div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

CHICO CHICA BOUMBA: CHICO CHICA BOUMBA 3

07:05 h

DIARIO DE ALICE, O: O dragón ben educado

Alice confesa que non se sente cómoda sen facer todo o que está afeita na casa.

07:05 h

BLOQUES DE CORES: Carapuchiña vermella

Púrpura decide representar ‘Carapuchiña Vermella’ e todos os bloques de cores o axudan.

07:10 h

BLOQUES DE CORES: Escolle parella

Os bloques de cores van bailar á pista de baile disco de D. J. Parrulo.

07:15 h

MIBOTS: A trompa

Os Mibots descobren un instrumento musical.

07:25 h

AXENTE BINKY, PROTECTOR DO UNIVERSO: Cascudas non gratas

Gracie perde o seu asubío dentro do cuarto desordenado de Humano Pequeno.

07:35 h

SHAUN THE SHEEP S.2: Que noite!

Cando rompe o teito do cortello das ovellas, a choiva empeza a entrar. As ovellas buscan terra seca, pero só a atopan na corte, e está celosamente custodiada polos porcos.

07:40 h

A ABELLA MAIA -3D: En busca do esterco perdido

Maia é unha abelliña moi curiosa á que lle gusta descubrir cousas novas. Xunto ao seu inseparable amigo Willi vivirá unha chea de aventuras emocionantes.

07:55 h

OS BOLECHAS (OS BOLECHAS EXPLORADORES II): OS BOLECHAS XIV (OS BOLECHAS EXPLORADORES II) 403

Coñece lugares incríbles da xeografía galega cuns intrépidos exploradores, Os bolechas.

08:05 h

IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: A namorada de Lutecia

Ideafix, o can de Obélix, é o encargado de defender a Lutecia da ocupación romana xunto cos seus irredutibles compañeiros.

08:15 h

SUPER 4 (TEMPADA 2): Faísca, raíña dos piratas

Barbaquenlla convence a Faísca de que é descendente da raíña dos piratas. A fada, entusiasmada, convértese nunha pirata porque pensa que se lle vai dar mellor que ser fada.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 18.12.2024

Análise da actualidade informativa.

09:30 h

CONTRAPTUS: Capítulo 25

Léonard é un inventor estrafalario pero cheo de sabiduría ao que lle gusta probar as súas innovacións co seu discípulo Basile.

09:35 h

CONTRAPTUS: Capítulo 26

Léonard é un inventor estrafalario pero cheo de sabiduría ao que lle gusta probar as súas innovacións co seu discípulo Basile.

09:45 h

PIM PAM EXPERIMENTA: Os fluídos

Que colexio sabe máis de ciencia? O CEIP Vista Alegre (Burela) e o Anxo da Garda (A Coruña) enfróntanse en catro probas.

10:10 h

LUCAS ETC: Capítulo 21

A rapazada da casa ofrécese a facer a compra... e fano á súa maneira.

10:15 h

LUCAS ETC: Capítulo 22

Lucas dille á súa nai que marcha co pai, pero non é certo.

10:25 h

SAKURA, CAZADORA DE CARTAS: Que Nadal marabilloso!

Despois de romper o selo dun libro máxico e liberar os espíritos das cartas, Sakura convértese nunha cazadora de cartas para recuperalas.

10:50 h

SAUDADE DE TI: Capítulo 168

Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Debido á súa operación de miopía, Santi continúa cos ollos vendados e a súa nai ten que coidar del. Durante ese tempo, Chelo deuse de conta de que o seu fillo segue namorado de Celia e advírteo da posible desilusión que pode sufrir.

11:20 h

SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI IV 169

Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Belén tivo que ser ingresada por deshidratación e a sala de espera do centro de saúde está ateigada de pacientes con síntomas de gastroenterite pola contaminación da auga. Celia vese desbordada e Raúl aparece buscando medicación para Adela. A doutora pídelle paciencia, pero el insiste en que ten que atender a súa nai.

11:45 h

SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI IV 170

Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Lucho decide enfrontarse ao seu pai para que este pague a residencia de súa nai e así poder continuar cos plans de adopción que tiña con Elba.

