TVG2 - CRTVG
Chico Chica Boumba: As toupas
O xardín está cheo de buratos por culpa das toupas.
DIARIO DE ALICE, O: Capítulo 8
Adorable, imaxinativa e algo extravagante, Alice comparte connosco a súa vida a través das conversas que ten coa súa nai Ana.
Bloques de cores: É un mundo colorido
As cores están en todas partes e poden combinarse de moitas maneiras... o mundo está cheo de cor!
Bloques de cores: Un Nadal colorido
Os bloques de cores colorean todas as cousas relacionadas co Nadal.
MIBOTS: A pluma
Os Mibots descobren que é unha pluma.
O cordeiro Shaun: O cordeiro resorte
Conforme avanzan os días, chega un momento en que hai que pasar pola ducha.
O cordeiro Shaun: Prohibido bailar
Todos temos algo de ritmo musical que de cando en vez temos que amosar.
A ABELLA MAIA -3D: A abella fuxitiva
Maia é unha abella que deixa a súa colmea para descubrir a beleza e os misterios da natureza.
OS BOLECHAS (OS BOLECHAS EXPLORADORES II): Capítulo 401
Coñece lugares incríbles da xeografía galega cuns intrépidos exploradores, Os bolechas.
IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: Garúlix queda sen salchichas
Os romanos prohiben a comida gala e Garúlix, que detesta a cociña romana, perde forzas.
SUPER 4 (TEMPADA 2): O gran rally
Os Super 4 son heroes que viven aventuras no mundo Playmobil.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 03.02.2025
CONTRAPTUS: O criado
Leonardo inventou un robot que pode limpar todo o que hai na casa de arriba a abaixo.
CONTRAPTUS: Que a risa te acompañe
O doutor Leonardo ten vinte e catro horas para crear un novo xoguete.
AQUELANDO CON CHISPA: O velcro
Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Cada capítulo xira arredor dun eixe temático, que vertebra un conxunto de seccións con contidos complementarios entre si e que levan a un grande experimento final. Comprendemos o comportamento da fricción e das forzas de rozamento.
LUCAS ETC: Capítulo 30
Lucas e Nathan empezan curso nun colexio novo onde non se permite o uso de pantalón curto.
LUCAS ETC: Capítulo 31
Lucas escoita un ruído na casa que non identifica.
SAKURA, CAZADORA DE CARTAS: Capítulo 68
Sakura Kiomoto é unha nena de 10 anos que un día abre un estraño libro chamado ‘The Clow’ e libera as cartas que contiña no seu interior. Agora Sakura debe recuperalas todas para evitar que causen unha catástrofe.
PADRE CASARES: Josito ten praza
Delmiro merca un barco cos cartos e do concello para atraer o turismo á vila. Josito é o único que, teoricamente, ten carné para patronar un barco, así que Delmiro logra convencelo coa condición de que así terá unha praza no Concello.
PADRE CASARES: Elsa in love
Elsa, a beata, devece definitivamente por Sindo, o home de Lidia, e a paixón da muller é tal que a pobre anda apampada todo o día chegando incluso a acosar a Sindo cada vez que coincide con el no coro.
ALALÁ: Treixadura
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 03.02.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 03.02.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
BONANZA: Inger, meu amor
Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
TI VERÁS
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
SEN CÓDIGO POSTAL: Cambados
Anselmo, o que fora carteiro de ‘Luar’, interpretado por Luís Zahera, está de volta para percorrer Galicia, visitando os lugares e veciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, uns destinatarios moi especiais que teñen moito que contar da nosa terra. Da man dos artistas de Cambados, o programa descubrirá hoxe os tesouros que agocha esta vila.
SEN CÓDIGO POSTAL: A Peroxa
Anselmo, o que fora carteiro de ‘Luar’, interpretado por Luís Zahera, está de volta para percorrer Galicia, visitando os lugares e veciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, uns destinatarios moi especiais que teñen moito que contar da nosa terra. A Peroxa, unha localidade singular, situada entre Lugo e Ourense, lindante entre catro concellos e bañada por catro ríos, é hoxe o destino do programa.
TRAES UNHA CANTIGA?: Traes unha cantiga?
Programa que pon en valor a música galega dándolle visibilidade a unha tradición moi nosa: os cantos de taberna. Percorrerá varias vilas galegas en busca das cantigas máis populares da música de taberna. A través dun concurso, tres grupos de cada vila defenderán ante un xurado que a súa cantiga entre na listaxe das máis coñecidas de toda Galicia.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. ‘Zigzag’ conversa co músico Xavier Blanco sobre o seu museo etnográfico no Courel e avanza os novos traballos de De Ninghures, Montedapena e Peitoescuro.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 03.02.2025
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 03.02.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
PANDEMIAS, AS EPIDEMIAS QUE ASOLARON A HUMANIDADE: PANDEMIAS, AS EPIDEMIAS QUE ASOLARON A HUMANIDADE I
As pandemias sempre estiveron entre nós. Desde a primeira documentada, a peste de Xustiniano, ata hoxe son moitas as epidemias que sufriu a humanidade, algunhas ben curiosas e outras terriblemente letais, como a provocada pola varíola, que no século XX causou 300 millóns de mortos no mundo e hoxe é a única enfermidade erradicada grazas, en parte, á expedición galega que levou a vacina a América. Espazo relevante ocupan o cólera, a gripe de 1918, a poliomielite ou a SIDA, entre outras.
DETECTIVE CONAN, O: O seareiro no labirinto. Primeira parte.
Un investigador de gran caletre no corpo dun pequeno neno resolve misterios de todo tipo.
DETECTIVE CONAN, O: O seareiro no labirinto. Segunda parte
Un investigador de gran caletre no corpo dun pequeno neno resolve misterios de todo tipo.
DETECTIVE CONAN, O: AS TESTEMUÑAS XUVENÍS
DETECTIVE CONAN, O: O MISTERIO DO XARDÍN XAPONÉS DE PEDRAS E AUGA I
DETECTIVE CONAN, O: O MISTERIO DO XARDÍN XAPONÉS DE PEDRAS E AUGA II
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1610
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.