Programación
-
07:00 h
TELETUBBIES: EQUILIBRIOS
-
07:20 h
A ALDEA ENFEITIZADA DE PINOCCHIO: O XENIO DA LÁMPADA
-
07:35 h
ROBIN DOS BOSQUES. FALCATRÚAS EN SHERWOOD: UN SHÉRIFF INIGUALABLE
-
07:45 h
OS BOLECHAS (OS BOLECHAS EXPLORADORES): OS BOLECHAS XII (OS BOLECHAS EXPLORADORES) 345
-
07:55 h
IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: IDEAFIX AND THE INDOMITABLES 20
-
08:05 h
SUPER 4 (SEASON 1): SUPER 4 (SEASON 1&2) 20
-
08:30 h
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 17.05.2024
Faladoiro informativo presentado por Silvia Pereira e Manuel Estévez dende o estudio multimedia da Radio Galega. -
09:30 h
CAFÉ SEN GOTAS: CAFÉ SEN GOTAS 265
Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento. -
09:45 h
RANTARO, O NINJA PEQUENO: A CUNCA DESAPARECIDA. A RESIDENCIA DO SEÑOR HASHIRO
-
10:10 h
DETECTIVE CONAN, O: A COMISARÍA DE POLICÍA EN XAQUE III - OS DOCE MILLÓNS DE REFÉNS (3ª parte)
-
10:40 h
SHERLOCK HOLMES: SHERLOCK HOLMES 11
-
11:10 h
LIBRO DE FAMILIA: As regras de xogo
Panchiño instala un futbolín no bar. Don Román pensa en sacar tallada e cobrarlle impostos por actividades recreativas, o que non parece moi legal. Manuel bríndase para axudar a Pancho e de paso darlle unha lección ao alcalde. -
12:25 h
FÚTBOL SALA: Noia Portus Apostoli-O Parrulo Ferrol F. S.
En directo. -
14:05 h
UN PAÍS DE LERIAS: Leiro
Programa de telerrealidade en que o presentador, Alfonso Tellado, percorre os lugares de Galicia máis pintorescos e menos coñecidos, para vivir unha xornada cos seus lugareños. En cada entrega son protagonistas galegos anónimos, homes ou mulleres de calquera punto do país que teñan unha historia interesante e peculiar. -
15:00 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Eduardo Herrero. -
15:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 17.05.2024
Presenta Marta Darriba. -
16:10 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 17.05.2024
Información deportiva a cargo de Terio Carrera. -
16:25 h
NO FOCO: NO FOCO 106
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado. -
16:45 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 17.05.2024
-
16:55 h
BONANZA: A porta escura
Serie. No estado de Nevada, ó sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe. -
17:40 h
TI VERÁS: 204
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros. -
18:30 h
POLO REGO: POLO REGO 1
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos. -
19:00 h
FURALLOLOS: FURALLOLOS 2
Programa que xunta famosos para que midan as súas habilidades aos mandos do xogo ancestral do futbolín. Ao tempo que se desenvolve o duelo, haberá conversas a través das que coñecelos máis fondamente. Os convidados loitarán por un premio en forma de doazón benéfica. -
19:10 h
AS 5 VILAS LITERARIAS DE GALICIA: Mondoñedo
Percorrido polos berces literarios do país, orixe de escritores fundamentais non só para as nosas letras, senón tamén para a nosa sociedade. Don Álvaro Cunqueiro, o máis universal dos escritores mindonienses, marcou o devir desta vila literaria por excelencia. Pero o seu nome é un máis da extensa lista de autores, xornalistas, músicos, impresores, editores, críticos literarios e ata ilustradores que deu esta vila. Leiras Pulpeiro, Pascual Veiga, Noriega Varela, José Díaz Jácome ou Eduardo Lence son algúns -
19:55 h
AS 5 VILAS LITERARIAS DE GALICIA: Padrón
Percorrido polos berces literarios do país, orixe de escritores fundamentais non só para as nosas letras, senón tamén para a nosa sociedade. Padrón vincula dúas das figuras galegas de maior relevancia no ámbito literario: Rosalía de Castro e Camilo José Cela. Nesta vila naceu o premio Nobel de Literatura e morreu a máxima expoñente do Rexurdimento das letras galegas. Xunto a eles, atopamos outros nomes destacados, como os dos trobadores Macías 'o namorado' e Juan Rodríguez de la Cámara ou o de Manuel Barro -
20:40 h
OS NOMES DA NOSA TERRA: Mar do Orzán
Serie de microdocumentais cun marcado carácter lúdico e de entretemento que pretende divulgar o rico patrimonio toponímico de Galicia, e en cuxa realización se contou coa colaboración dos veciños de cada un dos lugares cuxos topónimos se analizan. -
20:55 h
OS NOMES DA NOSA TERRA: Fornelos
Serie de microdocumentais cun marcado carácter lúdico e de entretemento que pretende divulgar o rico patrimonio toponímico de Galicia, e en cuxa realización se contou coa colaboración dos veciños de cada un dos lugares cuxos topónimos se analizan. -
21:10 h
OS NOMES DA NOSA TERRA: As Fragas do Eume
Serie de microdocumentais cun marcado carácter lúdico e de entretemento que pretende divulgar o rico patrimonio toponímico de Galicia, e en cuxa realización se contou coa colaboración dos veciños de cada un dos lugares cuxos topónimos se analizan. -
21:25 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). A TVG ofrece esta tarde unha edición especial monográfica do espazo ‘Zigzag’ que afondará na vida e a obra de Luísa Villalta, a quen se lle dedica este Día das Letras Galegas. -
22:00 h
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 17.05.2024
Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva. -
23:10 h
CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS 2024
Celébrase no Teatro Colón da Coruña, cidade natal de Luísa Villalta, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas. O Grupo Instrumental Siglo XX, dirixido por Florian Vlashi, e o baixo-barítono Daniel Mosquera farán a estrea absoluta de ‘Concerto para un home só. Monodrama para baixo-barítono, violín e grupo instrumental’, unha obra orixinal do compositor Federico Mosquera con texto de Luísa Villalta e elaborada por encarga do Consello da Cultura Galega. -
23:10 h
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
-
00:10 h
LONGA NOITE
Anxo regresa á súa vila natal no rural galego. Alí atópase co rancor tanto de gañadores coma de vencidos na Guerra Civil, que ven o perigo de afondar en memorias que crían esquecidas. -
01:40 h
en emisiónPENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1357
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Marcial Mouzo, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas. -
06:00 h
SEN CÓDIGO POSTAL: Sanxenxo
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia.