div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

KIWI: Capítulo 14

Twini e Twiki son dous divertidos kiwis, paxaros de arxila que, capítulo a capítulo, levan aos nenos a un universo inesperado, composto de sons e imaxes no que aprenden inglés mediante xogos. Os Kiwis están nesta ocasión no circo. Pero non parece un circo normal.

07:00 h

DIARIO DE ALICE, O: En busca de Gertrude

Alice é unha nena de cinco anos que fará viaxar aos máis pequenos a través do seu diario ilustrado e as conversacións coa súa mamá. Alicia perde a súa boneca favorita Gertrude.

07:05 h

MIBOTS: Capítulo 4

Un mozo prodixio da ciencia faise amigo dun grupo de robots peculiares, futuristas e adorables. Eles únense para frustrar os plans dos que teñen poderes especiais para o mal. Os Mibots descobren que é un robot.

07:15 h

AXENTE BINKY, PROTECTOR DO UNIVERSO: Uns axentes con moito talento

Binky é un gato axente espacial que ten a misión de protexer a súa familia humana de calquera ameaza interestelar. Conta coa axuda do can Gordon, a gata Gracie, a tartaruga Nola e o peixiño Lu. Cando o equipo se decata de que esqueceu o concurso de talentos dos axentes de PURST teme que se non actúa no ensaio xeral acabarán degradados. Co fin de asegurarse de que van seguir aí para deter o próximo ataque extraterrestre póñense en marcha para idear novos números, pero mal saben que esa situación foi obra de Chío para así poder coarse no cuartel xeral de PURST.

07:30 h

A ALDEA ENFEITIZADA DE PINOCCHIO: A frauta desencantada

Pinocho é un neno que vive na Aldea Enfeitizada, entre un bosque misterioso e un lago rutilante. Ten un trouleiro grupo de amigos e xuntos viven as aventuras do seu día a día. Pinocho pensa que poderá sacar unha boa nota en música usando unha frauta máxica en lugar de practicar. Porén, só toca notas vagas, xa que o único poder máxico da frauta é atraer ao seu dono: un xograr chamado Tiburce.

07:40 h

ROBIN DOS BOSQUES. FALCATRÚAS EN SHERWOOD: Una broma pesada

Robin de Locksley, con tan só 10 anos, é un heroe valente e cheo de enerxía, que vive miles de aventuras xunto aos seus amigos, cos que sempre pode contar para enfrontarse ás tretas do Príncipe John.

07:55 h

OS BOLECHAS (OS BOLECHAS EXPLORADORES II): OS BOLECHAS XIV (OS BOLECHAS EXPLORADORES II) 385

Seis irmáns e o seu incondicional can viven aventuras nas situacións e realidades cotiás dos nenos.

08:05 h

IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: Pan e circo

Ideafix, o can de Obélix, é o encargado de defender a Lutecia da ocupación romana xunto cos seus irredutibles compañeiros. O pan escasea en Lutecia; o único lugar onde hai é no circo, preparado para repartilo de balde entre o público. Este novo plan para romanizar os galos forzándoos a apreciar os espectáculos circenses priva a Amnèsix das súas migallas de pan.

08:15 h

SUPER 4 (TEMPADA 2): Quenlla voadora

Alex o cabaleiro, o pirata Ruby, o axente Gene e a fada Twinkle son os heroes de Super 4. Xuntos vivirán múltiples aventuras recreando o universo Playmobil. O malvado pirata Barbaquenlla engana a un científico de Technopole e faille construír un barco voador que vai de illa en illa apañando todo canto hai.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 22.11.2024

09:30 h

CAFÉ SEN GOTAS: Capítulo 281

Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento.

09:45 h

CONTRAPTUS: Capítulo 5

Léonard é un inventor estrafalario pero cheo de sabiduría ao que lle gusta probar as súas innovacións co seu discípulo Basile.

09:50 h

A ABELLA MAIA -3D: A bela dormente

Maia é unha abella moi curiosa á que lle gusta descubrir cousas novas. Xunto ao seu amigo Willy vivirá unha chea de aventuras moi emocionantes. Maia e Willi poñen a durmir por erro a toda a colmea.

10:00 h

PIM PAM EXPERIMENTA: Física e Química

Cada día, dous grupos de alumnos de diversas escolas de Galicia compiten para demostrar quen sabe máis de ciencia. Os equipos dos colexios CEIP n.º 1 de Tui e o CEIP Carlos Casares de Salvaterra de Miño.

10:25 h

LUCAS ETC: Capítulo 1

Lucas vai vivir coa súa nai, Bénédicte, á casa da nova parella dela, Jeff Goossens. Alí tamén viven os tres fillos de Jeff e o seu pai, Alphonse. Bénédicte leva ao seu fillo Lucas á casa dos Goossens para que coñeza a Jeff e a súa familia.

10:30 h

SAKURA, CAZADORA DE CARTAS: A aterradora proba de coraxe de Sakura

Despois de romper o selo dun libro máxico e liberar os espíritos das cartas, Sakura convértese nunha cazadora de cartas para recuperalas. Toda a clase vai de campamento á beira do mar, onde participan nunha proba de coraxe. Sakura manifesta moito medo de camiño á cova.

