TVG2 - CRTVG
CHICO CHICA BOUMBA: Chea de fariña
Zora está chea de fariña e non pode recibir así os seus convidados.
NO FOCO: Antón Lamazares
Reportaxes de actualidade
DIARIO DE ALICE, O: O segredo
Alice atopa un baúl antigo bastante misterioso pechado con chave. Que misterios pode agochar?
BLOQUES DE CORES: AZUL
Azul chega a Corlandia e empeza a descubrir este mundo que vai pintando coa súa cor
MIBOTS: A trompa
Os Mibots descobren un instrumento musical.
O cordeiro Shaun: Duro de roer
O rabaño está moi contento porque un afeccionado á ornitoloxía deixou o seu pito para patos na granxa.
O cordeiro Shaun: Misión incaixable
O granxeiro está absorto tentando instalar o seu novo ordenador e o rabaño aproveita para poñerse a xogar ao fútbol.
A ABELLA MAIA -3D: Que comece o espectáculo
Maia organiza un espectáculo de talentos para demostrar que todos teñen talento.
OS BOLECHAS (OS BOLECHAS EXPLORADORES II): Capítulo 393
Coñece lugares incríbles da xeografía galega cuns intrépidos exploradores, Os bolechas.
IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: A cabeza de Camulogen
Abraracúrcix entra nunha liorta polo que el considera unha gran ofensa.
SUPER 4 (TEMPADA 2): ROCK STAR
Rock Brock e Gene desaparecen durante unha expedición e ninguén sabe onde están.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 22.01.2025
As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia.
CONTRAPTUS: Asuntos familiares
Basil vai recibir a visita do seu curmán Gus.
CONTRAPTUS: Bos sentimentos
Os ánimos na casa de Leonardo están moi caldeados, e non paran de discutir.
PIM PAM EXPERIMENTA: Música
Os colexios CEIP San Tomé de Cambados e CEIP de Ponzos de Ferrol téñense que preparar para afinar.
LUCAS ETC: Capítulo 17
Pola autoestrada Lucas fai amizade virtual cunha nena holandesa que lle parece o amor da súa vida e buscan o xeito de encontrarse en persoa.
SAKURA, CAZADORA DE CARTAS: Sakura e unha querida amiga
Pasaron días dende que Shaoran empezou a sentir algo especial por Sakura, pero non pode abrirlle o seu corazón.
VIVIR AQUÍ: Galicia para traballar e para amar
Programa de reportaxes.
ERA VISTO!: San Xoán
Comedia familiar, en que prima o humor verbal dos personaxes orixinais do universo rural galego e en que destacan as conversas de Moncho coa súa contorna. En Lameiro non queren ser menos que na Choupana e deciden organizar a mellor festa de San Xoán da historia.
ERA VISTO!: Especial contos de medo II
Comedia familiar, en que prima o humor verbal dos personaxes orixinais do universo rural galego e en que destacan as conversas de Moncho coa súa contorna. Un gato chinés que concede desexos descubriralles aos espectadores que, ás veces, a peor das traxedias ocorre cando os nosos desexos se converten en realidade. Un gato chinés que concede desexos descubriralles aos espectadores que, ás veces, a peor das traxedias ocorre cando os nosos desexos se converten en realidade. Uns braquets malditos que pertenceron a un asasino en serie acaban na boca de Jessi, a sobriña de Carmucha. Moncho regálalle a Elvira un robot aspirador que resulta ser menos inofensivo do que parece.
ERA VISTO!: Atraco perfecto
Comedia familiar, en que prima o humor verbal dos personaxes orixinais do universo rural galego e en que destacan as conversas de Moncho coa súa contorna. No bar falan sobre as coberturas da póliza de seguros e a Moncho ocórrenselle ideas.
ERA VISTO!: O colchón
Comedia familiar, en que prima o humor verbal dos personaxes orixinais do universo rural galego e en que destacan as conversas de Moncho coa súa contorna. Carmucha cóntalle a Elvira que tivo que compar un colchón de categoría, o que usan todas as famosas. Na casa Elvira debate con Moncho a posibilidade de ter eles un novo tamén.
ERA VISTO!: Bocatas Puskas
Comedia familiar, en que prima o humor verbal dos personaxes orixinais do universo rural galego e en que destacan as conversas de Moncho coa súa contorna. Puskas busca un novo prato para o seu servizo de comidas.
ERA VISTO!: Furtivas
Comedia familiar, en que prima o humor verbal dos personaxes orixinais do universo rural galego e en que destacan as conversas de Moncho coa súa contorna. O outro día foron á praia e Elvira aburrida púxose a recoller navallas e agora está enganchada.
CRIATURAS: Problemas de saúde / María García e as súas criaturas / Cadeira de rodas para Iris
Reflicte o amor polo mundo animal nas súas múltiples vertentes e unha visión da relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios xunto con outros aspectos que proporcionarán unha información moi válida ao espectador. En Oirós aprenderemos todo sobre o manexo, acompañeros a Roi ao veterinario, coñeceremos as mascotas de María García e tamén á cadeliña Iris, cunha doenza que fai que poida precisar unha cadeira de rodas.
