TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 12.11.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 12.11.2026
Presenta María Cheda.
COS PÉS NA TERRA
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VIII 517
Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña toman o mando de 'O Termómetro' nas mañás da TVG. Conducen máis de dúas horas de directo con entretemento, faladoiro, asuntos de interese público e reporteiros nas catro provincias.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 12.11.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL: TELEXORNAL MEDIODÍA 12.11.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 12.11.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 12.11.2026
EN COMPAÑIA DE LOLI: EN COMPAÑIA DE LOLI II 118
Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia comparten historias de vida e buscan novas relacións para rematar coa súa soidade.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XV 1126
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
O CAMPO É NOSO: LUCÍA MARTÍNEZ, SAÚL ROUCO, MARIA MACEIRAS, AITOR JAMARDO, VÍCTOR BASCOY, LUCÍA CASAL
Novo programa dedicado ao sector primario galego, que amosará as historias e o traballo das persoas que viven do campo e do mar. O formato aposta pola proximidade, o humor e a autenticidade para achegarlles aos espectadores unha visión diferente do rural galego.
A VOLTAS CO PRATO: OUTRO CHURRO BEN LLE EMPURRO!
Xulio Mato cociña churros salgados con queixo e touciño entrefebrado. Lucía Vázquez fai unha torta de queixo de churros.
TELEXORNAL: TELEXORNAL SERÁN 12.11.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO: TX DEPORTES SERÁN 12.11.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 12.11.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW IV 164
‘Land Rober + Show’ volverá pintar a mona con sketchs de ficción, o seu xa popular prezo xusto, xogos co público e entrevistas a personaxes de todo tipo, tanto de Galicia como de toda España. O programa pecha a semana recibindo como convidado a un dos artistas máis destacados da música galega que ademais conta cunha ampla traxectoria televisiva. Tamén visita este xoves o plató o colaborador do espazo, deportista e atleta olímpico, Benjamin Compaoré, que conectará cun país de Asia para dar a coñecer a un amante da lingua galega. E na ficción, Roberto Vilar e Eva Iglesias interpretarán unha escena acerca dun problema nun cruce dunha aldea galega.
OS CRONONAUTAS: A VIAXE QUE NOS TROUXO ATA HOXE
Os crononautas percorren os séculos XIX e XX para descubrir os acontecementos que contribúen á transformación da Galicia contemporánea. O episodio aborda as revoltas liberais, a emigración a América, a chegada do ferrocarril, o desenvolvemento do movemento obreiro, o Rexurdimento da lingua galega e outros cambios sociais, económicos e culturais que marcan a evolución do país.
SEGREDOS - DESMONTANDO GALICIA: LUGO CIDADE
Os espectadores descubrirán a comunidade dun xeito único, desde os puntos de vista máis abraiantes e inéditos. Presentado por Diana Nogueira e Alicia Burton, este novo programa amosará, sen límites espaciais e temporais e grazas ás integracións 3D, os segredos das grandes infraestruturas e do patrimonio natural, urbanístico e cultural galego. A andaina do programa continúa hoxe en Lugo, a cidade máis antiga de Galicia e unha das máis enigmáticas. O espazo tamén fará un percorrido polo Camiño Primitivo e os espectadores saberán como foi avanzando cara á modernidade
A VIDA DOS OUTROS
Na República Democrática de Alemaña, no ano 1984, o capitán Gerd Wiesler, un home solitario, é un oficial competente do servizo de intelixencia e espionaxe da Stasi, a todopoderosa policía secreta do réxime comunista da RDA. Porén, cando lle encomendan que espíe a parella formada por un prestixioso escritor e unha popular actriz, non pode nin sequera imaxinar ata que punto esa misión vai influír na súa concepción da vida e do mundo.

LIBRO DE FAMILIA: A monta
Cando mellor ía o negocio do almacén, Román fai das súas subíndolles os impostos. Laura está máis que segura de que o seu home ten unha amante. Rosa Mari e Pabliño poñen en apuros máis dun adulto cando lles preguntan de onde veñen os nenos.

LIBRO DE FAMILIA: Santalla non terá mina
Marcos marcha á mili, a marcha de María a Santiago é inminente e Ramiro pensa en ir cos Satélites. Elías finxirá amnesia para que Marisiña se desfaga en atencións á súa persoa. Telmo regresa para sorpresa de todos.
LIBRO DE FAMILIA: A matanza
Os Cabana van celebrar a matanza e un dos porcos criouno Marisiña coma un fillo, polo que a moza non pode co disgusto e por riba o matachín será Elías. Con motivo do festexo, María chega de Santiago e trae con ela a súa amiga Pili.
LIBRO DE FAMILIA: Semente nova
Román preocúpase en exceso do seu aspecto, o que incrementa as sospeitas de Laura, que pensa que volve ás andadas. María xa está en Santiago, onde súa compañeira de habitación intenta facer dela unha rapaza 'moderna'.
LIBRO DE FAMILIA: A letra con sangue entra
Chega a Santalla don Ricardo, o mestre substituto de dona Laura, e causa un gran malestar polos seus métodos de aprendizaxe antipedagóxicos, con castigos físicos. Dona Laura está cada vez máis enferma e no hospital diagnostícanlle tuberculose.