TVG2 - CRTVG
NOSOUTRAS: NOSOUTRAS 2
Proxecto cultural que, a través de vídeos divulgativos, intenta poñerlles nome a todas aquelas mulleres que destacaron historicamente no mundo da cultura en Galicia ou que foron abrindo camiño para as novas xeracións de creadoras. Viaxou por todo o mundo, espertou a admiración de grandes mestres como Dalí ou Andy Warhol e foi sempre unha muller libre que dicía o que pensaba e facía o que quería en cada momento. Maruxa Mallo é unha das grandes artistas do movemento surrealista, e tamén unha icona da moda, como descubrirán os espectadores neste episodio.
CHICO CHICA BOUMBA: A seguridade ante todo
Santi non sabe como colocar a súa equipación nova e a competición está a piques de comezar.
DIARIO DE ALICE, O: En busca de Gertrude
Ana pregúntalle a Alice se colleu a roupa, pero está no medio de buscar a Gertrude, que se perdeu.
BLOQUES DE CORES: CARAPUCHIÑA VERMELLA
Púrpura decide representar ‘Carapuchiña Vermella’ e todos os bloques de cores o axudan
MIBOTS: A fotocopiadora
Os Mibots rouban nunha oficina unha fotocopiadora para experimentar como funciona.
BLOQUES DE CORES: ESCOLLE PARELLA
Os bloques de cores van bailar á pista de baile disco de D. J. Parrulo
O cordeiro Shaun: A instantánea
Na foto de familia do granxeiro alguén eliminou a Shaun accidentalmente.
O cordeiro Shaun: Sarabullo
É un deses días calorosos de verán na granxa e o rabaño necesita refrescarse urxentemente.
A ABELLA MAIA -3D: Willy vixía a colmea
Como todas as abellas, Willy ten que aprender a ser o gardián da colmea... pero non é precisamente o mellor momento.
OS BOLECHAS (OS BOLECHAS EXPLORADORES II): Capítulo 397
Coñece lugares incríbles da xeografía galega cuns intrépidos exploradores, Os bolechas.
IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: Urxencia Polastrix
Polastix é chamado para unha urxencia médico, pero debe ir con coidado, os druidas non poden ir á cidade.
SUPER 4 (TEMPADA 2): O UNICORNIO DO TERROR
As fadas acoden a Medievalia pedindo axuda porque na Illa Encantada hai un unicornio malvado que ameaza con destruílo todo e facer que a violencia e o odio se estendan por todas os sitios.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 28.01.2025
As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
CONTRAPTUS: O rateiro
Unha casa que pode loitar contra os ladróns. É a última idea do doutor Leonardo. E non pode esperar para probar todas as súas pequenas trampas. Quen podería ser o ladrón? Basil?
AQUELANDO CON CHISPA: A formación do universo
Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Cada capítulo xira arredor dun eixe temático, que vertebra un conxunto de seccións con contidos complementarios entre si e que levan a un grande experimento final. Experimentamos con conceptos da formación do universo, da expansión, do big bang.
LUCAS ETC: Capítulo 23
Todos están na casa menos Béné. De súpeto, soa o teléfono e unha muller descoñecida pregunta por Jean-François.
LUCAS ETC: Capítulo 24
Os Goossens preparan un espectáculo en que eles son os protagonistas.
SAKURA, CAZADORA DE CARTAS: CARDCAPTOR SAKURA 64
Sakura Kiomoto é unha nena de 10 anos que un día abre un estraño libro chamado ‘The Clow’ e libera as cartas que contiña no seu interior. Agora Sakura debe recuperalas todas para evitar que causen unha catástrofe.
NO FOCO: Atentado Clangor
Reportaxes de actualidade.
ERA VISTO!: A Lei Seca / Kevin expulsado / Requiem por Carmucha
Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán.
ERA VISTO!: Punto limpo / Asasino a soldo / As viaxes de Elvira
Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán.
ERA VISTO!: O muro / Kevin rampante / O día dos namorados
Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán.
ERA VISTO!: O home do tempo / Elvira comunista / Loita de poder
Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán. Moncho meteuse nun asunto no que non debería meterse: cun par de chupitos de máis, no Puskas atreveuse a dar a pedicción do tempo. / Na casa Kevin cóntalles aos pais que escolleu un libro para a clase de Comprensión lectora: 'O capital'. / Don Anselmo está nervioso está nervioso porque se presenta á reeleción de Presidente dos Empresarios de Lameiro.
ERA VISTO!: O perigo amarelo / O pixama / Parque temático
Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán. A moda do pixama e a iniciativa de montar un parque temático en Lameiro centran as historias do ‘Era Visto!’ deste mércores.
ERA VISTO!: O hórreo / O mellor programa do mundo / A troita
Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán. O hórreo de don Anselmo e o negocio de Moncho limpando o faiado da casa, protagonistas nos sketchs de ‘Era Visto!’.
