TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 08.10.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 08.10.2026
Presenta María Cheda.
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XIII 165
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. ‘Cos Pés na Terra' amosa hoxe as posibilidades na cociña das plantas silvestres. O espazo da TVG tamén ten unha cita cunha gandeira nova e cunha odontóloga equina.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VIII 493
Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña toman o mando de 'O Termómetro' nas mañás da TVG. Conducen máis de dúas horas de directo con entretemento, faladoiro, asuntos de interese público e reporteiros nas catro provincias.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 08.10.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL: TELEXORNAL MEDIODÍA 08.10.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 08.10.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 08.10.2026
AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI
EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 93
Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XV 1101
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XV 898
Terceiro día da nosa particular semana e o bote do 'Atrápame' está xa nos 49 400 euros. Van pelexar por facerse con el Marga de Cangas de Morrazo, Paco de Sarria, Claudia de Gondomar, Susana de Lugo e Aitor de Vigo.
A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 93
Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.
TELEXORNAL: TELEXORNAL SERÁN 08.10.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO: TX DEPORTES SERÁN 08.10.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 08.10.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 144
‘Land Rober + Show’ volverá pintar a mona con sketchs de ficción, o seu xa popular prezo xusto, xogos co público e entrevistas a personaxes de todo tipo, tanto de Galicia como de toda España. Ademais de Roberto Vilar e Eva Iglesias, o espazo de humor conta coa presenza de Xurxo Carreño, Patricia Pérez, Ana Ageitos e Dani Fernández como colaboradores.
OS CRONONAUTAS: A IDADE COMPOSTELÁ
Trisha e David viaxan á Galicia medieval para descubrir o papel de Santiago de Compostela como centro de peregrinación, de poder e de referencia política na Europa medieval.
SEGREDOS - DESMONTANDO GALICIA: A ponte de Rände
Os espectadores descubrirán a comunidade dun xeito único, desde os puntos de vista máis abraiantes e inéditos. Presentado por Diana Nogueira e Alicia Burton, este novo programa amosará, sen límites espaciais e temporais e grazas ás integracións 3D, os segredos das grandes infraestruturas e do patrimonio natural, urbanístico e cultural galego. Batallas épicas, lendas e historias de película, hoxe nun programa dedicado á ría de Vigo e á ponte de Rande. Os espectadores coñecerán as características que fan única unha megaconstrución que marcou un antes e un despois na cidade olívica e nos municipios da contorna.
DALLAS: VEREDICTO
Os Ewing afrontan momentos decisivos tanto na súa vida familiar como nos seus negocios. Varias situacións límite obrigan a tomar decisións que cambiarán o futuro dalgúns dos seus membros.
DALLAS: O CANTO DO CISNE
A tempada conclúe cunha sucesión de acontecementos dramáticos que afectan profundamente á familia Ewing. X.R. enfróntase ás consecuencias das súas accións mentres o futuro de Southfork e de Ewing Oil queda marcado por novas incertezas.
A HEREXÍA LARANXA QUEIMADA
Un marchante convida un crítico de arte moi ambicioso á súa mansión en Italia para propoñerlle unha oportunidade única que impulsará enormemente a súa carreira: deberá entrevistar un pintor moi esquivo que vive na súa propiedade e conseguirlle unha obra inédita.
A HEREXÍA LARANXA QUEIMADA
Un marchante convida un crítico de arte moi ambicioso á súa mansión en Italia para propoñerlle unha oportunidade única que impulsará enormemente a súa carreira: deberá entrevistar un pintor moi esquivo que vive na súa propiedade e conseguirlle unha obra inédita.
PRATOS COMBINADOS: Antón Santos, felizmente casados
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: O pozo dos milagres
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.