TVG2 - CRTVG
DIARIO DE ALICE, O: Os xogos Emilímpicos
Emile dá lugar á competición deportiva máis emocionante de todas, os xogos EMILÍMPICOS.
KIWI: Capítulo 26
Twiki e Twini son un dúo moi cómico que, por medio das súas disparatadas aventuras, achegan a lingua inglesa aos máis pequenos e pequenas da casa.
MIBOTS: O millo
Os Mibots descobren o millo.
AXENTE BINKY, PROTECTOR DO UNIVERSO: Saltóns e saloucos
A serie segue as aventuras de Binky, un gato doméstico que é ademais un axente espacial coa misión de protexer a súa familia humana de calquera ameaza interestelar. Para iso conta coa axuda de catro mascotas: un can ben simpático chamado Gordon, o peixe retranqueiro Loo, unha doce tartaruga de nome Nola e a gata dos veciños, a capitá Gracie. Desfacerse dun saltón parecía tarefa fácil.
A ALDEA ENFEITIZADA DE PINOCCHIO: A meiga do ano
O mago Kiblik, que outorga o premio "Meiga do ano", debe inspeccionar a bruxa da aldea.
ROBIN DOS BOSQUES. FALCATRÚAS EN SHERWOOD: O outro Robin
Robin Hood é un mozo cheo de ímpeto, braveza e humor. Xunto cos seus amigos Tuck e John Pequeno, enfróntase ao shériff de Nottingham e ao tirano príncipe Xoán para malograrlle as súas ocorrencias disparatadas, sempre co fin de defender o pobo e de facer valer a xustiza no condado.
OS BOLECHAS (OS BOLECHAS EXPLORADORES II): Capítulo 393
Coñece lugares incríbles da xeografía galega cuns intrépidos exploradores, Os bolechas.
IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: Turbina pásaas negras
Un grupo de animais, liderado por Ideafix, loita contra a romanización de Lutecia.
SUPER 4 (TEMPADA 2): Lóxico, non máxico
Álex o cabaleiro, a pirata Ruby, o axente Gene e a fada Faísca son os heroes e as heroínas de 'Super 4'. Van vivir moitas aventuras recreando o universo Playmobil.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 04.12.2024
CONTRAPTUS: Os valorosos bombeiros
A mente incansable do doutor Leonardo inventa un camión con escaleiras e tanque incorporados!
A ABELLA MAIA -3D: Nai coraxe!
Maia trata de buscar a nai dos lucecús.
PIM PAM EXPERIMENTA: Que é a solubilidade?
O CEIP Xosé Neira Vilas de Gondomar e o CEIP Lamas de Abade de Santiago compiten sobre esta materia.
LUCAS ETC: Capítulo 9
Lucas, Nathan e Mélo deciden montar unha festa.
SAKURA, CAZADORA DE CARTAS: Capítulo 25
Sakura Kiomoto é unha nena de 10 anos que un día abre un estraño libro chamado ‘The Clow’ e libera as cartas que contiña no seu interior. Agora Sakura debe recuperalas todas para evitar que causen unha catástrofe.
FAKE NEWS: FAKE NEWS 4 A POBRA CONCURSANTE 2
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI II 118
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. A pesar de que Celia trata de manter oculta a súa decisión de marchar de Abrente, Álex non tarda en descubrir o seu segredo. Mentres tanto, Lucho comenta as súas intencións de pedirlle matrimonio a Elba. Noa e Dimas están encantados coa idea, pero se cadra Teresa non é da mesma opinión ca eles.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI II 119
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. A situación de Elba é crítica e Teresa xa se pon no peor. Lucho debería pedirlle matrimonio canto antes, ou podería ser demasiado tarde. Co traslado xa concedido, Celia prepárase para marchar de Abrente. Raúl aínda non o sabe e parece que a doutora Eiroa non ten intención de contarllo.