CRIATURAS: Mushing / Porco celta de Ancares / Pilar Pereira e Chola / Mundo ratuno
Reflicte o amor polo mundo animal nas súas múltiples vertentes e unha visión da relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios xunto con outros aspectos que proporcionarán unha información moi válida ao espectador. Nun monte de Santiago faremos mushing con cans adestrados, iremos ata Cervantes para ver cómo viven os porcos celta na montaña, coñeceremos a Chola, a cadeliña da actriz Pilar Pereira e descubriremos o mundo das ratas.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 22.01.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 22.01.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
BONANZA: O cortexo de Abigail Jones
Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe. Os rapaces Cartwright axudan a Hank a conquistar á mestra Abigail.
TI VERÁS
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros. Hoxe viñeron a concursar dende Ordes Javier e Carlos. Levarán o premio?
A QUE NON SABES QUEN VÉN CEAR ESTA NOITE ?
O proxectado casamento entre unha moza branca e un prestixioso doutor de raza negra terá que superar antes os recelos das súas respectivas familias. Malia que os seus respectivos pais están contra o segregacionismo, a realidade amósase un tanto diferente.
TAL COMO SOMOS: O mar
Programa documental que pretende amosar como cambiou Galicia durante as últimas décadas, como e hoxe en día e como constrúe o seu futuro. Na primeira entrega, o protagonista será o mar, que forma parte da esencia galega.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. María Ángeles Iglesias e Sergio Zearreta, directora e actriz da montaxe ‘As formas do amor’, visitan hoxe o estudio do programa 'Zigzag'.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 22.01.2025
Espazo informativo que recolle as novas máis importantes do día en clave de análise coa opinión de firmas de relevancia en Galicia que valoran a actualidade.
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 22.01.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
DANDO A NOTA: Banda Xuvenil de Lalín
Programa que dá a coñecer as actividades e o día a día das bandas de música. Inclúe entrevistas a diferentes personalidades, ademais de amosar a historia de cada banda desde o punto de vista dos seus fundadores. Os espectadores coñecerán esta noite a Banda Xuvenil de Vilatuxe, unha agrupación vibrante e chea de enerxía, formada por rapaces e rapazas que atopan na música unha canle para desenvolver a súa creatividade e disciplina. Situada na parroquia de Vilatuxe, en Lalín, esta banda é un símbolo do compromiso coa cultura musical na comarca do Deza.
DANDO A NOTA: Chiquiband da Limia
Programa que dá a coñecer as actividades e o día a día das bandas de música. Inclúe entrevistas a diferentes personalidades, ademais de amosar a historia de cada banda desde o punto de vista dos seus fundadores. A protagonista será a Chiquiband da Agrupación Musical da Limia, unha formación única composta por nenos e nenas da comarca que dan os seus primeiros pasos no mundo da música.
DETECTIVE CONAN, O: DETECTIVE CONAN 286
Shinichi Kudo é un afamado detective a quen uns homes enmascarados obrigan a inxerir unha apócema. Cando esperta, ten o corpo dun neno e, mentres busca un antídoto, adopta a identidade de Conan Edogawa: o detective Conan.
DETECTIVE CONAN, O: DETECTIVE CONAN 287
Shinichi Kudo é un afamado detective a quen uns homes enmascarados obrigan a inxerir unha apócema. Cando esperta, ten o corpo dun neno e, mentres busca un antídoto, adopta a identidade de Conan Edogawa: o detective Conan.
DETECTIVE CONAN, O: DETECTIVE CONAN 288
Shinichi Kudo é un afamado detective a quen uns homes enmascarados obrigan a inxerir unha apócema. Cando esperta, ten o corpo dun neno e, mentres busca un antídoto, adopta a identidade de Conan Edogawa: o detective Conan.
DETECTIVE CONAN, O: DETECTIVE CONAN 289
Shinichi Kudo é un afamado detective a quen uns homes enmascarados obrigan a inxerir unha apócema. Cando esperta, ten o corpo dun neno e, mentres busca un antídoto, adopta a identidade de Conan Edogawa: o detective Conan.
DETECTIVE CONAN, O: DETECTIVE CONAN 290
Shinichi Kudo é un afamado detective a quen uns homes enmascarados obrigan a inxerir unha apócema. Cando esperta, ten o corpo dun neno e, mentres busca un antídoto, adopta a identidade de Conan Edogawa: o detective Conan.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1598
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
COMO GALEGOS!: Eric, Roberta e Natalia
Eric é unha das estrelas da mítica orquestra Los Satélites. Fillo e irmán de cantantes, agora tamén é pai de artista, posto que a súa filla pequena é unha apaixonada da música e cantarán xuntos no programa por primeira vez en televisión. De Brasil veu Roberta hai sete anos para completar os seus estudos de Xornalismo. Agora está inmersa na parte final do seu doutoramento, ao tempo que colabora puntualmente con medios brasileiros con reportaxes sobre turismo en España. O caso de Natalia é ben distinto. Primeiro estivo facendo prácticas de pastelaría con Berasategui no País Vasco e despois mudouse a Barcelona, onde coñeceu unha galega que a convenceu para vir.