TVG2 - CRTVG
CHICO CHICA BOUMBA: As cascudas
As cascudas invadiron toda a cociña. Hai que esmagalas todas canto antes!
NO FOCO: Oficios artesáns
Reportaxes de actualidade.
DIARIO DE ALICE, O: Alice non pode parar de falar
Alice planea unha visita ao zoolóxico, está moi emocionada pola súa admiración polos pingüíns.
BLOQUES DE CORES: VERMELLO COÑECE A AZUL
Vermello coñece a Azul, que pensaba que era a única cor do mundo.
BLOQUES DE CORES: AMARELO COÑECE A VERMELLO E AZUL
Amarelo encóntrase con Vermello e Azul, que pensaban que eran as únicas cores en Corlandia.
MIBOTS: O reloxo espertador
Os Mibots descobren para que serve un reloxo espertador.
O cordeiro Shaun: Perdiches un pouco
O granxeiro quere que as fiestras da súa casaría estean inmaculadas e Bitzer fai uso do rabaño para limpalas.
O cordeiro Shaun: A pintar con spray
Alguén estivo pintando graffitis na granxa e tócalle a Bitzer limpalos.
A ABELLA MAIA -3D: Flores nocturnas
Maia e Willi atravesan o bosque para ver unha flor pouco frecuente.
Os Bolechas exploradores: Capítulo 386
Coñece lugares incríbles da xeografía galega cuns intrépidos exploradores, Os bolechas.
IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: A besta de Lutecia
A Picarina, a gata dos Irreductibles, desaparece nas catacumbas, aparentemente devorada pola Tarasca, unha criatura fabulosa. Cando Ideafix, Devórix e Turbina chegan alí, descobren de inmediato que o suposto monstro é, en realidade, un león.
SUPER 4 (TEMPADA 2): FRECHAZO ENTRE AS FADAS
Faísca argalla un plan para que o Doutor X e a raíña das fadas se namoren, porque pensa que así serán felices e non estarán sempre de tan mal humor. O plan non empeza moi ben porque o Doutor X intenta roubarlle un ópalo moi poderoso á raíña. Con todo, a cousa parece que se soluciona e que o plan de Faísca sae ben. Parecer parece, pero as cousas non sempre son o que parecen.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 03.03.2025
Leonardo: A banda de rock
Basil está de aniversario e Leonardo agasállao cuns robots.
Leonardo: A idea perdida
O mestre leva todo o día triste porque sente que é un inventor farsante.
AQUELANDO CON CHISPA
Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades.
LUCAS ETC: Capítulo 12
Lucas e Nathan teñen exame de neerlandés, pero a Lucas non se lle dá nada ben e Jeff proponlle que faga unha chuleta.
LUCAS ETC: Capítulo 13
Lucas e Nathan perden o autobús e collen a bicicleta de Lucas para dar chegado á hora á clase.
SAKURA, CAZADORA DE CARTAS: CARDCAPTOR SAKURA 43
Sakura Kiomoto é unha nena de 10 anos que un día abre un estraño libro chamado ‘The Clow’ e libera as cartas que contiña no seu interior. Agora Sakura debe recuperalas todas para evitar que causen unha catástrofe.
TRAES UNHA CANTIGA?: TRAES UNHA CANTIGA? E
Programa que pon en valor a música galega dándolle visibilidade a unha tradición moi nosa: os cantos de taberna. Percorrerá varias vilas galegas en busca das cantigas máis populares da música de taberna. A través dun concurso, tres grupos de cada vila defenderán ante un xurado que a súa cantiga entre na listaxe das máis coñecidas de toda Galicia.
PADRE CASARES: Suso non sempre é Xesús
A Santo Antón de Louredo chega o singular tío de Horacio Casares, Suso, famoso por terlle regalado ao seu sobriño a famosa moto Harley, que cando chegou á vila lle serviu para desprazarse de capela en capela. Pero, nada máis chegar, Suso deixa moi claro que as súas intencións non son nada boas e que, pese a tratarse dunha visita polo Nadal, para el estes non son tempos de paz pois é un ateo convencido.
PADRE CASARES: Un Nadal vermello
O Padre Casares está moi contrariado porque non tivo máis remedio que botar o seu tío Suso da casa reitoral, na véspera de Noiteboa e, levado polo enfado, o sacerdote novo opta por entregarlle a súa moto, que lle regalara o seu tío.
PADRE CASARES: Os anxos de Crisanto
O Padre Casares e don Crisanto prepáranse para oficiar a misa do Aninovo, pero Santi non acaba de chegar e, cando por fin fai acto de presenza, aínda lle dura a borracheira do día anterior. Os párrocos temen que isto sexa un presaxio para 2010.
ALALÁ: Anxo das nogais
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.