TVG2 - CRTVG
NO FOCO: Atentado Clangor
Reportaxes de actualidade
CHICO CHICA BOUMBA: O apuntador
Os actores da compañía de teatro esqueceron os seus papeis e Delia quere axudalos.
DIARIO DE ALICE, O: Precísase unha estrela
Despois de ser premiada cunha estrela por cumprir unha tarefa na escola, Alice non deixa de querer máis para o que faga.
BLOQUES DE CORES: A xira de colorear de vermello
Vermello vai de xira cos seus amigos para amosarlles onde coloreou cousas por primeira vez
BLOQUES DE CORES: Unha viaxe colorida
Os bloques de cores viaxan por Corlandia nunha aeronave e van recollendo amigos novos polo camiño, mentres lembran todas as cousas marabillosas que aprenderon.
MIBOTS: A máquina de videoxogos
Os Mibots descobren unha máquina de videoxogos.
O cordeiro Shaun: O corvo
A noite vai caer e Bitzer xunta e prepara ao rabaño para ir durmir, pero de súpeto aparece un ruidoso intruso que llo impide.
O cordeiro Shaun: Shaun, o fuxitivo
O granxeiro descobre que Shaun é o culpable dos roubos de tortas que estivo sufrindo.
A ABELLA MAIA -3D: Libélula express
Unha pequena libélula esqueceu a quen lle ten que entregar un paquete.
OS BOLECHAS (OS BOLECHAS EXPLORADORES II): Capítulo 392
Coñece lugares incríbles da xeografía galega cuns intrépidos exploradores, Os bolechas.
IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: IDEAFIX AND THE INDOMITABLES 40
Camiñando polo Sena, os Irredutibles observan como os romanos limpaban as beiras do río coa intención de construír un complexo turístico.
SUPER 4 (TEMPADA 2): EQUILIBRIOS
Rock Brock atopa un cetro máxico e, ao collelo, provoca que todos os habitantes das illas intercambien as súas personalidades.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 21.01.2025
As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
CONTRAPTUS: Re-Evolución
Para Leonardo, Basil deixa moito que desexar como axudante.
CONTRAPTUS: A mala sorte
Leonardo quere demostrarlle a Basil que a mala sorte non existe.
PIM PAM EXPERIMENTA: A viscosidade
O CEIP Santa Mariña de Vigo e o CEIP San Tomé de Cambados aprenden a elaborar Slime.
LUCAS ETC: Capítulo 14
Lucas e Swing xogan ao fútbol nun campo dunha banda á que non lle gusta compartir.
LUCAS ETC: Capítulo 15
É o aniversario de Lucas e, na casa, fanlle unha festa sorpresa.
SAKURA, CAZADORA DE CARTAS: Sakura, Tomoyo e a trampa de bolas
Despois de romper o selo dun libro máxico e liberar os espíritos das cartas, Sakura convértese nunha cazadora de cartas para recuperalas.
ERA VISTO!: A molladura solitaria
'Era Visto!', inspirado en historias e personaxes do universo rural galego, é unha proposta de humor costumista, un xeito diferente de achegarlle ao gran público unha comedia familiar, en que destacan as conversas de Moncho (Federico Pérez), un pai de familia que intenta afacerse aos cambios da sociedade, coa súa contorna. A moda de mollarse con auga e colgar as imaxes na rede xa chegou a Lameiro.
ERA VISTO!: 'A herdanza'
Comedia familiar, en que prima o humor verbal dos personaxes orixinais do universo rural galego e en que destacan as conversas de Moncho coa súa contorna. Morreu a tía Elena de Arxentina, e Moncho pensa que igual lles deixou unha herdanza.
ERA VISTO!: Minijobs
Comedia familiar, en que prima o humor verbal dos personaxes orixinais do universo rural galego e en que destacan as conversas de Moncho coa súa contorna. Kevin pide cartos para ir de botellón e os pais dinlle que busque un traballo.
ERA VISTO!: A segunda voda
Comedia familiar, en que prima o humor verbal dos personaxes orixinais do universo rural galego e en que destacan as conversas de Moncho coa súa contorna.
