TVG2 - CRTVG
KIWI: Capítulo 13
Twini e Twiki son dous divertidos kiwis, paxaros de arxila que, capítulo a capítulo, levan aos nenos a un universo ineseperado, composto de sons e imaxes no que aprenden inglés mediante xogos. Twiki ten unha gripallada que non pode con ela.
DIARIO DE ALICE, O: Na procura de Gertrude
Alice é unha nena de cinco anos que fará viaxar aos máis pequenos a través do seu diario ilustrado e as conversacións coa súa mamá. Alicia perde a súa boneca favorita Gertrude.
MIBOTS: A campá
Un mozo prodixio da ciencia faise amigo dun grupo de robots peculiares, futuristas e adorables. Eles únense para frustrar os plans dos que poden usar os seus poderes especiais para o mal. Os Mibots descobren que é unha campá.
AXENTE BINKY, PROTECTOR DO UNIVERSO: A casa dos tronos
Binky é un gato axente espacial que ten a misión de protexer a súa familia humana de calquera ameaza interestelar. Conta coa axuda do can Gordon, a gata Gracie, a tartaruga Nola e o peixiño Lu. Cando unha tormenta eléctrica golpea a estación, xorden problemas cos ruídos moi molestos. A Gordon non lle gustan nada os tronos e refúxiase baixo a súa manta. Incluso chega a construír un «Parabums», unha caixa na que pode esconderse cando ten medo. As cosas complícanse cando varios extraterrestres invaden o planeta e o equipo debe dispersarse para capturalos. Gordon non se atreve a enfrontarse ao último extraterrestre, pero cando cre que os seus humanos están en perigo, afronta os seus medos e cumpre co seu deber de PURST e axuda a salva-la situación.
A ALDEA ENFEITIZADA DE PINOCCHIO: A filla da bruxa
Pinocchio, un boneco de madeira moi especial, vive nunha aldea enfeitizada onde el e as súas amizades serán protagonistas de moitas aventuras. Pinocchio e Mecha proban un pastel que fixo a bruxa sen que ela o saiba.
ROBIN DOS BOSQUES. FALCATRÚAS EN SHERWOOD: A bruxa
Robin de Locksley, con tan só 10 anos, é un heroe valente e cheo de enerxía, que vive miles de aventuras xunto aos seus amigos, cos que sempre pode contar para enfrontarse ás tretas do Príncipe John. Ralf e Rolf róubanlle unhas mazás a unha señora, pero Marian obra un feitizo para defender a muller.
OS BOLECHAS (OS BOLECHAS EXPLORADORES II): OS BOLECHAS XIV (OS BOLECHAS EXPLORADORES II) 384
Seis irmáns e o seu incondicional can Chispa viven aventuras nas situacións e realidades cotiás dos nenos.
IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: En Devòrix quedan sen salchichas
Ideafix, o can de Obélix, é o encargado de defender a Lutecia da ocupación romana xunto cos seus irredutibles compañeiros. Co fin de evitar os cheiros da comida gala, que tanto lle molestan, Labieno prohibe os alimentos tradicionais galos.
SUPER 4 (TEMPADA 2): O ataque da pompa
Alex o cabaleiro, o pirata Ruby, o axente Gene e a fada Twinkle son os heroes de Super 4. Xuntos vivirán múltiples aventuras recreando o universo Playmobil. Os nosos heroes teñen que se volver enfrontar aos extraterrestres que, desta vez, inventaron unha máquina que emite unha ondas sonoras que os hipnotiza a todos. O malo é que é algo que tamén os manipula a eles e mais aos habitantes das distintas illas, así que non vai ser nada doado.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 21.11.2024
CONTRAPTUS: CONTRAPTUS 4
Léonard é un inventor estrafalario pero cheo de sabiduría ao que lle gusta probar as súas innovacións co seu discípulo Basile.
A ABELLA MAIA -3D: Aspectos enganosos
Maya é unha abella moi curiosa á que lle gusta descubrir cousas novas. Xunto ao seu amigo Willy vivirá unha chea de aventuras moi emocionantes. Maia e Willi coñecen a Momo, unha eiruga moi riquiña.
PIM PAM EXPERIMENTA: Capítulo 7
Dous colexios galegos, 50 nenos e nenas e 15 representantes, compiten nun concurso infantil pola ciencia. David Ballesteros, Manuel Vicente e Iria Ollero son os presentadores de cada sección. O CEIP Ramón de Artaza y Malvárez (Muros) e o San Xoán Bautista (Cerdedo) compiten.
LUCAS ETC: Capítulo 52
Lucas vai vivir coa súa nai, Bénédicte, á casa da nova parella dela, Jeff Goossens. Alí tamén viven os tres fillos de Jeff e o seu pai, Alphonse. Edén enfróntase ao seu pai.
SAKURA, CAZADORA DE CARTAS: Sakura e o arco da vella da lembranza
Despois de romper o selo dun libro máxico e liberar os espíritos das cartas, Sakura convértese nunha cazadora de cartas para recuperalas. Con Kero metido na súa bolsa, Sakura uniuse á súa familia nunha viaxe a unha casa de verán que o seu pai estaba a pedir prestada.
SAUDADE DE TI: Capítulo 73
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. As sospeitas sobre quen foi o responsable da malleira a Garay parecen recaer en Santi. Xa que logo, Raúl pode retomar a súa relación amorosa con Celia, aínda que Isidro non está cómodo mentres non quede descartada por completo a posibilidade de que sexan irmáns.