12:20 h

SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI IV 171

Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Natalia descobre a seu pai morto no despacho e Brais trata de consolala. Cando Mónica recibe a noticia do falecemento de Óscar, Adela revélalle que Osorio pensaba recoñecela como filla. Mónica decide seguir adiante con ese proceso e aproveitar a defunción para recuperar o control sobre as obras do porto.

12:55 h

SAUDADE DE TI: Capítulo 172

Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Mónica séntese excluída das decisións da familia López de Castro e pensa reclamar parte da herdanza de Óscar Osorio a través dunha proba de ADN. Para evitar isto, Natalia está decidida a cremar a seu pai en lugar de enterralo. Brais trata de persuadir a súa moza para que tome a decisión correcta. Isidro sospeita que o falecemento de Osorio non foi por causas naturais.

13:30 h

CRIATURAS: Avances médicos e tecnolóxicos

Reflicte o amor polo mundo animal nas súas múltiples vertentes e unha visión da relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios xunto con outros aspectos que proporcionarán unha información moi válida ao espectador. "Criaturas" será testemuña hoxe dos avances médicos e tecnolóxicos no rural, pois tamén ao medio natural chegan as últimas aplicacións en materia científica, como por exemplo o caso que se recolle, en que se comprobará como se fan diagnósticos dixitais "a domicilio" para cabalos. Noutro campo, desde Chantada (Lugo), o programa seguirá as pegadas dun gandeiro e as súas vacas para ver como viaxan á exhibición da marca "Rubia Galega" que se desenvolve en Silleda, feira cara a onde se dirixen para concursar un ano máis nesta categoría.

14:25 h

CRIATURAS: Adestramento dun can de asistencia

Reflicte o amor polo mundo animal nas súas múltiples vertentes e unha visión da relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios xunto con outros aspectos que proporcionarán unha información moi válida ao espectador. Esta semana en "Criaturas", Alejandro Macías acompañará o educador de cans Octavio Villazala, cun cometido moi especial: seguir todo o proceso de adestramento dun can de asistencia un pouco rebelde.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián. Informativo de proximidade que lle achega á audiencia as noticias máis próximas que aconteceron no día.

15:20 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 18.12.2024

Presenta Marta Darriba.

16:05 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 18.12.2024

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

16:20 h

O TEMPO

16:30 h

BONANZA: Os soñadores

Serie. No estado de Nevada, ó sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.

17:15 h

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

18:20 h

EU QUERO SER: Fuco Reyes

Programa, presentado por Inma Morandeira, que se dirixe aos colexios co gallo de coñecer os soños profesionais dos rapaces para darlles a oportunidade de experimentalos por un día coa axuda dalgún profesional galego de éxito. Hoxe o programa visita co fotógrafo Fuco Reyes o Colexio La Salle, onde iniciara os seus estudos.

19:15 h

VIVIR AQUÍ: A historia agarda no mesón

Programa de reportaxes.

19:30 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.

19:30 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O espazo conversa hoxe coa poeta Marta Dacosta, autora de ‘Papaventos abismados’, e co cineasta Javier Macipe, director da película ‘La estrella azul’.

19:55 h

FÚTBOL SEGUNDA DIVISIÓN RFEF: Bergantiños C. F.-R. C. Deportivo Fabril

En directo.

21:55 h

AXUSTES DEPORTES PUNTUAIS 2024: Epic Race Pontevedra

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 18.12.2024

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

22:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

22:55 h

XOGO DE ACORDES: Grandes coros de ópera (I) (Sinf. Melide)

23:45 h

XOGO DE ACORDES: Grandes coros de ópera II (Sinf. Melide)

00:25 h

DETECTIVE CONAN, O: DETECTIVE CONAN 279

00:50 h

DETECTIVE CONAN, O: DETECTIVE CONAN 280

01:15 h

DETECTIVE CONAN, O: DETECTIVE CONAN 281

01:35 h

DETECTIVE CONAN, O: DETECTIVE CONAN 282

02:05 h

DETECTIVE CONAN, O: DETECTIVE CONAN 283

02:30 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1563

Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

06:00 h

COMO GALEGOS!: Fran, Grigore e Perla

Programa de entretemento, en que tres estranxeiros de distintas nacionalidades e que viven en tres localidades diferentes de Galicia contan os motivos polos que deixaron a súa terra e decidiron quedar a vivir en Galicia.

div-crtvg-top2

Publicidade