ERA VISTO!: O aseo de convidados
Comedia familiar, en que prima o humor verbal dos personaxes orixinais do universo rural galego e en que destacan as conversas de Moncho coa súa contorna. Elvira vai onde Carmucha e cóntalle que está a facer un aseo de invitados. E agora ela tamén quere ter un.
ERA VISTO!: Kevin Masterchef
Comedia familiar, en que prima o humor verbal dos personaxes orixinais do universo rural galego e en que destacan as conversas de Moncho coa súa contorna. Kevin anda enganchado aos programas de televisión de cociña.
CRIATURAS
Reflicte o amor polo mundo animal nas súas múltiples vertentes e unha visión da relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios xunto con outros aspectos que proporcionarán unha información moi válida ao espectador.
CRIATURAS: Como cabras / Cans terapia / Maret e Lúa / Vida exótica
Reflicte o amor polo mundo animal nas súas múltiples vertentes e unha visión da relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios xunto con outros aspectos que proporcionarán unha información moi válida ao espectador. En Castrocaldelas visitremos unha granxa, iremos de visita á ludoteca da asociación Hoy por mañana, a cantante maret presentaranos á súa gata Lúa e coñeceremos criaturas exóticas.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 21.01.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 21.01.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
BONANZA: A navalla
Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
TI VERÁS
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
VIVIR AQUÍ: Cinco cabanas de cinco cores
Programa de reportaxes.
CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 21.01.2025
Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid.
GRAZAS!
Presentado por Lucía Rodríguez, é o punto de encontro da solidariedade na TVG e narra historias de heroes anónimos de Galicia, mulleres e homes que estaban no lugar e no momento axeitados para salvar vidas, axudar nunha traxedia ou simplemente achegar esperanza.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O cultural 'ZigZag' conversa hoxe no estudio co escritor e xornalista Daniel Salgado sobre a súa nova obra ‘Poemas realistas’.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 21.01.2025
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 21.01.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
LINATAKALAM: O futuro de Oumaima
A arte de Linatakalam é a arte do diálogo, da conversa, do entendemento a través do respeto e a palabra. A narradora, Zoubaida El Fathi, segue a ruta de Linatakalam a través de Sicilia, Istambul, Exipto, Marrocos, España, Túnez... invitando ao diálogo. Este capítulo achégase aos nenos e nenas que medran nos países do Mediterráneo.
CABALEIROS DO ZODÍACO: HAI MOITAS LÚAS
Manigoldo demostra ser superior a Verónica, pero este ten o don da inmortalidade, así que o cabaleiro decide teletransportalo ao alén. Manigoldo, discípulo do patriarca, vive co único obxectivo de vingarse do Deus da morte, Thanatos. Consegue vencer o combate atacando directamente a alma de Verónica, pero o espectro inmólase no último momento. Ao final, desde o mesmo pozo do inferno aparece un portal na residencia dos Deuses xemelgos polo que sae Manigoldo con sede de vinganza.
CABALEIROS DO ZODÍACO: HAI MOITAS LÚAS
O duelo entre O Cid e Iquelo parece que ten un claro vencedor. Dándoo por morto, e quedando co trofeo do brazo do cabaleiro, os Deuses dos soños reciben a encomenda de facer prisioneiros o corpo e a alma de Tenma. O cabaleiro acorda nun soño ideal, onde está de novo ao lado de Sasha e Alone. Mentres, descubrimos que O Cid finxiu a súa derrota para poder perseguir os espectros ata o mundo onírico. Despois de derrotar a Fantaso, consegue que Tenma acorde, pero continúa atrapado no mundo onírico. Iquelo descobre que o Cid segue vivo e decide atacalo.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1597
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
GALICIA NOTICIAS PEZAS: Picadillo
Programa informativo Galicia noticias pezas.
COMO GALEGOS!: Nadia, Simonette e Mélida
A viaxe desta semana comeza en Mondoñedo. Hai que ir ben vestidos e preparados para facer a mellor reverencia, xa que alí recibirá o equipo do programa a mesmísima marquesa de Padua. Aínda que ten sangue nobre, Simonetta non naceu para levar unha vida aristocrática: é a primeira muller que traballa na catedral de Mondoñedo e tamén lle gusta traballar na horta.