div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

DIARIO DE ALICE, O: O planeta de Alice

Alice non quere durmir, polo que vai ao planeta Alice, onde non hai regras e tampouco hai lúa.

07:00 h

BLOQUES DE CORES: Verde

Verde chega a Corlandia e empeza a descubrir este mundo novo.

07:05 h

MIBOTS: O reloxo espertador

Os Mibots descobren para que serve un reloxo espertador.

07:15 h

AXENTE BINKY, PROTECTOR DO UNIVERSO: Capítulo 103

A serie segue as aventuras de Binky, un gato doméstico que é ademais un axente espacial coa misión de protexer a súa familia humana de calquera ameaza interestelar. Para iso conta coa axuda de catro mascotas: un can ben simpático chamado Gordon, o peixe retranqueiro Loo, unha doce tartaruga de nome Nola e a gata dos veciños, a capitá Gracie.

07:30 h

A ALDEA ENFEITIZADA DE PINOCCHIO: A cabana abandonada

Pinocho descobre unha cabana abandonada, pero Volpek decide gardala. Actuando como "Rei da cabana", o raposiño invita a todos os amigos a entrar.

07:40 h

ROBIN DOS BOSQUES. FALCATRÚAS EN SHERWOOD: Hood pequeno

Robin de Locksley, con tan só 10 anos, é un heroe valente e cheo de enerxía, que vive miles de aventuras xunto aos seus amigos, cos que sempre pode contar para enfrontarse ás tretas do Príncipe John.

07:55 h

OS BOLECHAS (OS BOLECHAS EXPLORADORES II): Capítulo 397

Coñece lugares incríbles da xeografía galega cuns intrépidos exploradores, Os bolechas.

08:05 h

IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: Lutecia II

Para promover a modernidade romana en Lutecia, Semblangrópio pon en marcha o proxecto "Lutecia II", un novo tipo de tenda no que os produtos se elixen por catálogo e se reciben no fogar. A política comercial de "se non quedas satisfeito, devolvémosche os cartos" convence, nun principio, os galos, pero os Irredutibles fanlles ver a mala fe dos romanos, e deciden volver comprar aos seus provedores galos de sempre.

08:15 h

SUPER 4 (TEMPADA 2): Somos xoguetes

Sykronior quere destruír a Terra cun meteorito xigante. Os nosos heroes van intentar evitar a destrución do planeta, pero non lles vai ser doado porque o sobriño de Sykronior anda sempre polo medio.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 10.12.2024

Análise da actualidade informativa.

09:30 h

CONTRAPTUS: Capítulo 17

Léonard é un inventor estrafalario pero cheo de sabiduría ao que lle gusta probar as súas innovacións co seu discípulo Basile.

09:35 h

A ABELLA MAIA -3D: O xardín de Maia

Will descubriu unhas flores marabillosas cun pole tan rico que non quere compartilas con ninguén

09:50 h

A ABELLA MAIA -3D: Max namórase

Max namora dunha eiruga. Son moi diferentes e non poden facer as mesmas cousas, pero esfórzanse. Pronto, a eiruga convértese nunha preciosa bolboreta, pero Max segue esforzándose por tratar de compartir divertidos momentos con ela.

10:00 h

PIM PAM EXPERIMENTA: Capítulo 20

Que colexio sabe máis de ciencia? O CEIP San Martiño de Pontevedra e o CEIP Lamas de Abade de Santiago de Compostela compiten.

10:25 h

LUCAS ETC: Capítulo 13

Lucas vai vivir coa súa nai, Bénédicte, á casa da nova parella dela, Jeff Goossens. Alí tamén viven os tres fillos de Jeff e o seu pai, Alphonse. Lucas e Nathan perden o autobús e collen a bicicleta de Lucas para dar chegado á hora á clase.

10:30 h

SAKURA, CAZADORA DE CARTAS: Sakura e a pastelería

Despois de romper o selo dun libro máxico e liberar os espíritos das cartas, Sakura convértese nunha cazadora de cartas para recuperalas.

11:00 h

SAUDADE DE TI: Capítulo 138

Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Celia pídelle a Raúl que marche da casa, xa que podería ser traumático para o seu pai comprobar que viven xuntos, e Teresa está preocupada porque cre que Elba non quere ter fillos.

11:30 h

SAUDADE DE TI: Capítulo 139

Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Os seguidores de 'Saudade de ti' verán hoxe como Pedro lle ofrece a Mónica traballar xuntos contra o inimigo que teñen en común: Óscar Osorio. A Isidro estalle resultando moi difícil adaptarse á súa nova realidade, ata o punto de que Belén comeza a valorar a idea de abandonar Abrente para non obstaculizar a súa recuperación.

