TVG2 - CRTVG
CHICO CHICA BOUMBA: O perfume da tía
Non ule nada ben o perfume que emprega a tía Úrsula.
DIARIO DE ALICE, O: Episodio 34
Adorable, imaxinativa e algo extravagante, Alice comparte connosco a súa vida a través das conversas que ten coa súa nai Ana. Adorable, imaxinativa e algo extravagante, Alice comparte connosco a súa vida a través das conversas que ten coa súa nai Ana.
BLOQUES DE CORES: MARRÓN
Marrón chega a Corlandia. O primeiro que atopa é un chapeu, que pinta da súa cor e decide que a terra tamén leva a súa cor.
BLOQUES DE CORES: MOITAS MESTURAS DAN MARRÓN
Verde pintou as follas das árbores coa súa cor, pero non sabe como debería ser o resto da árbore.
MIBOTS: A música
Os Mibots abducen un boombox e organizan un duelo de baile. Dron Mosca e Eva 00 participan actuando coma os xurados dun concurso de talentos.
O cordeiro Shaun: A instantánea
Na foto de familia do granxeiro alguén eliminou a Shaun accidentalmente.
O cordeiro Shaun: Sarabullo
É un deses días calorosos de verán na granxa e o rabaño necesita refrescarse urxentemente.
A ABELLA MAIA -3D: Rachou
Maia e Willi rompen a carcasa de Shelby.
OS BOLECHAS (OS BOLECHAS EXPLORADORES II): Capítulo 392
Coñece lugares incríbles da xeografía galega cuns intrépidos exploradores, Os bolechas.
IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: A patrulla da Galia
Dúas aguias patrullan a cidade para librala de todas as pombas.
IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: A patrulla da Galia
Dúas aguias patrullan a cidade para librala de todas as pombas.
SUPER 4 (TEMPADA 2): O VIRUS PIRATA
Os Cleanos de Tecnópole queren exterminar os piratas, Ruby incluída, porque os consideran virus nocivos. Os nosos heroes non entenden nada e vanlle preguntar ao Doutor X que, coma sempre, non é que lles axude moito. Vanse ter que amañar para evitar que os robots leven a cabo a súa misión e non vai ser doado detelos porque os piratas non axudan moito, máis ben ao contrario. Os Cleanos de Tecnópole queren exterminar os piratas, Ruby incluída, porque os consideran virus nocivos. Os nosos heroes non entenden nada e vanlle preguntar ao Doutor X que, coma sempre, non é que lles axude moito. Vanse ter que amañar para evitar que os robots leven a cabo a súa misión e non vai ser doado detelos porque os piratas non axudan moito, máis ben ao contrario.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 11.03.2025
CONTRAPTUS: O Conde Basilaa
Leonardo crea un elixir para atoparse mellor, pero beber moito é perigoso.
CONTRAPTUS: O circo Robotus
Matilda e o discípulo de Leonardo fan un circo que vende moitísimas entradas.
AQUELANDO CON CHISPA: Os avións de madeira
Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Falamos dos primeiros avións de madeira da historia.
LUCAS ETC: Capítulo 22
Lucas dille á súa nai que marcha co pai, pero non é certo.
LUCAS ETC: Capítulo 23
Todos están na casa menos Béné. De súpeto, soa o teléfono e unha muller descoñecida pregunta por Jean-François.
SAKURA, CAZADORA DE CARTAS: Sakura e o piano perigoso
Sakura transforma a súa chave noutro bastón distinto.
PADRE CASARES: O pai, o fillo e o espírito santo
Iria regresou a Louredo: en plena misa e cunha barriga froito do pecado orixinal. A profesora está embarazada e todas as sospeitas apuntan a Horacio Casares. Xunto con Iria chegará Víctor Barreiro, un mozo na procura de novas oportunidades de negocio.
PADRE CASARES: O pai, o fillo e o espírito santo
Iria regresou a Louredo: en plena misa e cunha barriga froito do pecado orixinal. A profesora está embarazada e todas as sospeitas apuntan a Horacio Casares. Xunto con Iria chegará Víctor Barreiro, un mozo na procura de novas oportunidades de negocio.
PADRE CASARES: O salvador
Toda a parroquia de Louredo caeu rendida aos encantos do aposto Víctor. O pai da criatura que espera a guapa profesora, tras disipar as sospeitas que apuntaban cara ao cura, parece ter tamén a solución aos problemas económicos que atravesa o concello.
PADRE CASARES: A decisión de Iria
Iria atópase ante un gran dilema. Recibiu unha oferta de traballo e debe elixir entre quedar en Louredo ou, pola contra, pór terra polo medio agora que Horacio semella terse decantado por seguir a súa vocación relixiosa.
ALALÁ: Os terribles de Donas
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.
