TVG2 - CRTVG
NOSOUTRAS: May Carré, ou como escribir novelas coma churros
Proxecto cultural que, a través de vídeos divulgativos, intenta poñerlles nome a todas aquelas mulleres que destacaron historicamente no mundo da cultura en Galicia ou que foron abrindo camiño para as novas xeracións de creadoras. As novelas románticas nunca gozaron do prestixio da crítica por ser consideradas un entretemento menor de mulleres. Dentro desta lóxica é doado entender por que non soa demasiado o nome de May Carré, autora de máis de 150 novelas. 'Nosoutras' descobre hoxe a que se podería considerar a Corín Tellado galega.
CHICO CHICA BOUMBA: O programa
Poderemos axudar a este neno a ver o seu programa de televisión favorito mentres tende a roupa?
DIARIO DE ALICE, O: Servizo postal de Alice
O servizo postal de Alice chega a calquera lugar, por moi difícil que sexa a viaxe, sempre fai entrega.
BLOQUES DE CORES: VERDE
Verde chega a Corlandia e empeza a descubrir este mundo novo.
BLOQUES DE CORES: Verde significa 'adiante'
Azul, Amarelo e Vermello entenden que 'vermello' significa 'parar'.
MIBOTS: O xirasol
Os Mibots descobren que é un xirasol.
O cordeiro Shaun: O corvo
A noite vai caer e Bitzer xunta e prepara ao rabaño para ir durmir, pero de súpeto aparece un ruidoso intruso que llo impide.
O cordeiro Shaun: Shaun, o fuxido
O granxeiro descobre que Shaun é o culpable dos roubos de tortas que estivo sufrindo.
A ABELLA MAIA -3D: Unha cuestión de po
Maia molla accidentalmente as ás de Beatriz.
Os Bolechas exploradores: Capítulo 387
Coñece lugares incríbles da xeografía galega cuns intrépidos exploradores, Os bolechas.
IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: Filetes na cova de Gamarús
Os Irreducibles descobren que o prefecto Astuto enganchou ao druida Amnesix para obrigalo a elaborar unha poción que o converta en Lentix, o gran cantante aclamado polos lutecianos, para que poida vivir a vida dun artista coa que sempre soñou.
SUPER 4: SEPARADOS
O rei Kenric, a raíña das fadas, o Doutor X e Barbaquenlla pídenlles axuda ao mesmo tempo aos nosos heroes. Todos din que Sykronior os está invadindo e que os seus mundos están en perigo. Polo tanto, deciden separarse e ir cada un intentar salvar un mundo. Ao final, descobren que é unha trampa de Sykronior e terán que apurar se queren impedirlle ao extraterrestre saír coa súa.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: Capítulo 132
As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia.
Leonardo: Buscando pistas
Leonardo non atopa os planos dos seus inventos e vai facer o que sexa para descubrir o culpable.
Leonardo: De volta á escola
A mestra da vila está enferma e pídelle a Matilda que coide dos cativos.
AQUELANDO CON CHISPA: Os espellos
Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Neste episodio investigarase sobre os espellos e o seu funcionamento.
LUCAS ETC: Capítulo 14
Lucas e Swing xogan ao fútbol nun campo dunha banda á que non lle gusta compartir.
LUCAS ETC: Capítulo 15
É o aniversario de Lucas e, na casa, fanlle unha festa sorpresa.
SAKURA, CAZADORA DE CARTAS: Sakura, Kero e a profesora misteriosa
De novo Sakura ten ese estraño soño, pero cada vez faise máis claro.
PADRE CASARES: Festas do Santo Antonio 2010
A un día do comezo das festas patronais, a celebración do tradicional 'salto do porco' segue no aire, xa que Delmiro non atopou a forma de desfacerse do Padre Casares.
PADRE CASARES: A despedida
Hai unha gran noticia en Louredo que trae a todos os veciños polo aire porque van perder o seu solteiro máis famoso: o casamento de Miñato.
PADRE CASARES: Na riqueza e na pobreza
Chegou o gran día á parroquia de Santo Antonio de Louredo: Miñato casa por fin. A vila prepárase para celebrar o acontecemento máis emocionante dos últimos anos. Pero son moitos os que non lle auguran un final feliz a esta unión.