SAUDADE DE TI: Capítulo 120
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. Remata hoxe na TVG a segunda temporada de 'Saudade de ti' coa decisión final de Celia: Santi ou Raúl? A protagonista disponse a marchar de Abrente, pero antes escoitará algo moi importante que lle ten que dicir o enfermeiro.
SAUDADE DE TI: Capítulo 121
Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Mónica esíxelle ao seu ex que cumpra coas súas responsabilidades como pai da súa filla. Sobre todo porque agora ela está á fronte da empresa familiar e non ten tempo para ocuparse de Carmen.
SAUDADE DE TI: Capítulo 122
Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Celia e Raúl teñen previsto pasar o día xuntos, pero os seus plans vense interrompidos pola noticia de que Álex foi ingresada no hospital.
CRIATURAS: Capítulo 69
Nesta ocasión, o obxectivo será descubrir se os morcegos son verdadeiros vampiros, unha misión que semella algo arriscada. Outra temática será a terapia con burros, que resulta moi efectiva. Nesta ocasión, o obxectivo será descubrir se os morcegos son verdadeiros vampiros, unha misión que semella algo arriscada. Outra temática será a terapia con burros, que resulta moi efectiva.
CRIATURAS: Capítulo 70
O programa descubrirá unha nova especie, o 'xaba-porco', ao mesmo tempo que observará se esta criaturiña será quen de saír adiante sen seus pais, ou sexa, de sobrevivir. O programa descubrirá unha nova especie, o 'xaba-porco', ao mesmo tempo que observará se esta criaturiña será quen de saír adiante sen seus pais, ou sexa, de sobrevivir.
CRIATURAS
Alejandro Macías, visitará a un granxeiro moi especial que é todo un artista e que adora aos seus animaliños; verase como unha operación de trámite pode custarlle a vida ao noso cabalo Paul.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Sevi Martínez.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 04.12.2024
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 04.12.2024
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
NO FOCO: NO FOCO 30.11.2024
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
O TEMPO
BONANZA: A porta escura
Serie. No estado de Nevada, ó sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
TI VERÁS
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
EU QUERO SER: Javier Losada
Programa, presentado por Inma Morandeira, que se dirixe aos colexios co gallo de coñecer os soños profesionais dos rapaces para darlles a oportunidade de experimentalos por un día coa axuda dalgún profesional galego de éxito. Javier Losada, un dos mellores rescatadores de Europa, volve hoxe ao seu colexio, o Alexandre Bóveda de Chapela.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O programa coñecerá a nova obra da poeta Medos Romero, ‘As flores do baleiro’, e visitará en Santiago a exposición de Silvia García ‘Aprender do lugar’.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 04.12.2024
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 04.12.2024
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
FUN AO CANAVAL
Documental, dirixido por Xavier Blanco, sobre o potencial da cana en Galicia para a construción de instrumentos musicais. De feito, hai uns 150 instrumentos construídos coa cana galega. Unha clara mostra da creatividade e das posibilidades que ofrece algo en apariencia tan sinxelo.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
DETECTIVE CONAN, O: O caso do traslado en tren bala. 1ª parte
Conan monta no tren bala e atopa alí o detective Takagi e a Sato escoltando a un criminal.
DETECTIVE CONAN, O: Capítulo 260
Shinichi Kudo é un afamado detective a quen uns homes enmascarados obrigan a inxerir unha apócema. Cando esperta, ten o corpo dun neno e, mentres busca un antídoto, adopta a identidade de Conan Edogawa: o detective Conan.
DETECTIVE CONAN, O: Capítulo 261
Shinichi Kudo é un afamado detective a quen uns homes enmascarados obrigan a inxerir unha apócema. Cando esperta, ten o corpo dun neno e, mentres busca un antídoto, adopta a identidade de Conan Edogawa: o detective Conan.
DETECTIVE CONAN, O: DETECTIVE CONAN 262
DETECTIVE CONAN, O: DETECTIVE CONAN 263
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1549
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.