ALALÁ: Faustino Santalices
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Faustino Santalices é unha das grandes figuras da historia da música tradicional galega. Foi gaiteiro, zanfonista, artesán, cantante e compositor, e destacou en todos estes aspectos, pero é coñecido sobre todo por ter rescatado do esquecemento a música da zanfona e por ser un dos grandes intérpretes deste instrumento.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 11.03.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 11.03.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
BONANZA: BONANZA II 120
Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
TI VERÁS: TI VERÁS VIII 405
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 11.03.2025
Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid.
GRAZAS!: GRAZAS! 8
Presentado por Lucía Rodríguez, é o punto de encontro da solidariedade na TVG e narra historias de heroes anónimos de Galicia, mulleres e homes que estaban no lugar e no momento axeitados para salvar vidas, axudar nunha traxedia ou simplemente achegar esperanza. O programa coñece a historia de Usaín, un migrante senegalés que cumpriu o soño de montar un negocio en Ourense. Recibe tamén a visita dunha supervivente dun accidente de avión e dun surfista que salvou unhas nenas de morrer afogadas.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 11.03.2025
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 11.03.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
ROSENDO SALVADO. O HUMBOLDT GALEGO: O bispo dos aborixes. Consolidación da misión de Nova Nursia
Nos capítulos anteriores, Rosendo Salvado chega a Fremantle, na costa oeste de Australia, tras 113 días de penosa navegación, funda a Misión de Nova Nursia e impulsa a construción do mosteiro e o desenvolvemento económico e cultural dos aborixes, cuxos dereitos defende alí ou en Londres e Roma durante o seu primeiro regreso a Europa en 1849. Nesa viaxe abraza por última vez á súa nai, tras catorce anos de ausencia. Este capítulo empeza no porto de Cádiz, co noso protagonista embarcando de novo cara a Australia, en 1853, para emprender a etapa de madurez que culminará cando o Papa nomea a Rosendo Salvado abade perpetuo de Nova Nursia e participa no Concilio Vaticano I. Tras navegar máis de cen mil millas, en dez viaxes de ida e volta entre Europa e Australia, e unha vida intensa e apaixonante, Rosendo falece en Roma en 1900. Pero, tres anos despois, o seu corpo fixo a súa última viaxe e repousa en Nova Nursia.
ROSENDO SALVADO. O HUMBOLDT GALEGO: Un millón de verbas. A herdanza de Rosendo Salvado
Nos capítulos anteriores, Rosendo Salvado funda a Misión de Nova Nursia en Perth (Australia Occidental), onde impulsa a construción do mosteiro e o desenvolvemento económico e cultural dos aborixes, cuxos dereitos defende. Tras unha durísima loita para consolidar a misión, Rosendo Salvado é nomeado polo papa abade perpetuo de Nova Nursia e participa no Concilio Vaticano. Falece en Roma en 1900, tras unha vida intensa e apaixonante, na que fai dez viaxes de ida e volta entre Europa e Australia, envía máis de vinte mil cartas e escribe un diario que contén un millón de palabras. Neste último capítulo abórdase a herdanza de Rosendo Salvado en seis eidos: viaxeiro, escritor, músico, homeópata, antropólogo e misioneiro, o fío condutor da súa vida. No seu Encontro co outro, Salvado é un referente universal na defensa dos dereitos aborixes, na loita contra a escravitude, o analfabetismo e a pobreza. Examinamos o seu legado a través das voces de especialistas como os profesores Francisco Díaz-Fierros e Albino Prada, o padre Robert Nixon, a pianista Andrea González, o xornalista Valentín Carrera e o arquiveiro da catedral de Tui Avelino Bouzón, e coa participación especial do seu tocaio, a lenda do rock Rosendo Mercado.
EVANGELION: Angel Attack
Ano 2015. A Terra está ameazada polos Anxos, monstros extraterrestres misteriosos e enormemente poderosos. A única esperanza para a humanidade son os Evangelion.
EVANGELION: Un teito descoñecido
Ano 2015. A Terra está ameazada polos Anxos, monstros extraterrestres misteriosos e enormemente poderosos. A única esperanza para a humanidade son os Evangelion.
EVANGELION: Un teito descoñecido
Ano 2015. A Terra está ameazada polos Anxos, monstros extraterrestres misteriosos e enormemente poderosos. A única esperanza para a humanidade son os Evangelion.
EVANGELION: O teléfono que nunca soa
Ano 2015. A Terra está ameazada polos Anxos, monstros extraterrestres misteriosos e enormemente poderosos. A única esperanza para a humanidade son os Evangelion.
EVANGELION: O teléfono que nunca soa
Ano 2015. A Terra está ameazada polos Anxos, monstros extraterrestres misteriosos e enormemente poderosos. A única esperanza para a humanidade son os Evangelion.