Programación
-
07:00 h
TELETUBBIES: O CAMIÓN DE PAPÁ
-
07:25 h
A ALDEA ENFEITIZADA DE PINOCCHIO: AMOR E FIDALGUÍA
-
07:35 h
ROBIN DOS BOSQUES. FALCATRÚAS EN SHERWOOD: A ESTATUA DO PRÍNCIPE
-
07:50 h
OS BOLECHAS (OS BOLECHAS EXPLORADORES II): OS BOLECHAS XIV (OS BOLECHAS EXPLORADORES II) 408
-
07:55 h
IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: A NAMORADA DE LUTECIA
-
08:10 h
SUPER 4 (TEMPADA 2): ROCK STAR
Rock Brock e Gene desaparecen os dous durante unha expedición e ninguén sabe onde están. En Tecnópole, o Doutor X converte a súa busca nunha emisión que pretende ser un auténtico espectáculo. Coma sempre, os únicos que van poder actuar con seriedade e determinación para encontrar o seu amigo son os nosos heroes, que contarán coa grande axuda de Alien. -
08:30 h
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 24.07.2024
Faladoiro informativo presentado por Silvia Pereira e Manuel Estévez dende o estudio multimedia da Radio Galega. -
09:30 h
AXENTE BINKY, PROTECTOR DO UNIVERSO: NINGÚN RATO QUEDARÁ ABANDONADO
Binky elimina con valentía un alieníxena da estación espacial, pero a misión ten un custo: Ted quedou atrás sen que ninguén se decatase. Agora está no espazo exterior, o patio dianteiro da casa. Despois de que os intentos de Binky por rescatar a Ted fallaran, non lle queda outra que chamar os seus compañeiros de PURST (Protectores do Universo Reunidos para Salvar a Terra) para que lle axuden a devolver a Ted á estación. -
09:40 h
AXENTE BINKY, PROTECTOR DO UNIVERSO: O CABALIÑO DO DEMO
A serie segue as aventuras de Binky, un gato doméstico que é ademais un axente espacial coa misión de protexer a súa familia humana de calquera ameaza interestelar. Para iso conta coa axuda de catro mascotas: un can ben simpático chamado Gordon, o peixe retranqueiro Loo, unha doce tartaruga de nome Nola e a gata dos veciños, a capitá Gracie. -
09:55 h
CONTRAPTUS
-
10:00 h
CONTRAPTUS: CONTRAPTUS 3
-
10:10 h
CONTRAPTUS: CONTRAPTUS 2
-
10:20 h
PIM PAM EXPERIMENTA: PIM PAM EXPERIMENTA 1
Na primeira entrega do concurso infantil 'Pim-pam experimenta' a temática central será o Universo. As diferentes roldas de preguntas versarán sobre este contido. No experimento que hai que resolver da segunda proba deberán construír un sistema solar con fluídos e xa na proba final, que determinará o colexio gañador desta entrega, os pimpeiros e pimpeiras deberán camiñar sobre ovos sen escachalos. -
10:45 h
LUCAS ETC: LUCAS ETC 002
-
10:50 h
LUCAS ETC: LUCAS ETC 001
-
11:05 h
LIBRO DE FAMILIA: Tres veces neno
Un acontecemento inesperado sacudirá a vida dos Cabanas, os Lamela e os Freire e provocará un antes e un despois na vila de Santalla. O alcalde, don Román, verase obrigado a fuxir da localidade, atrapado polos seus enganos e malas artes. -
11:55 h
LIBRO DE FAMILIA: Sospeitas fundadas
A marcha de don Román, o alcalde, provoca alarma en Santalla: todo o mundo fala da súa repentina desaparición. Pero, á marxe disto, a vida continúa e as familias seguen enfrontándose aos seus problemas cotiáns. -
12:55 h
LIBRO DE FAMILIA: Paparotas
A noticia da fuxida de don Román está na boca de todos, xa que, despois de varios días, ninguén coñece o seu paradoiro. A ausencia de Cosme tamén comeza a ser preocupante, María atopa a nota que deixou e non acaba de comprender a súa marcha. -
14:00 h
ONDE VAI A XENTE: Sidra - A Estrada
-
15:00 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Eduardo Herrero. -
15:20 h
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 24.07.2024
Presenta Marta Darriba. -
16:10 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 24.07.2024
Información deportiva a cargo de Terio Carrera. -
16:25 h
REPORTAXES E ENTREVISTAS DEPORTES: Olímpicos París: Támara Echegoyen
-
16:35 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 24.07.2024
-
16:45 h
PRATOS COMBINADOS: Telecallos
