TVG2 - CRTVG
CHICO CHICA BOUMBA: Os vestiarios
Xiana debe de pechar todos os armarios antes de saír do vestiario.
NOSOUTRAS: Maruxa Mallo, a vangarda feita artista
Proxecto cultural que, a través de vídeos divulgativos, intenta poñerlles nome a todas aquelas mulleres que destacaron historicamente no mundo da cultura en Galicia ou que foron abrindo camiño para as novas xeracións de creadoras. Viaxou por todo o mundo, espertou a admiración de grandes mestres como Dalí ou Andy Warhol e foi sempre unha muller libre que dicía o que pensaba e facía o que quería en cada momento. Maruxa Mallo é unha das grandes artistas do movemento surrealista, e tamén unha icona da moda, como descubrirán os espectadores neste episodio.
DIARIO DE ALICE, O: O aniversario de Emile
Alice quere facerlle un agasallo a Emile, aínda que non atopa nada que lle guste.
BLOQUES DE CORES: NEGRO E BRANCO
Negro e Branco chegan a Corlandia e empezan a descubrir este mundo novo
BLOQUES DE CORES: OS MATICES DO BOSQUE
Verde anda coloreando alegremente e descobre novos tons de verde, máis escuros e máis claros
MIBOTS: A pizza
Os Mibots descobren a pizza.
O cordeiro Shaun: O parapente
O granxeiro practica un novo deporte emocionante como pasatempo. Antes de comezar a practicar cría que era simple, pero tras uns intentos dáse conta de que non é tan doado como lle parecía.
O cordeiro Shaun: Xogo de sombras
Como non poden consolar a Timmy polo seu malestar, a tripulación de marionetas ponse ao choio para facer un divertido xogo de sombras e deste xeito animar a Timmy.
A ABELLA MAIA -3D: Unha flor para compartir
Maia atopou a flor perfecta para durmir, pero outra abella afirma que a atopou antes que ela. Para saber quen quedará coa flor, organizan un concurso de recollida de pole.
OS BOLECHAS (OS BOLECHAS EXPLORADORES II): Capítulo 398
Coñece lugares incríbles da xeografía galega cuns intrépidos exploradores, Os bolechas.
IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: Canigus, sempre queren repetir!
A cara de Ideafix está por todas as partes en Lutecia como imaxe da nova marca romana de comida para mascotas e as consecuencias son inmediatas para el, e nada agradables... Aínda por riba, descobre que esa comida está feita con lixo de Lutecia, polo que debe evitar que se siga vendendo. Para iso terá que atraer un comerciante de Lutecia ata a fábrica de Canigus para que descubra a terrible verdade. Se Lutecia sabe con que fan o Canigus, deterase a produción.
SUPER 4 (TEMPADA 2): RICKY RICTUS
Cando os Súper 4 teñen que camiñar ata o castelo das fadas, Ruby cae nun burato e atopa un pequeno cofre que lle concede tres desexos.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 29.01.2025
As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
CONTRAPTUS: Como un foguete
O doutor Leonardo está farto de ter que espertar o seu discípulo todas as mañás. Hai trinta e catro chanzos ata o seu cuarto! Que perda de tempo e enerxía! O que necesita é unha máquina. Unha máquina concibida pola súa mente brillante.
AQUELANDO CON CHISPA: O xeo seco
Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Cada capítulo xira arredor dun eixe temático, que vertebra un conxunto de seccións con contidos complementarios entre si e que levan a un grande experimento final. Experimentamos con xeo seco, a súa temperatura e a súa particular néboa.
LUCAS ETC: Capítulo 25
Lucas dubida pero finalmente participa no espectáculo dos Goossens.
LUCAS ETC: Capítulo 26
Os Goossens, Béné e Lucas xa están na casa nova e os veciños convídanos a unha grellada. Lucas descobre no garaxe o coche de Paul, que este coida con moito agarimo.
SAKURA, CAZADORA DE CARTAS: Sakura, Yukito e o poder da desaparición
Yukito e Toya foron elixidos como protagonistas dunha película para a feira do instituto.
ERA VISTO!: Choupa Leaks / O fonema humano de Kevin / A rotonda
Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán. Na entrega de ‘Era Visto!’, Moncho descobre o destino das grandes fortunas de Lameiro.
NO FOCO: Arte urbana
Reportaxes de actualidade.
ERA VISTO!: Queridos Reis Magos / O mellor Nadal do mundo / Poña un pobre na súa mesa
Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán. Kevin escribiralle unha carta aos Reis, e isto dará pé a outra aventura en Lameiro protagonizada, desta volta por Lino, o carteiro. / Os veciños de Choupana prepararon para este Nadal unha decoración e unha iluminación estupenda. Iso aféctalles profundamente aos de Lameiro. / Hortensia quere sentar un pobre de pedir na súa mesa polo Nadal.
ERA VISTO!: A Noite de Kevin José (A voda de Kevin I -II- III)
Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán. A personaxe máis inocente, tenra, inxenua e descerebrada da serie “Era Visto!” será protagonista hoxe na TVG. Ao fillo de Moncho pasoulle de todo, pero os espectadores asistirán nesta ocasión a un momento histórico: Lameiro vístese de gala para celebrar a súa voda.
