Programación
-
07:05 h
AXÓUXERES: AXÓUXERES 11
-
07:15 h
AXÓUXERES: AXÓUXERES 12
-
07:25 h
CARACOIS: UN MAL DÍA
-
07:30 h
CARACOIS: XOGANDO A SOMBRAS
-
07:35 h
TUTU 3D: TUTU 3D 102
-
07:40 h
TUTU 3D: TUTU 3D 103
-
07:45 h
TELMO E TULA: TELMO E TULA 29
-
07:55 h
TELMO E TULA: TELMO E TULA 30
-
08:00 h
OS BOLECHAS (OS BOLECHAS EXPLORADORES II): OS BOLECHAS XIV (OS BOLECHAS EXPLORADORES II) 395
-
08:10 h
BRAULIO TUBER
-
08:15 h
CONTOS DO CAMIÑO, O: LOBO FEROZ
-
08:30 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Eduardo Herrero. -
08:55 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). O directo do CGAC, Santiago Olmo, visita ‘Zigzag’ para repasar o programa de actividades co que conmemora os seus 30 anos de historia. -
09:20 h
LATEXOS DA CIDADE
A TVG tómalles o pulso ás grandes urbes galegas a través dos seus habitantes. Neste programa, os espectadores coñecerán cada edición tres personaxes con vidas únicas e poranlles nome e voz ás persoas coas que se cruzan cada día. Desde Ourense ata A Coruña, 'Latexos da cidade' amosa o ambiente da zona vella da cidade olívica. O programa pasará, amais, en Compostela unha noite moi movida co equipo de recollida de residuos. -
10:20 h
PADRE CASARES: Os mansos herdarán a terra
Un testamento e un embarazo, dúas noticias completamente opostas van revolucionar a vida na vila de Santo Antonio de Louredo. -
11:20 h
PADRE CASARES: Non desexarás a muller do próximo
As mulleres de Santo Antón de Louredo, xa teñen novo tema de conversa:o alcalde "roxo", que volve ser o Delmiro de sempre, aproveita que Moncha non está na casa para organizar unha festa á que asistirán só os homes da vila. -
12:15 h
PADRE CASARES: A segunda comuñón
Ao igual ca no resto de Galicia, o outono é en Santo Antonio de Louredo tempo de matanza. Pasado o San Martiño, a familia de Puri prepárase para a matanza. Só lles falta un pouco de organización. -
13:10 h
PADRE CASARES: A vida entre as mans
Santo Antonio de Louredo vivirá o seu momento máis dramático cun inesperado falecemento. Desta volta será Santi, o aproveitado sancristán da igrexa da vila, quen viva unha experiencia que sacudirá a súa vida e que provocará nel unha profunda crise de fe. -
14:10 h
DE BARES: DE BARES 28
Programa que ofrece un retrato de hostaleiros e clientes, a través da decoración do espazo ou a variedade de fórmulas que se idearon, ao longo dos tempos, para atender o público: tabernas mariñeiras, cantinas, casas de comidas, cafetarías, tendas-bar, bares-estanco, restaurantes, etc. -
15:00 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Eduardo Herrero. -
15:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 09.02.2024
Presenta Marta Darriba. -
16:10 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 09.02.2024
Información deportiva a cargo de Terio Carrera. -
16:25 h
O TEMPO
-
16:35 h
BONANZA: Axente da lei
Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe. -
17:25 h
TI VERÁS
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez que combina unha aditiva dinámica de xogo e o aspecto máis humano e interactivo do 'talk show'. As parellas concursantes deben responder correctamente 8 preguntas e abrir 8 das 10 bonecas rusas xigantes para conseguir a maior cantidade de cartos posibles. -
18:15 h
VAIA CHOIO: VAIA CHOIO 13
O italiano Simone Negrín realizará en ‘Vaia choio’ os traballos máis duros, arriscados e desagradables de Galicia. -
18:35 h
VAIA CHOIO: VAIA CHOIO 14
O italiano Simone Negrín realizará en ‘Vaia choio’ os traballos máis duros, arriscados e desagradables de Galicia. -
19:00 h
VIVIR AQUÍ: En galego da emigración á acción
Programa de reportaxes. -
19:10 h
CARDCAPTOR SAKURA: CARDCAPTOR SAKURA 20
-
19:35 h
DETECTIVE CONAN, O: DETECTIVE CONAN 263
-
20:00 h
EVANGELION: EVANGELION 19
-
20:35 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). 'Zigzag' coñecerá da man de Patricia Hermida, presidenta da Asociación Galega de Empresas Musicais, un informe pioneiro sobre o impacto económico deste sector. -
21:00 h
LATEXOS DA CIDADE: LATEXOS DA CIDADE II 16
Programa que ten como obxectivo tomarlles o pulso ás cidades galegas mediante os seus protagonistas, as persoas que as habitan, os lugares onde traballan, vidas normais pero cheas de contrastes e matices. Os espectadores da TVG verán hoxe como son os ‘Latexos da Cidade’ no Mercado de Abastos de Santiago e nunha conserveira de Vigo. -
22:00 h
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 09.02.2024
Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva. -
23:10 h
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
-
23:10 h
INFERNO BAIXO A AUGA
Cun enorme furacán de categoría 5 descargando sobre Florida, Haley desoe as ordes de evacuación para buscar o seu pai, que desapareceu. Tras atopalo ferido no entrechán da súa casa, os dous quedan atrapados por enormes caimáns e por unha inundación que cobre rapidamente o terreo. -
00:30 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). 'Zigzag' coñecerá da man de Patricia Hermida, presidenta da Asociación Galega de Empresas Musicais, un informe pioneiro sobre o impacto económico deste sector. -
01:00 h
en emisiónPENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1259
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Marcial Mouzo, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas. -
06:00 h
SEN CÓDIGO POSTAL: A Peroxa
Anselmo, o que fora carteiro de ‘Luar’, interpretado por Luís Zahera, está de volta para percorrer Galicia cada sábado, visitando os lugares e veciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, uns destinatarios moi especiais que teñen moito que contar da nosa terra. A Peroxa, unha localidade singular, situada entre Lugo e Ourense, lindante entre catro concellos e bañada por catro ríos, é hoxe o destino do programa.