CRIATURAS: A familia máis vacuna / Paseo canino / Sabela Arán e os seus cadelos / Máis que exótico
Criaturas é un docusoap que ofrece unha visión insólita do mundo animal. O programa amosa as relacións das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios e outros aspectos dos animais. Juan vai a Vilauxe en Chantada para visitar a granxa da familia Capón. / Acompañaremos á adestradora canina Marga Rodríguez de paseo cos seus canciños. / Sabela Arán presentaranos ás súas mascotas. / Coñeceremos ao camaléon Leandro.
CRIATURAS: Spa canino / Suso de Toro e Atila / Podoloxía equina
Criaturas é un docusoap que ofrece unha visión insólita do mundo animal. O programa amosa as relacións das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios e outros aspectos dos animais. Juan coidará das cabras dun cabreiro futbolista. / Asistiremos ao tratamento de relax que reciben unhas cadeliñas. / O escritor Suso de Toro preseéntanos á súa mascota. / Visitarmeos o centro hípico de Ardai.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 28.01.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 28.01.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
BONANZA: A aposta
Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe. Little Joe é a última esperanza da familia cando os Cartwright son acusados inxustamente dun atraco.
TI VERÁS
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros. Hoxe concursan polos 50,000 euros Salomé e Lucía de Ordes.
TRAES UNHA CANTIGA?: TRAES UNHA CANTIGA? E
Programa que pon en valor a música galega dándolle visibilidade a unha tradición moi nosa: os cantos de taberna. Percorrerá varias vilas galegas en busca das cantigas máis populares da música de taberna. A través dun concurso, tres grupos de cada vila defenderán ante un xurado que a súa cantiga entre na listaxe das máis coñecidas de toda Galicia.
CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 28.01.2025
Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid.
GRAZAS!: Capítulo 2
Presentado por Lucía Rodríguez, é o punto de encontro da solidariedade na TVG e narra historias de heroes anónimos de Galicia, mulleres e homes que estaban no lugar e no momento axeitados para salvar vidas, axudar nunha traxedia ou simplemente achegar esperanza. Os sobreviventes de dous dos accidentes de autobús máis tráxicos de Galicia, contan a súa historia. Fala tamén unha moza que tentou suicidarse.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 28.01.2025
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 28.01.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O CAMIÑO DE RAMÓN CHAO. TRALAS PEGADAS DE PRISCILIANO
Documental, unha homenaxe tamén ao escritor e xornalista Ramón Chao, que dalgún xeito fixo transmisor da pegada de Prisciliano. Mesmo escribiu unha novela sobre o herexe e fixo unha viaxe en moto seguindo os seus pasos. Agora Aser Álvarez fai o mesmo percorrido, pero moi ben acompañado.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
CABALEIROS DO ZODÍACO: HAI MOITAS LÚAS
O Cid vence o combate e o seu cosmos abre fendas no soño en que está somerxido Tenma, que consegue acordar, pero segue custodiado por Morfeo. Este atrapa a Tenma arrebatándoo das súas emocións, pero tras escoitar a voz de Alone, consegue derrotalo. Xunto a Tenma, o Cid chega ata a alma de Sisifo, pero aparece Oneiros, quen lles desvela que Sisifo segue prisioneiro por vontade propia, atormentado pola culpa de arrebatarlle a infancia a Sasha. O Cid abre unha fenda no mundo onírico para que poida entrar Sasha, pero Oneiros acaba fusionándose cos deuses derrotados.
CABALEIROS DO ZODÍACO: HAI MOITAS LÚAS
Despois de acabar con numerosos espectros e xusto cando ía acabar coa barreira, Hakurei é interceptado por Hypnos. Hakurei e o patriarca xuraron vingarse dos Deuses xemelgos por encerraren a Atenea na anterior guerra santa. No medio do combate contra o poder esmagador do deus, Shion e Yuzuriha aparecen e únense ao seu mestre. Hakurei promete protexer os seus discípulos e acabar co Deus do Sono.
CABALEIROS DO ZODÍACO: HAI MOITAS LÚAS
Hakurei desvela a súa técnica definitiva, concentra os cosmos dos seus compañeiros caídos na anterior guerra santa para lanzar un ataque final contra Hypnos e acaba con el. Nese momento, Hades en persoa aparece para impedir que destrúan a barreira. Tenma e Dohko únense á loita, pero os seus compañeiros están esgotados. Tenma consegue espertar a armadura divina de Pegaso e fere o Rei das tebras, pero segue sen ser rival. Dohko decide sacrificarse para que Shion consiga escapar con Tenma, Yato e Yuzuriha. De volta no santuario, Tenma xura que vai conseguir o poder para derrotar a Hades.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1604
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
GALICIA NOTICIAS PEZAS: Mindfulness
COMO GALEGOS!: COMO GALEGOS! IV 51
Hoxe no programa visitarán a Costa da Morte, Coruña e Carril.