PADRE CASARES: O milagre de Santo Antonio de Louredo
Hai poucos meses que Horacio Casares rematara os seus estudios de Teoloxía e se ordeara sacerdote. O soño de Horacio era ir a Ruanda e cando está a piques de cumprilo recibe unha chamada urxente do seu bispo. Precísao para cubrir unha vacante.
CRIATURAS: Operación de ligamentos / O coello do tempo / Border-ocas
Criaturas é un docusoap que ofrece unha visión insólita do mundo animal. O programa amosa as relacións das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios e outros aspectos dos animais. Juan Fuentes está en Ferrol para ensinarnos cómo traballan os cans militares. / Acompañaremos a un cabalo que ten que pasar polo quirófano para reparar unha lesión que lle impide saltar. / Ana Celia Vázquez, a muller do tempo, preséntanos a súa macota. / Asistiremos á feira internacional Semana Verde de Galicia para ver cómo un canciño aprende a pastorear ocas.
CRIATURAS: Can de asistencia / Fausto Isorna e Rita / Curiosidades exóticas
Criaturas é un docusoap que ofrece unha visión insólita do mundo animal. O programa amosa as relacións das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios e outros aspectos dos animais. Juan vai cun veterinadio rural de Sarria. / Coñeceremos a Leo, un canciño adestrado para a asistencia. / O deseñador gráfico Fausto Isorna preséntanos á súa mascota. / Visitaremos unha clínica veterinaria en Vigo.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 29.01.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 29.01.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
BONANZA: O crisol
Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe. Tras ser asaltado no deserto, Adam tropeza cun home chamado Peter Kane, que lle ofrece unha mula e provisións a cambio de tres días de traballo.
TI VERÁS
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros. Hoxe concursan: Carmen e Rubén, avoa e neto que veñen dende O Grove.
Motín a bordo
O capitán Willian Blight, excelente mariño e líder testán, faise cargo do mando no buque da armada inglesa Bounty e, contra os desexos da súa tripulación, conduce o barco a unha perigosa travesía arredor do cabo de Fornos. Tras superar as terribles tormentas da zona, o barco chega finalmente a Tahití, onde os seus mozos tripulantes descobren unha illa paradisíaca, con fermosas mulleres e clima temperado.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. A Banda da Loba será protagonista do ‘Zigzag diario’ desde mércores ás 20:30 h na G2. O grupo trae ao programa o seu agardado novo disco que chega logo dun ano afastadas dos escenarios para centrarse na súa produción. ‘Lovismo’ ten como fío condutor o amor nas súas múltiples formas de expresión, desde o desexo ata a maternidade ou o amor propio. No programa deste mércores tamén haberá tempo para a arqueoloxía coa presenza do colaborador do programa, Mario César Vila.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 29.01.2025
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 29.01.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
DANDO A NOTA: BANDA MUSICAL DO ROSAL
Coñecemos a Banda da Escola da Agrupación Musical do Rosal, unha formación de referencia no eido musical da vila do Rosal, en Pontevedra, creada co obxectivo de ofrecer formación musical integral á mocidade da comarca.
DETECTIVE CONAN, O: DETECTIVE CONAN 296
DETECTIVE CONAN, O: DETECTIVE CONAN 297
DETECTIVE CONAN, O: DETECTIVE CONAN 298
Shinichi Kudo é un afamado detective a quen uns homes enmascarados obrigan a inxerir unha apócema. Cando esperta, ten o corpo dun neno e, mentres busca un antídoto, adopta a identidade de Conan Edogawa: o detective Conan.
DETECTIVE CONAN, O: DETECTIVE CONAN 299
Shinichi Kudo é un afamado detective a quen uns homes enmascarados obrigan a inxerir unha apócema. Cando esperta, ten o corpo dun neno e, mentres busca un antídoto, adopta a identidade de Conan Edogawa: o detective Conan.
DETECTIVE CONAN, O: DETECTIVE CONAN 300
Shinichi Kudo é un afamado detective a quen uns homes enmascarados obrigan a inxerir unha apócema. Cando esperta, ten o corpo dun neno e, mentres busca un antídoto, adopta a identidade de Conan Edogawa: o detective Conan.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1605
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
NO FOCO: Adestradores de cans
Reportaxes de actualidade.
COMO GALEGOS!: Lucie, Yos e Khalifa
O programa da TVG coñecerá en primeiro lugar a Khalifa, un senegalés moi popular en Ourense, non só por ser unha das figuras clave no Keltia Rugby, senón tamén pola simpatía que reparte na cafetería da biblioteca da Universidade e no pub onde traballa. Pola súa parte, Yosmery veu a Santiago hai cinco anos para facer un master en docencia que lle interesaba especialmente para mellorar o seu traballo como decana dunha universidade a distancia do seu país, pero namorouse de Galicia e dun galego. Por último, “Como Galegos!” contará a historia de Lucie, unha checa que traballou por todo o mundo a bordo dun iate e que decidiu ficar na Ribeira Sacra.