div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

NOSOUTRAS: María Luz Morales, a gran señora da prensa

Proxecto cultural que, a través de vídeos divulgativos, intenta poñerlles nome a todas aquelas mulleres que destacaron historicamente no mundo da cultura en Galicia ou que foron abrindo camiño para as novas xeracións de creadoras. Xornalista, crítica de cine, asesora literaria para Hollywood… María Luz Morales foi unha pioneira en moitos campos e a primeira muller en dirixir un xornal en España.

07:05 h

CHICO CHICA BOUMBA: O béisbol

Poderemos axudar a esta nena a demostrarlle ao seu equipo que poden gañar?

07:10 h

DIARIO DE ALICE, O: Episodio 24

Adorable, imaxinativa e algo extravagante, Alice comparte connosco a súa vida a través das conversas que ten coa súa nai Ana.

07:10 h

BLOQUES DE CORES: Colorear un arco da vella

Anil e Violeta andan buscando un arco da vella. Nesta tarefa, atópanse con Laranxa que lles axuda a colorear o seu propio arco da vella.

07:15 h

BLOQUES DE CORES: O equipo de impresión ó rescate

O equipo de impresión dedícase a facerlles carteis a Vermello, Azul e Verde para que poidan levar a cabo as súas actividades.

07:20 h

MIBOTS: A máquina de videoxogos

Os Mibots abducen unha máquina arcade que contén un videoxogo de loita libre. Xogan e non tardan en pelexar por botar unha partida.

07:30 h

O cordeiro Shaun: Shaun tolea

O granxeiro ten unha mesa de billar nova, pero os animais estrágana accidentalmente.

07:35 h

O cordeiro Shaun: Un...

O granxeiro constrúe o seu propio aeroxerador para reducir a factura da luz.

07:40 h

A ABELLA MAIA -3D: Maia non dá durmido

Maia e Willi tentan localizar un grilo que non deixa durmir os habitantes do bosque.

07:55 h

OS BOLECHAS (OS BOLECHAS EXPLORADORES II): Capítulo 382

Coñece lugares incríbles da xeografía galega cuns intrépidos exploradores, Os bolechas.

08:05 h

IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: BENDITA XUVENTUDE

Asmátix está moi canso, pero non o quere recoñecer. Cando se dá conta de que está envellecendo e perdendo facultades, bebe unha poción que o rexuvenece, e volve ser un novo pombiño cheo de enerxía e combativo. Aproveita a ocasión para intentar salvar o Muíño Vermello, que os romanos queren pechar e onde se fai a mellor fariña de Lutecia. Pero o pombiño aprendiz de druída cada vez é máis novo. Ata que se converte... nun ovo!

08:15 h

SUPER 4 (TEMPADA 2): PRINCESA RUBY

O rei Kenric ten que se ausentar do reino e deixa a Alex no se sitio. O que pasa é que Alex ponse enfermo e non pode atender as necesidades do trono. Ruby descobre que o deber de quen goberna e protexer un tesouro, así que di que ela quere facer de rei e convence a todo o mundo. Iso si, vaise ter que enfrontar ás artimañas do Barón Negro que, coma sempre, quererá apoderarse do trono.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: Capítulo 127

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia

09:30 h

CONTRAPTUS: Enciclopedio

Leonardo crea o robot do coñecemento e parece que se volve listo de máis...

09:35 h

CONTRAPTUS: O monstro de Basil

Toca día de limpeza e Basil e Leonardo empregan algúns dos seus inventos para acabar antes.

09:45 h

AQUELANDO CON CHISPA: O láser

Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Cada capítulo xira arredor dun eixe temático, que vertebra un conxunto de seccións con contidos complementarios entre si e que levan a un grande experimento final. Faranse xogos para comprobar a traxectoria deste tipo de luz e amosaranse as utilidades que pode ter.

10:05 h

LUCAS ETC: Capítulo 6

Na clase de Lucas vaise elixir delegado.

10:15 h

LUCAS ETC: Capítulo 7

Lucas non sabe como contarlle a Manon que matou o seu hámster por accidente.

10:20 h

SAKURA, CAZADORA DE CARTAS: A febre de Sakura

Sakura está na cama moi enferma e con febre.

10:45 h

PADRE CASARES: Adán e o mono

Coincidindo coa celebración do segundo centenario do nacemento de Charles Darwin, creador da Teoría Evolucionista, os colexios de medio mundo achéganlles aos alumnos a figura do científico.

