOS
Aspirantes a formar parte do club de 'Larpeiros Diplomados' terán que demostrar as súas habelencias e simpatía na cociña. Adrián Díaz escapa da casa dos “Larpeiros” para coñecer moitos lambóns que cociñan nas súas casas e gozan arredor da mesa convidando amigos e familiares. ' Larpeiros Diplomados’ visita esta semana O Carballiño para degustar uns papos de porco en salsa de cogomelos e os callos da tía visita.
LARPEIROS DIPLOMADOS
Aspirantes a formar parte do club de 'Larpeiros Diplomados' terán que demostrar as súas habelencias e simpatía na cociña. Adrián Díaz escapa da casa dos “Larpeiros” para coñecer moitos lambóns que cociñan nas súas casas e gozan arredor da mesa convidando amigos e familiares. Desde Laxe e Ponteceso, novos aspirantes a ‘Larpeiros Diplomados’ cociñarán peitugas de polo con salsa de cogomelos e xiba con arroz na súa tinta.
HISTORIAS MÍNIMAS: HISTORIAS MÍNIMAS 12
Programa de confidencias único, en que persoas completamente anónimas relatarán a súa vida. Confórmase coa realidade de xente común, captada na rúa e sen ningún tipo de guión previo. O único requisito é que os testemuños que se contan son todos verdade e resultaron transcendentes para quen os viviu.
HISTORIAS MÍNIMAS: HISTORIAS MÍNIMAS 11
Programa de confidencias único, en que persoas completamente anónimas relatarán a súa vida. Confórmase coa realidade de xente común, captada na rúa e sen ningún tipo de guión previo. O único requisito é que os testemuños que se contan son todos verdade e resultaron transcendentes para quen os viviu. O mundo está feito de “Historias Mínimas”. Sempre hai quen soña con vivir nun mundo excepcional, diferente ao que temos, en que as persoas valen o mesmo con ou sen cartos. Pero a realidade non está feita de contos, e cando chega a sacudida a todos nos treme un pouco o romanticismo. Con todo, se se bota unha ollada ao redor pódese ver unha persoa caendo por un barranco mentres a guiaba un GPS e a outro atopando moza en Internet, non será raro que se pense que a vida está formada de pequenas historias.
NO CARRO DA MÚSICA: De Ninghures
Un programa feito por e para a Xeración Z, con entrevistas a artistas emerxentes galegos.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. No 'Zigzag' conmemorarase o 40 aniversario da Asociación Érguete de Vigo coa presentación dunha exposición xunto coas comisarias da mostra.
GRANDES LUGARES: Vilardongo (A Fonsagrada) + Momán (Xermade)
A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais.
GRANDES LUGARES: Vilardongo (A Fonsagrada) + Momán (Xermade)
A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais.
GRANDES LUGARES: Vilardongo (A Fonsagrada) + Momán (Xermade)
A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais.
GRANDES LUGARES: Vilardongo (A Fonsagrada) + Momán (Xermade)
A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais.
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 14.03.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
Toda a información sobre o estado da mar.
ANNA
En Moscú, en 1990, Anna é descuberta por un cazatalentos e trasládase a París para traballar como modelo. Pero baixo a beleza abraiante de Anna Poliatova agóchase un segredo que desatará a súa forza e habilidade indeleble para converterse nun dos máis temibles asasinos gubernamentais do mundo.