CRTVG

Buscar

Programación

  • 07:00 h

    TELETUBBIES: EQUILIBRIOS

  • 07:20 h

    A ALDEA ENFEITIZADA DE PINOCCHIO: COOKIE E O OGRO

  • 07:30 h

    ROBIN DOS BOSQUES. FALCATRÚAS EN SHERWOOD: A CARTA

  • 07:45 h

    OS BOLECHAS (OS BOLECHAS EXPLORADORES II): OS BOLECHAS XIV (OS BOLECHAS EXPLORADORES II) 381

  • 08:00 h

    IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: IDEAFIX AND THE INDOMITABLES 28

  • 08:05 h

    SUPER 4 (TEMPADA 2): GARDA PERSOAL

    É o aniversario da princesa de Medievalia e Alex teme que a bruxa Baba Cara lle faga algo a súa irmá por culpa dunha vinganza que xurou cumprir ese día. El e os demais non deixan un minuto soa a Léonore e a princesa fártase deles. Ao final descubrirán que non había tanto perigo como pensaban, iso si, de momento.
  • 08:30 h

    GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 09.08.2024

    Faladoiro informativo presentado por Silvia Pereira e Manuel Estévez dende o estudio multimedia da Radio Galega.
  • 09:30 h

    CONTRAPTUS: CONTRAPTUS 26

  • 09:40 h

    CONTRAPTUS: CONTRAPTUS 27

  • 09:50 h

    PIM PAM EXPERIMENTA: PIM PAM EXPERIMENTA 13

  • 10:15 h

    LUCAS ETC: LUCAS ETC 25

  • 10:25 h

    LUCAS ETC: LUCAS ETC 26

  • 10:30 h

    CARDCAPTOR SAKURA: CARDCAPTOR SAKURA 12

  • 11:00 h

    LIBRO DE FAMILIA: Unha voz familiar

    Pedro está resultando un óso duro de roer, sobre todo para Marcos. Este segue presionando a súa nai para que se desvincule da familia dunha vez por todas. Pero, por moito que intriguen Marcos e Álvaro, Pedro vaise gañando cada vez máis a Laura.
  • 12:00 h

    LIBRO DE FAMILIA: Un santo nada santo

    Pedro comeza a súa andaina como novo alcalde de Santalla. Marcos retórcese de rabia ao saber que a súa propia nai, Laura, intercedera por Pedro ante o Gobernador para conseguir a alcaldía en detrimento do seu fillo.
  • 13:05 h

    LIBRO DE FAMILIA: Un ramillo de flores

    Tomás trae ideas innovadoras para sacarlle rendemento ás terras. Pretende construír invernadoiros para optimizar os recursos e incrementar os beneficios pero vaise atopar cun escollo: o novo alcalde, Pedro.
  • 14:15 h

    COMO GALEGOS!: Ayoub -Denise -Alberto

    Espazo presentado por Carlos Tresandí. Hai unha vila en Lugo en que viven xa case tantos ingleses como galegos, chámase Pantón e é un dos rincóns máis fermosos da Ribeira Sacra. Denise e o seu home Robert, son de Nova Gales pero elixiron Galicia porque aquí si que teñen 'garantía de sol'. O espazo viaxará tamén ata outra vila preciosa, Ferreira de Valadouro, onde vive o xogador máis novo da historia de 'Como Galegos', Ayoub. E ademais, 'Como galegos! está convidado a un programa de radio da man dun mestre
  • 15:00 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 15:30 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 09.08.2024

    Presenta Marta Darriba.
  • 16:15 h

    Programa

  • 16:35 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 09.08.2024

  • 16:40 h

    PRATOS COMBINADOS: Amnesia

    Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O fío argumental xira arredor dunha perigosa perda de memoria sufrida por Antón. Un golpe fortuíto na cabeza, provocado por un descoido de Miro, produce amnesia no cuñado de Miro. Non lembra nada do seu pasado, nin sequera a súa verdadeira personalidade. Antón convértese nun home atento, servicial, cariñoso e desprendido. Está tan cambiado que algúns desexan que quede amnésico para sempre. Pero cando gasta a recadación do bar en merc
  • 17:10 h