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. A proliferación de negocios que serven a domicilio pizzas, tortillas ou comida chinesa está a facer dano nun bar tradicional como é o de Miro. E se os callos do bar Suízo contan cunha xusta sona por que non ofrecer un servizo semellante? Así nace 'Telecallos'. -
17:10 h
ARTEMISA: ARTEMISA 3
Serie de humor protagonizada por unha vidente moi peculiar, por cuxo consultorio pasarán tanto famosos como personaxes de ficción interpretados por actores con problemas do máis singular. -
17:40 h
TI VERÁS: TI VERÁS 252
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros. -
18:35 h
CORREMUNDOS: México vs Galicia
Espazo que percorre Europa e Centroamérica facendo unha fotografía do mundo globalizado e amosando as diferenzas entre distintos profesionais en Galicia fronte aos doutras partes do mundo. O programa 'Corremundos' visita esta semana México para ver as diferenzas con respecto a Galicia no exercicio do sacerdocio e na profesión de cociñeiro. O espazo da TVG percorrerá cun cura un lote de quilómetros polas estradas de Ourense e mergullarase na gastronomía do país azteca. -
19:30 h
CORREMUNDOS: Grecia vs Galicia
Espazo que percorre Europa e Centroamérica facendo unha fotografía do mundo globalizado e amosando as diferenzas entre distintos profesionais en Galicia fronte aos doutras partes do mundo. 'Corremundos' contrapón esta semana a actividade dos mercados e dos artesáns de coiro gregos e galegos. Unha semana máis, o programa seguirá comparando o traballo de profesionais que desempeñan o mesmo labor en Galicia e noutros lugares do mundo. -
20:30 h
VIVIR AQUÍ: VIVIR AQUI 907 DESCUBRINDO A NOBREZA GALEGA
Programa de reportaxes. -
20:45 h
POLO REGO: POLO REGO 4
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos. Os mestres de “Polo Rego” ensinarán hoxe a sementar cenorias, construír trampas para velutinas e preparar choucroute. -
21:10 h
DE BARES: DE BARES 27
Programa que ofrece un retrato de hostaleiros e clientes, a través da decoración do espazo ou a variedade de fórmulas que se idearon, ao longo dos tempos, para atender o público: tabernas mariñeiras, cantinas, casas de comidas, cafetarías, tendas-bar, bares-estanco, restaurantes, etc. -
22:00 h
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 24.07.2024
Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva. -
23:10 h
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
-
23:10 h
SESIÓN FÓRA DO SITIO: SESIÓN FÓRA DO SITIO 4
Presentado por Tonhito de Poi, amosa o traballo de intérpretes emerxentes en lugares inesperados e diferentes do habitual. Nesta ocasión, a banda Enxeito tocará as súas cancións nunha libraría. -
23:40 h
FESTIGALIANDO: FESTIVAL SINSAL
Programa festeiro, que dá mostra dos concertos que hai no verán galego, achegándose á súa música e ambiente. O Festival Sinsal, cuxa vixésima edición se celebrou na illa de San Simón, será protagonista este mércores en 'Festigaliando'. -
00:10 h
DOCUMENTAL: Pórtico da Gloria, polos séculos dos séculos
Documental que afonda na restauración desta obra mestra da catedral de Santiago de Compostela, unha ambiciosa intervención de recuperación integral rematada o ano pasado. O documental revela o longo proceso, desde os estudos previos, a urxencia da actuación e os detalles da limpeza da pedra ou a preservación da policromía, así como a explicación da iconografía do Pórtico e a figura do Mestre Mateo. -
01:20 h
en emisiónPENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1425
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Marcial Mouzo, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas. -
06:00 h
GALICIA NOTICIAS PEZAS: Antonio Palacios
-
06:00 h
ONDE VAI A XENTE
Programa que achega a nosa realidade, para vivir as pequenas historias de cada día, da man de Alfonso Tellado, de 62 anos, xubilado da Bazán e de profesión 'galego retranqueiro'.