ALALÁ: Maios de Villafranca
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Pilar G. Rego vai a Vilafranca do Bierzo para ver cómo se celebra o 'maio vivo' o 'maio mozo'.
ALALÁ: Cuba 1
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Cruzamos o Atlántico con destino A Habana para comprobar a prolífica actividade que a colonia de galegos de Cuba desenvolveu na illa xa que, durante o derradeiro terzo do século, foi o principal destino dos emigrantes que partían dos portos galegos.
ALALÁ: Cuba 2
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Pilar G. Rego segue por terras de Cuba. Neste programa coñeceremos historias moi emitvas dos últimos galegos que emigraron á Habana.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 04.03.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 04.03.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
Toda a información meteorolóxica e do estado da mar.
BONANZA: Capítulo 115
Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
TI VERÁS: Capítulo 401
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros. Hoxe Rodrigo Vázquez recibe a Tamara e Alejandra, dúas amigas de Vilaboa.
FAKE NEWS: En Sarria
Dani Polo chega a Sarria na procura de concursantes dispostos a gañar 100 euros. No corazón do Camiño de Santiago o ‘Fake news’ atopará valentes que aceptarán o reto de diferenciar a información verdadeira da falsa para obter 20 euros por cada acerto.
CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 04.03.2025
Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid.
GRAZAS!: Capítulo 7
Presentado por Lucía Rodríguez, é o punto de encontro da solidariedade na TVG e narra historias de heroes anónimos de Galicia, mulleres e homes que estaban no lugar e no momento axeitados para salvar vidas, axudar nunha traxedia ou simplemente achegar esperanza. Dous guías caninos contan como é o seu labor. Isabel e Alejandro sobreviviron ó accidente do Costa Concordia e Antonio perdeuse unha semana no deserto do Sáhara.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. 'Zigzag' achegaralle á súa audiencia o novo espectáculo do Centro Dramático Galego, así coma a exposición de acuarela do artista Leandro Lamas.
A CRÓNICA: Capítulo 1272
Espazo informativo que recolle as novas máis importantes do día en clave de análise coa opinión de firmas de relevancia en Galicia que valoran a actualidade.
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 04.03.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
ROSENDO SALVADO. O HUMBOLDT GALEGO: O Livingstone galego. De Tui a terra australis incógnita
Este capítulo narra a infancia de Rosendo Salvado desde o seu nacemento en Tui (1814), a súa mocidade e estudos relixiosos e musicais en San Martiño Pinario e na Abadía de Cava (Nápoles); a primeira e penosa viaxe a Australia vía Marsella-París-Londres-Suráfrica a bordo da fragata Isabella; a súa chegada a Fremantle en xaneiro de 1846, e o comezo da Misión.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
ROSENDO SALVADO. O HUMBOLDT GALEGO: Un galego global en terra de canguros. A fundación de Nova Nursia
No segundo capítulo nárranse os durísimos comezos da misión, o mítico concerto de piano de tres horas en Perth, os seus avances cos indíxenas, as primeiras colleitas, a construción do mosteiro de Nova Nursia, o seu enfrontamento co inepto bispo Brady.
SAMURAI CHAMPLOO: Pranto polo desencanto (parte 2)
Saraconsegue reducir a Jin, pero éste corta as cordas da ponte,facendo que caian ao río.
SAMURAI CHAMPLOO: Capítulo 22
O trío cae en mans dunha orda de zombis.
SAMURAI CHAMPLOO: Capítulo 23
Un partido de béisbol decidirá o futuro do Xapón.
SAMURAI CHAMPLOO: Capítulo 24
Fuu tenta rematar a viaxe.
SAMURAI CHAMPLOO: Capítulo 25
Jin bátese en duelo con Kagetoki.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1639
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
COMO GALEGOS: Sula, Bilal e Zuzane
Tamallancos, na provincia de Ourense, é o fogar desde hai máis de 20 anos da grega Sula Repani. Abdoulaye Bilal Traoré, o gran trobador do Atlántico. Naceu no Senegal, pero xa foi rebautizado como “o novo poeta de Vilanova de Arousa”. Zuzana e Ramiro son unha parella que deixou Londres para montar unha boa esmorga na nosa terra.