11:40 h

PADRE CASARES: Vaga de calor

Unha onda de calor está alterando a vida dos louredanos e as altas temperaturas están influíndo especialmente no comportamento das mulleres da localidade.

12:40 h

PADRE CASARES: Bosteiros

Como se crea un aclume? Un problema de lindes provoca que a Delmiro se lle coñeza en todo o concello de Santo Antonio de Louredo cun novo sobrenome: "o bosteiro".

13:40 h

VIVIR AQUÍ: Vivir Aquí de aniversarios naturais por Meirás

Programa de reportaxes.

13:55 h

ALALÁ: O Gaiteiro do Piñeiro

A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Xosé Fernández viviu toda a vida no seu querido barrio do Piñeiro, en Aldán. Alí é o gaiteiro oficial e imprescindible en cada celebración e iso non se consegue en dous días.

14:25 h

ALALÁ: Ultreia

A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Neste Alalá descubrimos instrumentos tan curiosos como a folla de hedra, o rabel ou a gaita de barquín; a vistosidade dos traxes de garda e de cotío, os bailes das distintas provincias e as formacións musicais propias de cada época.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

15:20 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 25.02.2025

Presenta Marta Darriba.

16:05 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 25.02.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

16:20 h

O TEMPO

16:30 h

BONANZA: BONANZA II 113

Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.

17:15 h

TI VERÁS: Capítulo 396

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros. Hoxe acoden ao concurso Viviana e Carlos dende Becerreá.

18:15 h

VIVIR AQUÍ: Redescubrindo o aceite galego

Programa de reportaxes.

18:30 h

CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 25.02.2025

Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid.

19:30 h

GRAZAS!: Capítulo 6

Presentado por Lucía Rodríguez, é o punto de encontro da solidariedade na TVG e narra historias de heroes anónimos de Galicia, mulleres e homes que estaban no lugar e no momento axeitados para salvar vidas, axudar nunha traxedia ou simplemente achegar esperanza. Darío rescatou as vítimas do accidente do Marisquiño. Diego sobrevive a máis de 50 picaduras da vespa velutina e Lola conta a súa historia de superación.

20:30 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O espazo conversará coa poeta Pura Tejelo, autora da obra ‘Vestidos de organdí’ e con Xosé Lois Vázquez, comisario da proposta expositiva ‘A pel. Epílogo’.

20:55 h

A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 25.02.2025

Espazo informativo que recolle as novas máis importantes do día en clave de análise coa opinión de firmas de relevancia en Galicia que valoran a actualidade.

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 25.02.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

22:50 h

JULIO CAMBA, O HOME QUE NON QUERÍA SER NADA

Longametraxe documental sobre Julio Camba (1884-1962), destacado periodista e escritor español, nado en Vilanova de Arousa. A súa obra, especialmente as súas breves crónicas periodísticas, converteuno nun fenómeno de multitudes; chegou a ser o periodista mellor pagado da prensa española. Porén, hoxe, e probablemente de xeito deliberado, quedan poucos recordos da vida de Julio Camba.

22:50 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

00:05 h

SAMURAI CHAMPLOO

Mugen, Jin, e Fuu discuten e sepáranse.

00:30 h

SAMURAI CHAMPLOO

O clan Matsumae Han confunde a Mugen con Okuru.

00:55 h

SAMURAI CHAMPLOO

Mugen aprende a deletrear, Jin cumpre unha promesa, Fuu provoca un enfrontamento.

01:15 h

SAMURAI CHAMPLOO

Fuu alberga unha fuxida que pode ter respostas para atopar au samuráis dos xirasoles.

01:40 h

SAMURAI CHAMPLOO

Muguen defende a hora dunha rapaza cega.

02:05 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1632

Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

05:55 h

GALICIA NOTICIAS PEZAS: Éxito androlla

06:00 h

COMO GALEGOS: Florent, Lee e Michu

Desde Nottingham chegou un arqueiro en busca dunha contorna natural e tranquila, para formar unha familia e para practicar tiro con arco. En Mos, Floren, un kosovar que veu a Galicia por amor, ademais de albanel é granxeiro e camareiro dun furancho. Michú leva dez anos en Galicia, pero fala xa un perfecto galego. Será porque o seu pai é un galego que vivía no Congo.

div-crtvg-top2

Publicidade