11:00 h

SAUDADE DE TI: Capítulo 78

Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. A investigación sobre David e Belén segue o seu curso e leva a Brais a Ribadeo. Necesita descubrir quen é realmente o amante de súa nai para protexer os intereses da familia, aínda que non sexa doado atopar información sobre o pasado desa xente.

11:30 h

SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI II 79

Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. Se quere sacar a Raúl do cárcere, Celia terá que tragar o seu orgullo e falar con Gaspar para conseguir os 25.000 euros da fianza. O seu mozo está disposto a aceptar a oferta que lle fixo o seu pai pola empresa, pero se cadra xa é demasiado tarde. O estado de saúde de Garay é cada vez máis crítico e todos son conscientes de que o seu falecemento agravaría as consecuencias penais da agresión.

12:00 h

SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI II 80

Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. Decisións desesperadas para conseguir a fianza de Raúl, esta noite, en 'Saudade de ti'. A pesar das evidencias, aos López de Castro non lles será doado conseguir que Adela e mais Elba admitan o engano de David e se afasten do perigo.

12:35 h

SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI II 81

Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. Despois das probas que Adela lle amosa en contra de Raúl, Celia queda moi impresionada e non paga a fianza. Agora o prazo de tempo expirou e Non se atreve a afrontar a visita ao cárcere que lle ten que facer. Pola súa parte, Santi non sabe como pode reaccionar Mauri cando descubra que el e mais a súa neta comezaron unha relación sentimental.

13:10 h

SAUDADE DE TI: Capítulo 82

Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. Celia quere crer a versión que Raúl lle deu sobre a agresión a Garay, pero para Santi a súa palabra xa non é suficiente. As sospeitas do enfermeiro fan que a doutora empece a ter dúbidas sobre a inocencia da súa parella. Brais precisa atopar probas para desenmascarar a David diante de súa nai, pero non dá encontrado evidencias contra el.

13:45 h

CRIATURAS

A relación co medio natural humaniza e os sentimentos afloran cando se estreitan os lazos con outros seres animais. Por iso reflectir o amor polo mundo animal nas súas múltiples vertentes é o obxectivo de 'Criaturas', que pretende ofrecer unha visión da relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios e outros aspectos desta índole.

14:10 h

CRIATURAS

A relación co medio natural humaniza e os sentimentos afloran cando se estreitan os lazos con outros seres animais. Por iso reflectir o amor polo mundo animal nas súas múltiples vertentes é o obxectivo de 'Criaturas', que pretende ofrecer unha visión da relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios e outros aspectos desta índole.

14:35 h

CRIATURAS

A relación co medio natural humaniza e os sentimentos afloran cando se estreitan os lazos con outros seres animais. Por iso reflectir o amor polo mundo animal nas súas múltiples vertentes é o obxectivo de 'Criaturas', que pretende ofrecer unha visión da relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios e outros aspectos desta índole.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Sevi Martínez.

15:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 22.11.2024

Presenta Marta Darriba.

16:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 22.11.2024

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

16:25 h

O TEMPO

16:35 h

BONANZA: O cortexo

Serie. No estado de Nevada, ó sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.

17:25 h

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

19:55 h

O SAL DA TERRA: Por fin soa

A través da comida, a decoración, a vida saudable e outros segredos que agochan as nosas ribeiras e acantilados, os personaxes do programa descubrirán unha nova forma de disfrutar do mar.

20:30 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado a diario por Pilar G. Rego e por María Solar os xoves. A cantante e compositora camariñá Belém Tajes visita este venres o estudio do ‘Zigzag’ para presentar o seu primeiro disco, ‘Amar o mar’, un proxecto a prol da sustentabilidade e o respecto aos océanos.

21:00 h

GRANDES LUGARES: Ventoselo, Cuñas, Herville

O primeiro, ó máis exótico, está no concello ourensán e San Amaro. Chámase Ventoselo e o seu atractivo reside precisamente nos seus habitantes, que non hai moito que alí se instalaron: unha comunidade budista. Os reporteiros do programa tamén visitarán a aldea de Herville, no concello pontevedrés de Mos, onde falarán con Manuel, o canteiro, e Sindo, tratante de gando. Por último, un chisco máis ao norte, o programa desprázase ata Terra de Montes, ao lugar de Cuñas onde, na compaña de tres veciñas, fan a “ruta do colesterol” polos camiños de Abedil.

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 22.11.2024

Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva.

22:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

23:00 h

O ÚLTIMO TREN DE GUN HILL

O shériff Matt Morgan xurou levar ante a xustiza o asasino da súa muller, unha moza india. A súa tarefa complícase cando se entera de que o pai do criminal é un vello amigo seu, o gandeiro Craig Belden. A pesar de todo, Morgan está decidido a arrestar o culpable e marchar con el no tren das 9.

00:30 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado a diario por Pilar G. Rego e por María Solar os xoves. 'Zigzag' recibe a Margarita Ledo, directora do documental ‘Prefiro condenarme’, que este venres chega aos cinemas.

01:00 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1537

Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

06:00 h

COMO GALEGOS!: Xan-Rediana-Joao

div-crtvg-top2

Publicidade