SAUDADE DE TI: Capítulo 74
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. Raúl sospeita que Mónica fixo desaparecer o anel que comprou para pedirlle matrimonio á doutora. Por iso lle sorprende que a súa ex lle propoña asinar os papeis do divorcio e poñer fin á súa mala relación. Pola súa parte, Gaspar ten claro que o empregado que contratou a súa muller non ten boas intencións. Gaspar necesita probas para desenmascaralo, polo que lle pide axuda a Brais.
SAUDADE DE TI: Capítulo 75
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. No capítulo desta noite de 'Saudade de ti', Raúl organiza unha cita romántica para pedirlle matrimonio a Celia. Mentres Santi queda en liberdade, Brais comeza a decatarse de que David non é o amigo perfecto que aparenta e intenta abrirlle os ollos á súa prima Elba.
SAUDADE DE TI: Capítulo 76
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. Con Raúl no cárcere, Celia non está moi convencida de cal é a verdadeira natureza do home a quen lle decidiu entregar o seu corazón. Pola súa parte, os López de Castro ven na detención do seu fillo unha oportunidade para que este volva ao rego e retome a súa relación con Mónica.
SAUDADE DE TI: Capítulo 77
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. Raúl ten que pagar unha fianza de 25.000 euros para saír de prisión. Gaspar sabe que non dispón deses cartos e quere aproveitar esta inesperada oportunidade para facer un lucrativo negocio. Pola súa parte, Celia ten claro quen lle podería deixar os cartos, pero teme que o encontro entre elas resulte moi desagradable logo dos últimos acontecementos vividos.
CRIATURAS: Capítulo 44
A relación co medio natural humaniza e os sentimentos afloran cando se estreitan os lazos con outros seres animais. Por iso reflectir o amor polo mundo animal nas súas múltiples vertentes é o obxectivo de 'Criaturas', que pretende ofrecer unha visión da relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios e outros aspectos desta índole.
CRIATURAS: Capítulo 45
A relación co medio natural humaniza e os sentimentos afloran cando se estreitan os lazos con outros seres animais. Por iso reflectir o amor polo mundo animal nas súas múltiples vertentes é o obxectivo de 'Criaturas', que pretende ofrecer unha visión da relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios e outros aspectos desta índole.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Informativo de proximidade no que durante media hora achégalle á audiencia as noticias máis próximas do día. Presenta Sevi Martínez.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 21.11.2024
Presenta Marta Darriba. Edición do mediodía dos informativos diarios que ofrece as noticias máis recentes do ámbito nacional e internacional.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 21.11.2024
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
Información meteorolóxica e prognóstico do tempo.
BONANZA: Lazos de sangue
Serie. No estado de Nevada, ó sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe. Cando Todd Grayson, de 16 anos, chega de Boston a Virginia City, dinlle que o seu pai foi asasinado por Ben Cartwright.
TI VERÁS: Capítulo 332
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
ANACOS DE VIDA: A Illa de Arousa
Presentado por Aser Álvarez e Alba Prol, este novo formato audiovisual está centrado na recuperación da memoria gráfica e oral. O equipo do programa percorrerá diferentes vilas e aldeas de Galicia a bordo dunha máquina do tempo moi especial, para descubrir as pequenas e as grandes historias que se agochan tralas fotos antigas dos arquivos familiares. O programa ‘Anacos de Vida’ embárcase esta semana nunha viaxe cara un lugar extraordinario na súa máquina do tempo: A Illa de Arousa, o único concello insular galego. 36 quilómetros de costa en só 7 quilómetros cadrados converten este lugar nun paraíso: unha verdadeira illa do tesouro inzada de ‘Anacos de Vida’.
NO FOCO: NO FOCO 16.11.2024
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
ZIGZAG: Catuxa Salom
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado a diario por Pilar G. Rego e por María Solar os xoves. 'Zigzag' recibe a Margarita Ledo, directora do documental ‘Prefiro condenarme’, que este venres chega aos cinemas.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 21.11.2024
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 21.11.2024
Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
TRALOS PASOS DE MARÍA CASARES
Unha viaxe de dúas actrices, Isabel Blanco e Sabela Hermida, que percorren os pasos dunha muller referente para as artes escénicas do século XX, a actriz María Casares. Ao longo deste percorrido polo mapa existencial da actriz galega, referente do teatro francés, as presentadoras entrevistan persoas moi próximas, por diferentes motivos, a María Casares. Todas elas, persoeiros de recoñecido prestixio tanto en Galicia como en España ou Francia: Manuel Rivas, Miguel Anxo Fernán Vello, Arancha Estévez, Victoria Vera, Emilio Gutiérrez Caba e Jorge Lavelli, entre outros.
O HOME DO TRAXE AMARELO: O HOME DO TRAXE AMARELO (ANTES TOÑITO BLANCO. SÓ PERDIDO E VICIOSO)
Documental sobre a vida e obra do cineasta e xornalista Toñito Blanco, autor de 'La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos'. Creador audiovisual inquieto e ecléctico, foi un referente para a súa xeración. Porén, o seu tráxico final, con apenas 30 anos, amosou a cara máis amarga dos anos 80.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado a diario por Pilar G. Rego e por María Solar os xoves. A cantante galego-arxentina Catuxa Salom presenta hoxe en ‘Zigzag’ o seu disco debut, titulado ‘Cãldo’.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1536
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.