div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 04.11.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 04.11.2026

Presenta María Cheda.

10:30 h

O AGRO: O AGRO 04.11.2026

10:35 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XIV 183

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. O equipo de 'Cos Pés na Terra' subirá hoxe o cumio do Ézaro cun gandeiro e as súas vacas. O espazo da TVG tamén estará cun artesán que fai instrumentos tradicionais e cunha muller que comparte a súa sabedoría nas redes sociais.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VIII 511

Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña toman o mando de 'O termómetro' nas mañás da TVG. Conducen máis de dúas horas de directo con entretemento, faladoiro, asuntos de interese público e reporteiros nas catro provincias. 'O Termómetro' falará hoxe da suba de prezos nos salóns de peiteado e das lesións de gravidade no fútbol.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 04.11.2026

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL: TELEXORNAL MEDIODÍA 04.11.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

15:10 h

EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 04.11.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

15:25 h

AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 04.11.2026

15:45 h

EN COMPAÑIA DE LOLI: EN COMPAÑIA DE LOLI II 112

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia comparten historias de vida e buscan novas relacións para rematar coa súa soidade.

18:05 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XV 1120

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

19:30 h

O CAMPO É NOSO: VÍCTOR BASCOY, AITOR LAUTA, MANUEL VÁZQUEZ, SAÚL ROUCO, LUCÍA CASAL, LUCÍA MARTÍNEZ

Novo programa dedicado ao sector primario galego, que amosará as historias e o traballo das persoas que viven do campo e do mar. O formato aposta pola proximidade, o humor e a autenticidade para achegarlles aos espectadores unha visión diferente do rural galego.

19:40 h

O CAMPO É NOSO: SAÚL ROUCO, AITOR LAUTA, LUCÍA CASAL, MANUEL VÁZQUEZ, MARÍA MACEIRAS, AITOR JAMARDO

Novo programa dedicado ao sector primario galego, que amosará as historias e o traballo das persoas que viven do campo e do mar. O formato aposta pola proximidade, o humor e a autenticidade para achegarlles aos espectadores unha visión diferente do rural galego. Vacinar porcos, seleccionar plantas para a horta, pesar o marisco e procesar uvas tintas, entre os labores dos protagonistas de ‘O campo é noso’ este mércores.

20:10 h

A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO II 112

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

21:00 h

TELEXORNAL: TELEXORNAL SERÁN 04.11.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

21:30 h

EN XOGO: TX DEPORTES SERÁN 04.11.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

21:40 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 04.11.2026

21:45 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW IV 159

‘Land Rober + Show’ volverá pintar a mona con sketchs de ficción, o seu xa popular prezo xusto, xogos co público e entrevistas a personaxes de todo tipo, tanto de Galicia como de toda España. Ademais de Roberto Vilar e Eva Iglesias, o espazo de humor conta coa presenza de Xurxo Carreño, Patricia Pérez, Ana Ageitos e Dani Fernández como colaboradores. A filla dunha lenda da música visita este mércores o 'Land Rober + Show'.

22:50 h

ORGULLO DE FAMILIA: ORGULLO DE FAMILIA 9

Docu-reality que lles achega aos espectadores a realidade cotiá de tres familias xitanas galegas. Ao longo de 13 capítulos, convida a descubrir as súas historias, raíces, costumes e valores, nun retrato íntimo e respectuoso que reivindica o orgullo de sentirse galego e caló. En 'Orgullo de Familia', os espectadores asistirán esta noite a cambios, despedidas e novos retos. Aitana ponse en modo reforma, Purita e Eliseo marchan para León e os Ventos Romero aprenden a levar a bandexa.

23:55 h

A MIÑA FAMILIA POLA TÚA: A MIÑA FAMILIA POLA TÚA II 10

Divertida proposta en que dúas nais, con estilos de vida opostos, intercambiarán o seu fogar durante unha semana. Unha muller defensora da cultura tradicional e outra que abraza outro tipo de hábitos intercambian hoxe as súas vidas en 'A miña familia pola túa'. As protagonistas desta semana son Lauri, unha nai mariscadora, e Abi, unha polaca moi metaleira que está en Galicia por amor.

01:35 h

UNHA BOA PERSOA

Allison, unha moza cun futuro brillante, e Daniel, o pai do seu prometido, sofren a mesma perda tráxica. Nun momento de crise, os dous protagonistas forxan unha amizade que suscita a compaixón e o perdón necesarios para superar a culpa e atopar a liberdade.

03:30 h

LABRANZA: LABRANZA 1782

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

04:00 h

LIBRO DE FAMILIA

Serie que retrata tres familias galegas pertencentes a distintos estratos sociais, residentes en Santalla. Os Cabanas, labradores de toda a vida e propietarios dun ultramarinos, conviven cos Lamela, saga de caciques que teñen contas pendentes cos Freire, indiáns que regresan da emigración logo de facerse ricos en Venezuela. A familia é o núcleo central e todo xira en torno ao que lles sucede, directa ou indirectamente a cada un deles. Comeza na Galicia dos anos 70, en que empezan a emerxer as cooperativas, a industria e chegan os cartos da emigración.

04:05 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1243

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

04:35 h

LIBRO DE FAMILIA

Serie que retrata tres familias galegas pertencentes a distintos estratos sociais, residentes en Santalla. Os Cabanas, labradores de toda a vida e propietarios dun ultramarinos, conviven cos Lamela, saga de caciques que teñen contas pendentes cos Freire, indiáns que regresan da emigración logo de facerse ricos en Venezuela. A familia é o núcleo central e todo xira en torno ao que lles sucede, directa ou indirectamente a cada un deles. Comeza na Galicia dos anos 70, en que empezan a emerxer as cooperativas, a industria e chegan os cartos da emigración.

05:00 h

05:40 h

06:00 h

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 04.11.2026

div-crtvg-top2

Publicidade