TVG2 - CRTVG
DIARIO DE ALICE, O: Episodio 33
Adorable, imaxinativa e algo extravagante, Alice comparte connosco a súa vida a través das conversas que ten coa súa nai Ana.
CHICO CHICA BOUMBA: As tarefas do fogar
Mamá vai chegar e hai que deixar a cociña limpa.
BLOQUES DE CORES: CLARO E OSCURO
Verde organiza un grande espectáculo de maxia para presentar os seus novos tons de verde
BLOQUES DE CORES: ROSA
Rosa chega a Corlandia e empeza a facerse preguntas sobre si mesmo.
MIBOTS: O millo
Os Mibots teletranspórtanse cunha espiga de millo. Cun raio láser clónana moitas veces e tamén crean miles de flocos de millo.
O cordeiro Shaun: O monopatín
Shaun ve un rapaz montado nun monopatín e xórdelle a idea de probar esa experiencia. Así que decide construir un.
O cordeiro Shaun: O piano
O granxeiro castiga os oídos de todos na granxa coa súa torpeza tocando o piano.
A ABELLA MAIA -3D: Limpa coma unha abella
Maia e Willi colleron piollos e a colmea inféctase. Deciden pedir axuda ás abellas salvaxes do bosque para librarse dos parasitos.
Os bolechas exploradores: Capítulo 391
Coñece lugares incríbles da xeografía galega cuns intrépidos exploradores, Os bolechas.
IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: O regreso de Gudúrix
Gudúrix, o cantante galo coñecido polas súas cancións rebeldes contra Roma, está de volta en Lutecia e Ideafix queda moi sorprendido ao descubrir que virou de chaqueta: agora adora os romanos e a Labienus. Mais o olfacto de Ideafix faille decatarse da verdade: ese Gudúrix non é máis que un dobre a soldo de Roma, así que debe atopar o verdadeiro Gudúrix e convencelo de que deixe de fuxir e se enfronte ao seu dobre. No concerto en que Labienus planea queimar todos os instrumentos musicais galos, interveñen os irredutibles coa axuda do verdadeiro Gudúrix para desenmascarar o dobre, polo que o plan dos romanos fracasa.
Super 4: METADE-METADE
O Doutor X presenta outro invento dos seus. Desta vez ata Gene pensa que é algo extraordinario e nunca visto. Resulta que é unha máquina para teletransportarse, e o Doutor X próbaa con el mesmo. O resultado non é tan bo como era de esperar e o científico acaba partido en dúas partes, só que cada parte está nun lugar diferente. Coma sempre, os nosos heroes intentarán solucionar o problema.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: Capítulo 136
As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
CONTRAPTUS: O profesor procesador
Leonardo está traballando nun novo robot que ten parte da súa intelixencia.
CONTRAPTUS: As tarefas domésticas
Matilda renuncia ao seu posto de asistenta do fogar porque está todo roto e é moi difícil traballar.
AQUELANDO CON CHISPA: A luz negra
Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Veremos a relación que ten esta luz coa escuridade.
LUCAS ETC: Capítulo 20
Mélodie, Nathan e Lucas seguen as indicacións do mapa que os leva por zonas de difícil acceso. Ao final, nun lago, atopan un cofre.
LUCAS ETC: Capítulo 21
A rapazada da casa ofrécese a facer a compra... e fano á súa maneira.
SAKURA, CAZADORA DE CARTAS: Sakura e o espertar da chave estrela
Sakura está moi triste e fala con Shaoran sobre a súa incapacidade para usar maxia.
PADRE CASARES: A natureza das cousas
Delmiro semella exasperado pola traizón de Josito, que aceptou a oferta de traballo en Ferráns. Agoniado pola situación, o alcalde iniciou unha particular terapia, consistente en gritar aos catro ventos improperios contra o irmán da súa muller.
PADRE CASARES: O último baile
Iria regresou a Louredo. Diante dunha botella de licor, repasará con Horacio os momentos máis divertidos vividos na vila. Pero don Crisanto non tardará moito en romper o encanto do momento, movido pola desconfianza.
PADRE CASARES: A encrucillada
Os espectadores descubrirán, por fin, que pasou entre Horacio Casares e Iria. O desenlace desta historia de amor promete deixar coa boca aberta os incondicionais de 'Padre Casares'.
ALALÁ: Taberna do Lorenzo
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Partimos do Barrio de San Paio, en Vigo, unha zona que antes era rural pero que, pouco a pouco, foi absorbida pola cidade. Aínda así, entre edificios e carreteras, quedan as pequenas hortas, a proximidade dos veciños coñecidos de toda a vida e lugares coma Taberna do Lorenzo, no que se mantén algo tan popular coma o costume de cantar cos amigos.
ALALÁ: Ronsel
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. No percorrido que levamos feito en Alalá descubrimos que houbo un tempo no que as aldeas galegas estaban vivas: había xente, traballábase na terra ou no mar, cantábase e bailábase, facíanse regueifas, os nenos xogaban con trompos e billardas e aprendían os oficios dos maiores, os afiadores, capadores e todo tipo de artesán comerciaban polas portas...
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 10.03.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 10.03.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
BONANZA: BONANZA II 119
Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
TI VERÁS: Capítulo 404
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros. Hoxe Rodrigo recibe a unha nova parella: Ainhoa e Noel, veñen dende Sandiás.
SEN CÓDIGO POSTAL: Sobrado dos Monxes
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. Da man do técnico de turismo da localidade, o espazo ‘Sen Código Postal’ descubrirá hoxe todos os segredos de Sobrado dos Monxes.
SEN CÓDIGO POSTAL: Cangas do Morrazo
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. O programa coñecerá esta semana a gastronomía, o patrimonio e as tradicións de Cangas.
HISTORIAS MÍNIMAS: Capítulo 9
Programa de confidencias único, en que persoas completamente anónimas relatarán a súa vida. Confórmase coa realidade de xente común, captada na rúa e sen ningún tipo de guión previo. O único requisito é que os testemuños que se contan son todos verdade e resultaron transcendentes para quen os viviu. Hoxe, as “Historias Mínimas” xiran arredor de relatos que falan sobre os soños, como aquela muller que contemplaba o mundo a través da súa filla, aqueloutra á que lle fixeron unha proposta inesperada, ou o rapaz que lle comunicou aos seus pais unha nova coa que non contaban, pero que de seguro cambiará as súas vidas para sempre.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. Dobre entrevista no ‘Zigzag’, que contará coa presenza dos directores da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico de Santiago e do festival Imaxinaria da Coruña.
A CRÓNICA: Capítulo 1275
Espazo informativo que recolle as novas máis importantes do día en clave de análise coa opinión de firmas de relevancia en Galicia que valoran a actualidade.
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 10.03.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.