Programación
-
07:00 h
AXÓUXERES: AXÓUXERES 29
-
07:10 h
CARACOIS: CARACOL E FORMIGA
-
07:15 h
TUTU 3D: TUTU 3D 54
-
07:20 h
TELMO E TULA: TELMO E TULA 33
-
07:30 h
TELMO E TULA: TELMO E TULA 34
-
07:35 h
OS BOLECHAS XIII (MERENDA COS BOLECHAS II)
Loli explícalle a Pili o divertido que é viaxar no Nadal, para iso falan con Braulio que se atopa de vacacións no Brasil, mentres que Carlos goza das auroras boreais de Finlandia. Miguel canta con eles unha divertida canción sobre as viaxes do Nadal e falan cos alumnos do EEI Pereiriña. -
08:00 h
BRAULIO TUBER
-
08:10 h
CONTOS DO CAMIÑO, O: O PAPÓN
-
08:30 h
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 01.12.2023
Faladoiro informativo presentado por Silvia Pereira e Manuel Estévez dende o estudio multimedia da Radio Galega. -
09:30 h
CAFÉ SEN GOTAS: CAFÉ SEN GOTAS 258
Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento. -
09:50 h
A PORTA ABERTA: "Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños"
Programa dirixido por X. H. Rivadulla Corcón que ten como obxectivo dar a coñecer e poñer en valor o traballo das asociacións e entidades sociais galegas. Hoxe os espectadores coñecerán a historia e a actualidade de Asociación Galega de Matronas, da man da presidenta, Noelia Amor, a vicepresidenta, Cristina Lojo, e as asociadas María Coego e Daniela González. -
10:10 h
MÉTODO CRIMINAL: Plan B
Serie da TVG co narcotráfico como tema de fondo, con Luís Iglesia e Miguel Canalejo como protagonistas. A trama arranca cando Damián Canosa ten que facerse cargo do negocio ilegal da súa familia e decide recorrer ao actor que deu vida ao temible Carmelo Matalobos. Adrián quere desenmascarar a Luís e a Cecilia e dar a coñecer a súa relación con Damián. Lánzase a unha misión para obter probas contra eles, esquecendo que é mellor manterse á marxe en todo o que teña que ver co clan dos Canosa. -
11:00 h
SERRAMOURA: O pasado sempre volve
Pero o golpe máis duro para o cuartel foi saber que Quique lle revelou a Diana detalles moi relevantes da investigación, poñendo en perigo a todos os membros do corpo. -
12:15 h
SERRAMOURA: Dúas horas no inferno
Luz está desaparecida e hai unha bomba na vila. Sen dubidar un segundo, o tenente e o seu equipo organiza un amplo dispositivo para garantir a seguridade en Serramoura. -
13:15 h
SERRAMOURA: A febre do ouro
Luz continúa á fronte da taberna, e Quique ten posibilidades de manter o seu posto no cuartel. Pero o principal problema da vila continúa a ser o peche do serradoiro. Na entrega desta semana, os traballadores acoden a dona Teresa nun intento de reconducir a situación, pero atópanse coa súa negativa. Mentres, Gloria e Raquel concentran os seus esforzos en abrir un novo serradoiro, para o que precisan dun terreo en que levantar o seu imperio. Sen embargo, ninguén quere vender. -
14:30 h
POLO REGO
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos. -
15:00 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Eduardo Herrero. -
15:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 01.12.2023
Presenta Marta Darriba. -
16:10 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 01.12.2023
Información deportiva a cargo de Terio Carrera. -
16:25 h
O TEMPO
-
16:35 h
BONANZA: O Bravo
Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe. -
17:20 h
TI VERÁS
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez que combina unha aditiva dinámica de xogo e o aspecto máis humano e interactivo do 'talk show'. As parellas concursantes deben responder correctamente 8 preguntas e abrir 8 das 10 bonecas rusas xigantes para conseguir a maior cantidade de cartos posibles. -
18:20 h
ESCAPÁRATE: ESCAPÁRATE 8
A TVG aposta polo comercio local con 'Escapárate', programa que propón adentrarse nas tendas de toda a vida. Dous equipos, integrados por profesionais e polos propietarios dos negocios, compiten para ver quen consegue preparar o mellor escaparate. A competición de 'Escapárate' desenvólvese hoxe nunha tenda de cómics de Ferrol e nun establecemento de Pontevedra que homenaxea a Marilyn Monroe. -
19:30 h
PIPPI CALZASLARGAS: PIPPI EMBARCA NO HOPPETOSSE
-
20:00 h
SHIN CHAN (657-681): NEVADO DORME FÓRA DA CASA / HOXE TEÑO CONTRATEMPOS... SEGUIDO / A GALLETA PASA DUNHA MAN Á OUTRA
-
20:35 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). Juan de Nieves, comisario da exposición ‘Caruncho. Geometría Mundi’, visita ‘Zigzag’ para falar desta retrospectiva da carreira do artista, que pode visitarse na Coruña. -
21:00 h
LATEXOS DA CIDADE
A TVG tómalles o pulso ás grandes urbes galegas a través dos seus habitantes. Neste programa, os espectadores coñecerán cada edición tres personaxes con vidas únicas e poranlles nome e voz ás persoas coas que se cruzan cada día. Desde Ourense ata A Coruña, 'Latexos da cidade' amosa o ambiente da zona vella da cidade olívica. O programa pasará, amais, en Compostela unha noite moi movida co equipo de recollida de residuos. -
22:00 h
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 01.12.2023
Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva. -
23:10 h
SICARIO
Na zona fronteiriza que se estende entre Estados Unidos e México, Kate Macer, unha idealista axente do FBI, é recrutada por unha forza de elite do Goberno para loitar contra o narcotráfico. Baixo o mando de Matt Graver, un frío membros das forzas gobernamentais, e de Alejandro, un enigmático asesor, o equipo emprende unha misión que leva a muller a cuestionarse as súas conviccións sobre a guerra contra os narcos e os límites da lei. -
23:10 h
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
-
01:00 h
en emisiónPENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1140
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Marcial Mouzo, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas. -
06:00 h
TERRA DE MIRANDA: O regreso
Tras a ruptura matrimonial, Carmela deixa Vigo e establécese en Miranda, a súa terra natal. É veterinaria e retoma a súa profesión para ocupar a vacante que deixou o seu tío Alfonso, acabado de xubilar. Queda a vivir, xunto cos seus fillos, Brais e Bea, na casa do seu vello e solitario tío. Pedro ten que partir cara a Alemaña para comparecer nun xuízo, polo que lle propón a Alfonso que o substitúa. Isto ilusiona a Bea, que pensa que ao carón do seu tío pode adquirir moita experiencia, pero provoca os celos