TVG2 - CRTVG
CHICO CHICA BOUMBA: A golpe de rodete
A irmá pequena de Aurelia esborranchou o muro dos veciños.
DIARIO DE ALICE, O: Capítulo 9
Adorable, imaxinativa e algo extravagante, Alice comparte connosco a súa vida a través das conversas que ten coa súa nai Ana.
BLOQUES DE CORES: A fábrica de mesturas
As cores colorean un mundo en branco! Púrpura convida os bloques de cores á súa fábrica de mesturas
BLOQUES DE CORES: Un prato con moitas cores
As cores colorean un mundo en branco! Vermello invita os bloques de cores a comer e todos traen as súas comidas favoritas da súa cor
MIBOTS: A aspiradora
Os Mibots descobran que é unha aspiradora.
O cordeiro Shaun: Quen é o caddy?
O granxeiro vai lembrar a súa vella paixón polo golf.
O cordeiro Shaun: Hoxe pelo, mañá calvo
O granxeiro ten un ligue!
A ABELLA MAIA -3D: A bicha sara malvada
Maia é unha abella que deixa a súa colmea para descubrir a beleza e os misterios da natureza.
OS BOLECHAS (OS BOLECHAS EXPLORADORES II): Episodio 402
Coñece lugares incríbles da xeografía galega cuns intrépidos exploradores, Os bolechas.
IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: Migallas e circo
Os romanos rouban todo o pan de Lutecia e Asmátix queda sen migallas.
SUPER 4 (TEMPADA 2): Episodio 77
Os Super 4 son heroes que viven aventuras no mundo Playmobil
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 04.02.2025
CONTRAPTUS: CONTRAPTUS 14
AQUELANDO CON CHISPA: AQUELANDO CON CHISPA 8
Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Cada capítulo xira arredor dun eixe temático, que vertebra un conxunto de seccións con contidos complementarios entre si e que levan a un grande experimento final.
LUCAS ETC: LUCAS ETC 32
LUCAS ETC: LUCAS ETC 33
NO FOCO: Prazas de abastos
Reportaxes de actualidade.
SAKURA, CAZADORA DE CARTAS: CARDCAPTOR SAKURA 69
PADRE CASARES: Delmiro contra todos
Na vila de Santo Antón de Louredo parece que o namoramento de Elsa está a provocar certos danos colaterais e o primeiro prexudicado é Delmiro, o alcalde comunista, a quen un malentendido o porá entre a espada e a parede.
PADRE CASARES: Cuestión de fe
As vidas dalgúns veciños atravesan importantes convulsións, así como a do propio Horacio Casares, que comeza a sentir algo que o leva incluso a dubidar sobre algúns principios que rexen a súa vida, e o motivo ten nome de muller: a mestra da escola.
PADRE CASARES: De porcos, vacas e outras bestas
Padre Casares narra, con humor e tenrura, o proceso polo que este home irá encaixando nese lugar, á vez tan próximo e tan afastado do que el era ata ese momento.
ALALÁ: O Fiadeiro
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 04.02.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 04.02.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
BONANZA: A montañesa
Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
TI VERÁS
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
FAKE NEWS: Ourense concursante
CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 04.02.2025
Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid.
GRAZAS!: GRAZAS! 3
Presentado por Lucía Rodríguez, é o punto de encontro da solidariedade na TVG e narra historias de heroes anónimos de Galicia, mulleres e homes que estaban no lugar e no momento axeitados para salvar vidas, axudar nunha traxedia ou simplemente achegar esperanza. A historia de superación dun campión do mundo de kick boxing, este domingo, no programa 'Grazas!'.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. ‘Zigzag'’ conversa co músico Xabier Díaz da súa homenaxe ás cantareiras e coa investigadora María Jesús Ginzo sobre a súa premiada tese doutoral.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 04.02.2025
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 04.02.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
PANDEMIAS, AS EPIDEMIAS QUE ASOLARON A HUMANIDADE: PANDEMIAS, AS EPIDEMIAS QUE ASOLARON A HUMANIDADE II
O cambio climático e as características da era global fan que a posibilidade de sufrir unha pandemia sexa cada vez maior. Neste capítulo do documental, persoas expertas nas máis diversas disciplinas explican os perigos e os retos desta nova era no referente ás enfermidades, facendo especial fincapé na importancia da investigación, da vacinación e da ciencia para lograr superar os desafíos que temos por diante.
SAMURAI CHAMPLOO
SAMURAI CHAMPLOO
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1611
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.