Programación
-
07:00 h
TELETUBBIES: PINTANDO COAS MANS
-
07:15 h
A ALDEA ENFEITIZADA DE PINOCCHIO: A MEIGA DO ANO
-
07:30 h
ROBIN DOS BOSQUES. FALCATRÚAS EN SHERWOOD: O OUTRO ROBIN
-
07:45 h
OS BOLECHAS (OS BOLECHAS EXPLORADORES): OS BOLECHAS XII (OS BOLECHAS EXPLORADORES) 330
-
08:00 h
IDEAFIX E OS IRREDUTIBLES: IDEAFIX AND THE INDOMITABLES 5
-
08:15 h
SUPER 4 (SEASON 1): SUPER 4 (SEASON 1&2) 5
-
08:30 h
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 26.04.2024
Faladoiro informativo presentado por Silvia Pereira e Manuel Estévez dende o estudio multimedia da Radio Galega. -
09:30 h
RANTARO, O NINJA PEQUENO: UNHAS VACACIÓNS EMOCIONANTES/XIMBE SOSPEITOSO
-
09:30 h
CAFÉ SEN GOTAS: CAFÉ SEN GOTAS 262
Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento. -
10:00 h
DETECTIVE CONAN, O: A PRINCESA DA ILLA SENLLEIRA E O PALACIO DO DEUS
-
10:25 h
SAMURAI CHAMPLOO: SAMURAI CHAMPLOO 22
-
11:05 h
PADRE CASARES: Quince vodas e un funeral
A vida cada día está máis cara, pero a morte tamén. Porque cando soben os prezos, non só se nota no café do bar, a cesta da compra ou a gasolina... tamén a Igrexa incrementa o prezo dos seus servizos. E don Crisanto non ía ser menos. Un 43 % subiu o párroco emérito as tarifas en Santo Antonio de Louredo en só un ano! -
12:00 h
PADRE CASARES: A vinganza de Edelmiro
Puri e Elsa enfróntanse unha vez máis nas clases de cociña do concello. Maite está farta e moi estresada. Normal, porque os veciños de Louredo non son precisamente dos que se deixan manexar. Delmiro dálle unha idea e a funcionaria non a desaproveita: técnicas de relaxación... -
13:00 h
PADRE CASARES: Baleiro de poder
Serie. O padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar. Padre Casares narra, con humor e tenrura, o proceso polo que este home encaixa nese lugar, á vez tan próximo e tan afastado do que el era ata ese momento. -
14:05 h
DE BARES: DE BARES 40
Programa que ofrece un retrato de hostaleiros e clientes, a través da decoración do espazo ou a variedade de fórmulas que se idearon, ao longo dos tempos, para atender o público: tabernas mariñeiras, cantinas, casas de comidas, cafetarías, tendas-bar, bares-estanco, restaurantes, etc. -
15:00 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Eduardo Herrero. -
15:30 h
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 26.04.2024
Presenta Marta Darriba. -
16:15 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 26.04.2024
Información deportiva a cargo de Terio Carrera. -
16:25 h
LUZ VERDE: Ciclistas na calzada
Conta coas intervencións dos gardas civís Beatriz González e Pablo Bouzas, do xefe provincial de Ourense da DXT, David Llorente, da psicóloga Eva Muíño, do tenente coronel Francisco Javier Molano e do presidente da Federación de Ciclismo de Galicia, Juan Carlos Muñiz, entre outros. -
16:35 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 26.04.2024
-
16:45 h
BONANZA: Unha caste violenta
Serie. No estado de Nevada, ó sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe. -
17:35 h
TI VERÁS: 189
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros. -
18:30 h
VAIA CHOIO: VAIA CHOIO 28
O italiano Simone Negrín realizará en ‘Vaia choio’ os traballos máis duros, arriscados e desagradables de Galicia. -
19:20 h
ONDE QUEDAMOS?: Boxeadora vs bailarina
Docu-reality. Na primeira entrega, contará coa participación de dúas rapazas moi deportistas: por un lado, unha bailarina de ballet, Noemí, e por outro, unha boxeadora, Montse. Ambas as dúas reuniranse para coñecerse e posteriormente cambiar os papeis: a primeira protagonista porá as luvas propias de boxeo para pisar o ring, e a segunda visitará a escola Danzade, onde se iniciará no mundo do ballet. -
20:35 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). 'Zigzag' conversará coa artista valdeorresa Reme Remedios e falará da estrea do espectáculo escénico multidisciplinar ‘Perder a lingua’. -
21:00 h
LATEXOS DA CIDADE: LATEXOS DA CIDADE III 28
Programa que ten como obxectivo tomarlle o pulso ás cidades galegas mediante os seus protagonistas, as persoas que as habitan, os lugares nos que traballan, vidas normais pero cheas de contrastes e matices. ‘Latexos da Cidade' acompañará esta semana o equipo de Salvamento Marítimo da Coruña e do transporte urbano de Vigo. Ademais, o programa visitará o Banco de Alimentos de Lugo e estará no Hospital Provincial de Pontevedra cunha muller a punto de dar a luz. -
22:00 h
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 26.04.2024
Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva. -
23:05 h
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
-
23:10 h
NON SEN A MIÑA FILLA
Un matrimonio formado por un médico iraniano, a súa dona e unha filla pequena, viven comodamente nos Estados Unidos a pesar dos inconvenientes que lles representa a orixe do cabeza de familia. Deciden viaxar de vacacións a Irán e, durante a estadía, el decide acollerse outra vez baixo a fe islámica, atopa traballo e decide non volver as Estados Unidos. A muller, despois de meses de incerteza e humillacións, decide fuxir levando con ela á súa filla. -
01:00 h
GALICIA NOTICIAS PEZAS: Visita catedral
-
01:15 h
en emisiónPENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1336
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Marcial Mouzo, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas. -
06:00 h
GALICIA NOTICIAS PEZAS: Queixo de Tetilla
-
06:00 h
SEN CÓDIGO POSTAL: Porto do Son
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. 'Sen Código Postal ' percorrerá esta semana os recunchos máis salientables da vila coruñesa de Porto do Son.