    GHUASAPP: GHUASAPP 5

    Comedia de enredo sobre a familia Freire, que vive espallada pero en contacto permanente a través dun grupo familiar de ‘ghuasapp’. Rosa e John van de visita a Galicia. Chegou o momento para Carme e Lolo de coñeceren en persoa o seu xenro. Pero hai bastantes diferenzas culturais entre eles e, aínda que non serán unha fonte de conflitos, si que van desembocar nalgún que outro malentendido.
  • 17:35 h

    TI VERÁS: TI VERÁS 263

    Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
  • 18:30 h

    TESOUROS NO FAIADO

    Programa que busca tesouros esquecidos nos rochos e palleiras. Amosa o descubrimento, o valor e a transformación de obxectos que deixan de ser un refugallo para cobrar a importancia que merecen.
  • 19:30 h

    TESOUROS NO FAIADO

    Programa que busca tesouros esquecidos nos rochos e palleiras. Amosa o descubrimento, o valor e a transformación de obxectos que deixan de ser un refugallo para cobrar a importancia que merecen.
  • 20:30 h

    POLO REGO: POLO REGO 16

    Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos. Os mestres do programa explicarán como facer un sistema de rega por goteo e como beneficiar os cultivos coas borras do café.
  • 21:00 h

    DE BARES: DE BARES 41

    Programa que ofrece un retrato de hostaleiros e clientes, a través da decoración do espazo ou a variedade de fórmulas que se idearon, ao longo dos tempos, para atender o público: tabernas mariñeiras, cantinas, casas de comidas, cafetarías, tendas-bar, bares-estanco, restaurantes, etc.
  • 22:00 h

    TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 09.08.2024

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva.
  • 23:10 h

    JEXI

    Phil é un adicto aos teléfonos móbiles sen amigos nin vida amorosa. Despois de mercar un novo teléfono móbil, descobre a Jexi, unha interface artificial que actúa como asistente virtual. Coa súa axuda, Phil comeza a vivir por primeira vez. A medida que vai quedando menos dependente do seu teléfono móbil, Jexi comeza a desenvolver unha actitude un tanto estraña coa que pretende monopolizar completamente a Phil, aínda que iso supoña prexudicar as súas posibilidades de triunfar na vida.
  • 23:10 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

  • 00:30 h

    LIBRO DE FAMILIA: Sangue azul

    A coroación de don Xoán Carlos como Rei de España provoca que algúns veciños de Santalla comecen a ter delirios de grandeza ao crer a historia de que hai un bastardo real na vila.
  • 01:40 h

    LIBRO DE FAMILIA: O medo é libre

    Despois da morte de Franco, El Rei anuncia polos medios de comunicación o indulto para os presos políticos, un asunto que resulta controvertido en Santalla.
  • 02:50 h

    LIBRO DE FAMILIA: Miradas poderosas

    Toda a vila de Santalla amence abraiada polos poderes dun tal Uri Gheler, que ten en vilo a todo o mundo, e isto fai que se propague a fama e que Senén descubra que tamén ten poderes mentais que lle permiten cambiar a realidade.
  • 03:35 h

    LIBRO DE FAMILIA: Primeiros amores

    En Santalla todos lembran e contan os seus namoramentos, pero son os do párroco D. Venancio os que suscitan máis morbo. Os protagonistas da historia conversan nostálxicos no bar sobre os seus amores antigos.
  • 04:35 h

    en emisión

    LIBRO DE FAMILIA: Sen censura

    A vila de Santalla amence cunha nova: desapareceu a censura, así que D. Venancio comeza a preocuparse pola moral e a decencia do país cando as revistas de mulleres lixeiras de roupa comezan a circular demasiado alegremente.
  • 06:00 h

    ONDE VAI A XENTE: Mariñeiros - Bouzas

    Desde hai décadas, na praia do Adro, en Bouzas, un grupo de mariñeiros profesionais, de recreo e xubilados viñan realizando actividades mariñeiras, deportivas e de lecer de xeito individual, ata que deciden organizarse e fundar a asociación sen ánimo de lucro 'Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos San Miguel de Bouzas', tendo como principal ocupación os tres concursos de pesca que poñen en marcha anualmente, que contemplan regatas de gamelas e faluchos, un concerto de corais de cancións mariñeira