TVG2 - CRTVG
CHICO CHICA BOUMBA: CHICO CHICA BOUMBA 5
DIARIO DE ALICE, O: O planeta de Alice
Alice non quere durmir, polo que vai ao planeta Alice, onde non hai regras e tampouco hai lúa.
BLOQUES DE CORES: Claro e escuro
Verde organiza un grande espectáculo de maxia para presentar os seus novos tons de verde.
BLOQUES DE CORES: Rosa
Rosa chega a Corlandia e empeza a facerse preguntas sobre si mesmo.
MIBOTS: A aspiradora
Os Mibots descobran que é unha aspiradora.
AXENTE BINKY, PROTECTOR DO UNIVERSO: A receita da sopa
Humano Pequeno constipouse e Binky pregúntase que é iso.
SHAUN THE SHEEP S.2: Prohibido bailar
A intelixencia dun cordeiro fronte a inefabilidade humana. Todos temos algo de ritmo musical que de cando en vez temos que amosar.
A ABELLA MAIA -3D: A cabana de Henry
Maia é unha abella moi curiosa á que lle gusta descubrir cousas novas. Xunto ao seu amigo Willi vivirá unha chea de aventuras moi emocionantes.
OS BOLECHAS (OS BOLECHAS EXPLORADORES II): OS BOLECHAS XIV (OS BOLECHAS EXPLORADORES II) 405
Coñece lugares incríbles da xeografía galega cuns intrépidos exploradores, Os bolechas.
IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: Filetes na cova de Gamarús
Os Irreducibles descobren que o prefecto Astuto enganchou ao druida Amnesix para obrigalo a elaborar unha poción que o converta en Lentix, o gran cantante aclamado polos lutecianos, para que poida vivir a vida dun artista coa que sempre soñou.
SUPER 4 (TEMPADA 2): Super 3
Os Super 4 son heroes que viven aventuras no mundo Playmobil. Faísca elabora unha poción que lle dá á raíña das fadas para que deixe de ser unha ra. A poción fai o efecto esperado e a raíña, agradecida, dálle un posto de honra a Faísca que a obriga a quedar no palacio.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 20.12.2024
Análise da actualidade informativa.
CAFÉ SEN GOTAS: CAFÉ SEN GOTAS 285
Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento.
CONTRAPTUS: O duplicador
Léonard é un inventor estrafalario pero cheo de sabiduría ao que lle gusta probar as súas innovacións co seu discípulo Basile. Abride ben os vosos ollos e admirade o que o espírito máis grande deste planeta creou. Aquí está o Duplicador! Multiplica a materia, nada menos.
CONTRAPTUS: Pizza Leonarda
Cando a ciencia vos chama a crear, por que parar para comer? En realidade, habería que inventar un prato que se poida comer sen cubertos. Que se poida saborear mentres se camiña.
PIM PAM EXPERIMENTA: Os fluídos
Que colexio sabe máis de ciencia? O CEIP Vista Alegre (Burela) e o Anxo da Garda (A Coruña) enfróntanse en catro probas.
LUCAS ETC: Capítulo 25
Lucas vai vivir coa súa nai, Bénédicte, á casa da nova parella dela, Jeff Goossens. Alí tamén viven os tres fillos de Jeff e o seu pai, Alphonse. Lucas dubida pero finalmente participa no espectáculo dos Goossens.
SAKURA, CAZADORA DE CARTAS: Sakura e o espertar da Chave da Estrela
Despois de romper o selo dun libro máxico e liberar os espíritos das cartas, Sakura convértese nunha cazadora de cartas para recuperalas.
SAUDADE DE TI: Capítulo 178
Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Gaspar sabe que Natalia non vai marchar de Abrente.
SAUDADE DE TI: Capítulo 179
Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Natalia vai ter pechado o porto durante cinco anos e Adela suxire mudar a empresa.
SAUDADE DE TI: Capítulo 180
Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Celia dáse de conta de que está namorada de Santi.
ERA VISTO!: O tanatorio / A mariconera / Kevin vexetariano
Inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Un pai de familia, Moncho; a súa muller, Elvira; o fillo adolescente, Kevin; o xefe despótico, Anselmo; e os amigos bardallas, Lino o carteiro e Puskas, o dono do bar.
CRIATURAS
Reflicte o amor polo mundo animal nas súas múltiples vertentes e unha visión da relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios xunto con outros aspectos que proporcionarán unha información moi válida ao espectador.
CRIATURAS
Reflicte o amor polo mundo animal nas súas múltiples vertentes e unha visión da relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios xunto con outros aspectos que proporcionarán unha información moi válida ao espectador.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián. Informativo de proximidade que lle achega á audiencia as noticias máis próximas que aconteceron no día.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 20.12.2024
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 20.12.2024
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
BONANZA: A rareza de Burma
Serie. No estado de Nevada, ó sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
O TEMPO
TI VERÁS
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
LARPEIROS DIPLOMADOS: LARPEIROS DIPLOMADOS 5
Aspirantes a formar parte do club de 'Larpeiros Diplomados' terán que demostrar as súas habelencias e simpatía na cociña. Adrián Díaz escapa da casa dos “Larpeiros” para coñecer moitos lambóns que cociñan nas súas casas e gozan arredor da mesa convidando amigos e familiares. Dúas mulleres de Vila de Cruces, novas aspirantes ao título de 'larpeiras dipolomadas' coa súa arte na cociña.
SOÑO CONTIGO: SOÑO CONTIGO 10
Espazo presentado por Alba Mancebo e o personaxe de Liciña, que emprega as novas tecnoloxías ao servizo de formatos audiovisuais inéditos. A vista de dron, amósalle á audiencia da TVG a paisaxe e os costumes galegos. Alba Mancebo celebra o Samaín descubrindo lugares que tiveron un pasado glorioso pero, nos que o abandono e o vandalismo, converteron en lugares de medo. Visitalos supón un reto que lle propoñen Liciña e os seus novos compañeiros artificiais, GALGPT e Iaguiño, un grupo de tres drons con moita personalidade e únicos no panorama televisivo.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. 'Zigzag' achegarase hoxe aos novos discos da banda IGMIG e da cellista Margarida Mariño.
GRANDES LUGARES: Roimil, Zobra, Rimo
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 20.12.2024
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
TRAIZÓN EN FORT KING
Un mozo militar chega a Florida coa intención de asinar un tratado de paz coas tribus indias da zona. Os seus métodos serán cuestionados por outros oficiais e terá que se enfrontar a un consello de guerra acusado de asasinato e traizón ao exército americano.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. 'Zigzag' achegarase hoxe aos novos discos da banda IGMIG e da cellista Margarida Mariño.
VIVIR AQUÍ: Mestres de presente e futuro
Programa de reportaxes. O programa estará hoxe coas mestras e mestres galegos recoñecidos nos Premios Educa, que valoran a excelencia do profesorado.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1565
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
GALICIA NOTICIAS PEZAS: Cachena evita broza
COMO GALEGOS!: Peter, Victoria e Spencer
Programa de entretemento, en que tres estranxeiros de distintas nacionalidades e que viven en tres localidades diferentes de Galicia contan os motivos polos que deixaron a súa terra e decidiron quedar a vivir en Galicia.