TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 11.11.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 11.11.2026
Presenta María Cheda.
O AGRO: O AGRO 11.11.2026
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XIV 188
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. O programa 'Cos Pés na Terra' visita este martes o obradoiro de conservas dunha muller que cambiou a avogacía por esta nova aventura. Ademais, os espectadores coñecerán o proxecto hostaleiro dun rapaz chegado de Colombia e compartirán o día cunha gandeira todoterreo.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VIII 516
Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña toman o mando de 'O Termómetro' nas mañás da TVG. Conducen máis de dúas horas de directo con entretemento, faladoiro, asuntos de interese público e reporteiros nas catro provincias. 'O Termómetro' vivirá en directo os magostos de Ourense, asistirá á Feira Cabalar de San Martiño en Teo e estará pendente da entrada en Galicia da borrasca Charles.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 11.11.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL: TELEXORNAL MEDIODÍA 11.11.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 11.11.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 11.11.2026
EN COMPAÑIA DE LOLI: EN COMPAÑIA DE LOLI II 117
Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia comparten historias de vida e buscan novas relacións para rematar coa súa soidade.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XV 1125
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
O CAMPO É NOSO: LUCIA CASAL, AITOR LAUTA, MANUEL VÁZQUEZ, MARÍA MACEIRAS, VÍCTOR BASCOY, SAÚL ROUCO
Novo programa dedicado ao sector primario galego, que amosará as historias e o traballo das persoas que viven do campo e do mar. O formato aposta pola proximidade, o humor e a autenticidade para achegarlles aos espectadores unha visión diferente do rural galego. O espazo ‘O campo é noso’ traballa hoxe con cabalos, galiñas e cabras, e continúa coa elaboración do viño e coa preparación do marisco e da maquinaria agrícola.
A VOLTAS CO PRATO: San Martiño? Mata o porco e proba o viño!
Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas. No programa de hoxe, Xulio Mato cociñará albóndegas de matanza, mentres que Begoña Vázquez vai preparar unha torta de San Martiño.
TELEXORNAL: TELEXORNAL SERÁN 11.11.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO: TX DEPORTES SERÁN 11.11.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 11.11.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW IV 163
‘Land Rober + Show’ volverá pintar a mona con sketchs de ficción, o seu xa popular prezo xusto, xogos co público e entrevistas a personaxes de todo tipo, tanto de Galicia como de toda España. Ademais de Roberto Vilar e Eva Iglesias, o espazo de humor conta coa presenza de Xurxo Carreño, Patricia Pérez, Ana Ageitos e Dani Fernández como colaboradores. Unha icona do humor visita este mércores o 'Land Rober + Show'.
ORGULLO DE FAMILIA: ORGULLO DE FAMILIA 10
Docu-reality que lles achega aos espectadores a realidade cotiá de tres familias xitanas galegas. Ao longo de 13 capítulos, convida a descubrir as súas historias, raíces, costumes e valores, nun retrato íntimo e respectuoso que reivindica o orgullo de sentirse galego e caló. Unha escapada romántica, unha foliada improvisada e unha visita a Vigo, esta noite, nunha nova entrega de 'Orgullo de Familia'. Os Jiménez Jiménez, os Ventos Romero e os Jiménez Hernández vivirán novas aventuras e afrontarán retos que os porán a proba.
A MIÑA FAMILIA POLA TÚA: A MIÑA FAMILIA POLA TÚA II 11
Divertida proposta en que dúas nais, con estilos de vida opostos, intercambiarán o seu fogar durante unha semana. 'A miña familia pola túa' intercambia hoxe unha moza reservada coa súa vida privada e outra dependente das redes sociais. A vida de Carlota, dunha aldea da Estrada, non precisa de coberturas móbiles nin de likes, mentres que o negocio de Vanessa, que vive en Becerreá, depende de cada novo seguidor.
QUERO SER COMO BECKHAM
Os pais de Jess queren que sexa unha convencional moza india, pero ella só quere xogar ao fútbol como David Beckham, a estrela do Manchester United. Un día, Jules, unha rapaza da súa idade, convídaa a unirse ao equipo de fútbol feminino local. Os seus pais non entenden por que xoga ao fútbol en vez de estudar Dereito e aprender a cociñnar, nin por que non intenta parecerse a Pinky, a súa irmá maior, que está prometida co home adecuado. Ademais, a Jules e a Jess gústalles o mesmo mozo: o seu adestrador, Joe.
QUERO SER COMO BECKHAM
Os pais de Jess queren que sexa unha convencional moza india, pero ella só quere xogar ao fútbol como David Beckham, a estrela do Manchester United. Un día, Jules, unha rapaza da súa idade, convídaa a unirse ao equipo de fútbol feminino local. Os seus pais non entenden por que xoga ao fútbol en vez de estudar Dereito e aprender a cociñnar, nin por que non intenta parecerse a Pinky, a súa irmá maior, que está prometida co home adecuado. Ademais, a Jules e a Jess gústalles o mesmo mozo: o seu adestrador, Joe.
LIBRO DE FAMILIA: Probas de amor
Manuel, Ramiro e Pancho por fin van saír do cárcere, pero antes María e Marisiña van poñer a proba os seus mozos. Despois de saber que Tomás era seu irmán, Adela dálle ao seu pai a elixir entre un dos dous.
LIBRO DE FAMILIA
Os Cabanas están alborotados por mor da volta de Manuel. As negociacións da mina entre Freire e mais Tomás non chegan a bo porto. Román volve a sacar tallada da situación e inicia as expropiacións.
LIBRO DE FAMILIA: Santalla non terá mina
Marcos marcha á mili, a marcha de María a Santiago é inminente e Ramiro pensa en ir cos Satélites. Elías finxirá amnesia para que Marisiña se desfaga en atencións á súa persoa. Telmo regresa para sorpresa de todos.
LIBRO DE FAMILIA
Manuel, Elías e Pancho están presos pola revolta do monte da mina. Na casa dos Cabanas todos están moi preocupados por eles. Freire non soporta máis os problemas cos seus fillos, coa mina e con Deli, polo que se dá á bebida.
LIBRO DE FAMILIA: Semente nova
Román preocúpase en exceso do seu aspecto, o que incrementa as sospeitas de Laura, que pensa que volve ás andadas. María xa está en Santiago, onde súa compañeira de habitación intenta facer dela unha rapaza 'moderna'.
LIBRO DE FAMILIA: Probas de amor
Manuel, Ramiro e Pancho por fín van saír do cárcere, pero antes María e Marisiña van poñer a proba os seus mozos. Despois de saber que Tomás era seu irmán, Adela dálle ao seu pai a elixir entre un dos dous.