div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VIII 517

Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña toman o mando de 'O Termómetro' nas mañás da TVG. Conducen máis de dúas horas de directo con entretemento, faladoiro, asuntos de interese público e reporteiros nas catro provincias.

09:00 h

O CAMPO É NOSO: LUCÍA CASAL, AITOR JAMARADO, MANUEL VÁZQUEZ, VÍCTOR BASCOY, AITOR LATA, SAÚL ROUCO

Novo programa dedicado ao sector primario galego, que amosará as historias e o traballo das persoas que viven do campo e do mar. O formato aposta pola proximidade, o humor e a autenticidade para achegarlles aos espectadores unha visión diferente do rural galego. Os espectadores de ‘O campo é noso’ descubrirán hoxe unha ferramenta que permite traballar a terra en profundidade e saberán a información que dan os excrementos sobre os animais dunha explotación gandeira.

09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 14.11.2026

Presenta Chus Tanoira.

10:00 h

LABRANZA: LABRANZA 1784

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

10:30 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3486

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.

10:35 h

A ORQUESTRA PERFECTA: Origen-Trébol

Comeza na TVG a busca de 'A Orquestra Perfecta', o gran 'talent show' do verán na TVG. Os integrantes das grandes orquestras enfróntanse entre eles para conseguir un posto na formación ideal da verbena galega, nun reto presentado por Arturo Fernández. Trébol, máis de 70 anos facendo historia, desafía a Origen, a nova revolución da verbena, en 'A orquestra perfecta'. O espazo segue buscando as voces que formen a orquestra perfecta, hoxe, entre unha formación chea de experiencia e unha nova forma de entender o espectáculo.

12:35 h

COS PÉS NO MAR: BELÉN PAZOS, FRANCISCO MARTÍNEZ E IVÁN QUINTÁNS.

Programa que dá a coñecer persoas que fan cada día unha aposta vital polo mar, sendo o medio mariño o presente e o futuro deles e mais das súas familias. O equipo de ‘Cos Pés no Mar’ coñecerá os mellores trucos para a pesca da robaliza e descubrirá como transformar o lixo en arte.

13:50 h

ATMOSFÉRICOS: ATMOSFERICOS 14.11.2026

Programa presentado por Diego Viaño que toma a meteoroloxía como fío condutor para contar Galicia a través do clima, a natureza e o medio ambiente galego.

14:05 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 14.11.2026

Presenta Chus Tanoira.

14:25 h

TELEXORNAL: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 14.11.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

15:05 h

EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 14.11.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

15:20 h

NO FOCO: NO FOCO 14.11.2026

Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

15:50 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 14.11.2026

16:00 h

TARDE PIACHES: TARDE PIACHES II 54

Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, este magazine de fin de semana ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente. En ‘Tarde Piaches’, debátese este sábado sobre o xabaril en Galicia e a súa presenza cada vez máis frecuente en zonas urbanas e terreos de cultivo.

20:00 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XV 914

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. O bote do programa chegou aos 53.000 euros e veñen hoxe dispostos a facerse con el Carmen, de Ourense; Bea, de Vilagarcía de Arousa; Dani, de Oleiros; Adrián, do Carballiño, e Angie, da Coruña. Todos deben ir superando as distintas fases do xogo para teren opcións de levar o gran premio no 'Minuto final'.

21:00 h

TELEXORNAL: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 14.11.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

21:30 h

EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES SERÁN FIN DE SEMANA 14.11.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

21:45 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 14.11.2026

21:55 h

A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS VIII 97

Unha temporada máis, 'A Liga dos Cantantes Extraordinarios' regresa para facer as delicias dos seguidores das orquestras. A presentadora María Mera ponse de novo aos mandos deste célebre concurso co obxectivo de atopar o rei ou a raíña da verbena galega. ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios' dálle hoxe inicio ao 'Mundial das Orquestras', co que se lle renderá homenaxe ás formacións máis emblemáticas da verbena. Os concursantes probarán sorte con temas de Quevedo, Michael Jackson e Mónica Naranjo, entre outros.

00:10 h

COS PÉS NO MAR: BELÉN PAZOS, FRANCISCO MARTÍNEZ E IVÁN QUINTÁNS.

Programa que dá a coñecer persoas que fan cada día unha aposta vital polo mar, sendo o medio mariño o presente e o futuro deles e mais das súas familias.

01:15 h

TORMENTA SOBRE WASHINGTON

Robert Leffingwell é o candidato do presidente dos Estados Unidos para ocupar a secretaría de Estado, pero antes debe someterse a unha investigación do Senado, que decidirá se é a persoa idónea para un cargo de tanta responsabilidade. Á fronte do comité de investigación está o idealista senador Brig Anderson, que descobre que na súa xuventude Leffingwell estivo vinculado a unha organización comunista.

03:25 h

LIBRO DE FAMILIA: O Lute en Santalla

A posible presenza en Santalla de 'El Lute', perigoso delincuente, produce gran desacougo na vila. Laura regresa á súa casa, onde a recibe Lupe, quen se desfai en atencións. Toña sorprende a don Román e Lupe en situación comprometida.

03:25 h

O CAMPO É NOSO: LUCÍA CASAL, AITOR JAMARADO, MANUEL VÁZQUEZ, VÍCTOR BASCOY, AITOR LATA, SAÚL ROUCO

Novo programa dedicado ao sector primario galego, que amosará as historias e o traballo das persoas que viven do campo e do mar. O formato aposta pola proximidade, o humor e a autenticidade para achegarlles aos espectadores unha visión diferente do rural galego. Os espectadores de ‘O campo é noso’ descubrirán hoxe unha ferramenta que permite traballar a terra en profundidade e saberán a información que dan os excrementos sobre os animais dunha explotación gandeira.

03:55 h

LABRANZA: LABRANZA 1784

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

04:00 h

LIBRO DE FAMILIA: O Lute en Santalla

A posible presenza en Santalla de 'El Lute', perigoso delincuente, produce gran desacougo na vila. Laura regresa á súa casa, onde a recibe Lupe, quen se desfai en atencións. Toña sorprende a don Román e Lupe en situación comprometida.

04:20 h

LIBRO DE FAMILIA: As regras de xogo

Panchiño instala un futbolín no bar. Don Román pensa en sacar tallada e cobrarlle impostos por actividades recreativas, o que non parece moi legal. Manuel bríndase para axudar a Pancho e de paso darlle unha lección ao alcalde.

04:35 h

05:00 h

05:30 h

LIBRO DE FAMILIA: Palabra de casamento

Na casa dos Cabanas Manuel ilusiónase coa posibilidade de ter un coche. Cosme mércalle o coche a Don Venancio para o seu fillo. Freire e Deli fixan a data da voda, pero ela semella non estar moi ilusionada, xa que sente algo por Telmo.

05:45 h

div-crtvg-top2

Publicidade