12:00 h

SAUDADE DE TI: Capítulo 140

Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente.

12:35 h

SAUDADE DE TI: Capítulo 141

Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente.

13:10 h

SAUDADE DE TI: Capítulo 142

Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente.

13:45 h

CRIATURAS

Reflicte o amor polo mundo animal nas súas múltiples vertentes e unha visión da relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios xunto con outros aspectos que proporcionarán unha información moi válida ao espectador. Un 'Criaturas' con moito tesón e empeño afronta varios cometidos que requiren o esforzo de todo o equipo, para empezar polo seu presentador, Alejandro Macías, que se poñerá na pel de asistente de parto para axudar a unha vaca que pasa por certas dificultades. Outro punto de atención do programa estará na Ribeira Sacra, onde están a vendimar, para comprobar se o burro Requichado ten suficientes folgos para aturar unha xornada de duro traballo.

14:10 h

CRIATURAS

Reflicte o amor polo mundo animal nas súas múltiples vertentes e unha visión da relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios xunto con outros aspectos que proporcionarán unha información moi válida ao espectador. Alejandro Macías vivirá en primeira persoa a recollida de algas mariñas que seguen a facer en Ortigueira coa axuda dos seus burros, xa que é o único xeito de baixar ás praias de acceso difícil. Tamén os telesespectadores terán a oportunidade de coñecer os membros de Protección Civil da Estrada, que, ante a proximidade dos exames nacionais de rescate, deben adestrar duro cos seus cans se queren estar á altura das probas.

14:35 h

CRIATURAS

Reflicte o amor polo mundo animal nas súas múltiples vertentes e unha visión da relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios xunto con outros aspectos que proporcionarán unha información moi válida ao espectador. O programa irá hoxe de pastoreo cun cabreiro moi especial, un angolano que sobe todos os días ao monte as ovellas e as cabras dos seus veciños. O espazo presentado por Alejandro Macías coñecerá tamén o cadeliño Chispa, que é quen de superar o quirófano aos seus anos e cos problemas que padece de corazón. Outras temáticas do programa virán da man do cabalo Sol que nos levará ata unha gran celebración, xa que 'Criaturas' irá de voda.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Sevi Martínez.

15:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 10.12.2024

Presenta Marta Darriba.

16:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 10.12.2024

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

16:25 h

O TEMPO

16:35 h

BONANZA: O rival

Serie. No estado de Nevada, ó sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.

17:20 h

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

18:25 h

A VOLTAS COA MÚSICA: A VOLTAS COA MÚSICA 8

Cinco concursantes deberán superar diferentes probas relacionadas coa música, mentres dan voltas sobre si mesmos nun disco que non para de xirar. Presentado por Luís Piedrahita.

20:05 h

MUSIGALITÉ: Raíñas de pobo

Por un lado, visitará a cantautora coruñesa Silvia Penide e a picadiscos e produtora ourensá Cora Novoa, un dos valores da música electrónica actual, e, polo outro, estará co grupo Igloo, un clásico da escena indie que sufriu constantes transformacións nos últimos anos e que ten traballo recente.

21:00 h

A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 10.12.2024

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 10.12.2024

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

22:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

23:25 h

LINATAKALAM: O ouro do futuro

A arte de Linatakalam é a arte do diálogo, da conversa, do entendemento a través do respeto e a palabra. A serie iníciase á beira de Istambul, con este capítulo sobre o Mare Nostrum, o mar dunha soa beira, no que conviven cinco centos millóns de persoas. Desde Alexandría o Escandiriya, o Faro que foi unha das sete marabillas da Antigüidade, segue iluminando a alianza de culturas e civilizacións. O Faro é hoxe a Nova Biblioteca de Alexandría, punto de referencia na xeografía de Linatakalam. A narradora, Zoubaida El Fathi, segue a ruta de Linatakalam a través de Sicilia, Istambul, Exipto, Marrocos, España, Túnez... invitando ao diálogo.

23:50 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. Carmen Méndez e Emma Pedreira conversan no ‘Zigzag’ respectivamente sobre as súas novas propostas artísticas: ‘Pura’ e ‘As horas mortas’.

00:40 h

EVANGELION: EVANGELION 12

01:00 h

EVANGELION: EVANGELION 13

01:25 h

EVANGELION: EVANGELION 14

01:50 h

EVANGELION: EVANGELION 15

02:15 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1555

Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

06:00 h

COMO GALEGOS!: Mark-Oskar-Jeanne

Programa de entretemento, en que tres estranxeiros de distintas nacionalidades e que viven en tres localidades diferentes de Galicia contan os motivos polos que deixaron a súa terra e decidiron quedar a vivir en Galicia.

div-crtvg-top2

Publicidade