div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 16.11.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 16.11.2026

Presenta María Cheda.

09:30 h

ESPECIAL INFORMATIVO: Debate Eleccións Xerais 2026

Este luns terá lugar en TVG un debate electoral moderado por Marta Darriba, coa participación de Francisco Conde, do PP; Patricia Otero, do PSdeG-PSOE; Paulo Carlos López-López, de Fronte Ampla, e Néstor Rego, do BNG, que poderán confrontar as súas posicións en catro bloques temáticos. Os temas acordados son vivenda, custo da vida e reformas, infraestruturas e servizos públicos e, por último, situación política actual e rexeneración democrática, cunha duración aproximada de 13 minutos para cada bloque, e seguidos dun minuto final para cada formación.

10:30 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XV 191

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VIII 519

Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña toman o mando de 'O Termómetro' nas mañás da TVG. Conducen máis de dúas horas de directo con entretemento, faladoiro, asuntos de interese público e reporteiros nas catro provincias. A chegada aos restaurantes das carnes de caza, as humidades nas vivendas e o acoso a través de contas de curis, temas destacados en 'O Termómetro'.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 16.11.2026

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL: TELEXORNAL MEDIODÍA 16.11.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

15:10 h

EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 16.11.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

15:25 h

AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI

15:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 16.11.2026

15:45 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑIA DE LOLI II 120

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia comparten historias de vida e buscan novas relacións para rematar coa súa soidade.

18:10 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XV 1128

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

19:45 h

O CAMPO É NOSO: LUCÍA CASAL, MARÍA MACEIRAS, MANUEL VÁZQUEZ, AITOR JAMARDO, DAVID SOENGAS, VÍCTOR BASCOY

Novo programa dedicado ao sector primario galego, que amosará as historias e o traballo das persoas que viven do campo e do mar. O formato aposta pola proximidade, o humor e a autenticidade para achegarlles aos espectadores unha visión diferente do rural galego. Entre outros labores, os protagonistas de ‘O campo é noso’ recollerán mostras de terra para coñecer o estado do solo e comprobarán o estado dunha vaca tras un parto.

20:15 h

A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO II 120

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

21:00 h

TELEXORNAL: TELEXORNAL SERÁN 16.11.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

21:30 h

EN XOGO: TX DEPORTES SERÁN 16.11.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

21:40 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 16.11.2026

21:45 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW IV 163

‘Land Rober + Show’ volverá pintar a mona con sketchs de ficción, o seu xa popular prezo xusto, xogos co público e entrevistas a personaxes de todo tipo, tanto de Galicia como de toda España. Ademais de Roberto Vilar e Eva Iglesias, o espazo de humor conta coa presenza de Xurxo Carreño, Patricia Pérez, Ana Ageitos e Dani Fernández como colaboradores. Unha actriz internacional acode a unha edición de ‘Land Rober + Show’ en que Xurxo Carreño porá a proba as papilas gustativas de Roberto Vilar.

22:45 h

EXPEDIENTE OCULTO: EXPEDIENTE OCULTO III 30. CRIME DE ANTONIO GALI

Formato de investigación, que combina xornalismo de sucesos, reconstrución de crimes reais e exploración do misterio. A xornalista Patricia Abet conduce este espazo, acompañada por unha mesa de especialistas e perfís vinculados a cada historia. O programa 'Expediente Oculto' analiza esta noite o perfil do asasino en serie Antonio Gali Balaguer. O espazo da TVG presentado por Patricia Abet tamén porá o foco nas familias vinculadas á delincuencia.

23:45 h

O DESFILADEIRO DO COBRE

Tras a Guerra de Secesión, un grupo de veteranos pon as súas esperanzas de comezar unha nova vida na rica rexión de cobre do Oeste. Pero o seu futuro vese seriamente ameazado polas acusación de escravistas de xente interesada en que non comecen a explotar as súas concesións.

01:20 h

O CAMPO É NOSO: LUCÍA CASAL, MARÍA MACEIRAS, MANUEL VÁZQUEZ, AITOR JAMARDO, DAVID SOENGAS, VÍCTOR BASCOY

Novo programa dedicado ao sector primario galego, que amosará as historias e o traballo das persoas que viven do campo e do mar. O formato aposta pola proximidade, o humor e a autenticidade para achegarlles aos espectadores unha visión diferente do rural galego. Entre outros labores, os protagonistas de ‘O campo é noso’ recollerán mostras de terra para coñecer o estado do solo e comprobarán o estado dunha vaca tras un parto.

02:10 h

LIBRO DE FAMILIA: Delirios de grandeza

María regresa de Santiago feita unha 'señoritinga' con moitos fumes, pola influencia da súa amiga Pili. Laura e Marcos descobren que Román está a deixalos sen o patrimonio que lles pertence. Deli cada vez está máis convencida de volver a Vilariz.

03:20 h

LIBRO DE FAMILIA: Próximo asalto

Pancho devece por participar nun torneo de boxeo e para isto pídelle axuda a Freire. Deli confésalle a Sara que non ten claros seus sentimentos cara a Freire, á vez que Telmo lle acaba confesando a Manuel o que sente por Deli.

04:35 h

LIBRO DE FAMILIA: Un anxo no galiñeiro

Marisiña cre que se lle apareceu no galiñeiro un anxo que baixou do ceo para anunciarlle o seu preñamento. Crendo que está embarazada, cóntallo a Sara, quen lle di que debe comunicarllo a Elías para que se responsabilice.

05:45 h

LIBRO DE FAMILIA: Noite de paz

Chega o Nadal a Santalla. A dona Laura ocórreselle facer un Belén vivente con todos os veciños, pero os problemas non tardan en aparecer. Freire, Pancho e Telmo deciden xuntarse para non pasar sós a Noiteboa.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 16.11.2026

div-crtvg-top2

Publicidade