TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 05.10.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 05.10.2026
Presenta María Cheda.
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XII
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. 'Cos pés na terra' probará hoxe o mel de de Manuel e coñecerá a aula da natureza de Regina. O programa tamén estará con Juanjo, un rapaz que espalla coñecementos sobre a horta polo mundo enteiro.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VIII 490
Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña toman o mando de 'O Termómetro' nas mañás da TVG. Conducen máis de dúas horas de directo con entretemento, faladoiro, asuntos de interese público e reporteiros nas catro provincias. O magazine pon hoxe sobre a mesa o conflito político da vivenda e o motín dos fregueses de Ordes, e asiste ao día grande do San Froilán en Lugo.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 05.10.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL: TELEXORNAL MEDIODÍA 05.10.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 05.10.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 05.10.2026
EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 90
Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XV 1098
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XV 895
Quinto e último día no 'Atrápame se podes' para esta tripulación de concursantes formada por Uxía de Ordes, Nacho de Cambre, Tomás de Culleredo, Paco de Oleiros e Sara de Vilagarcía de Arousa. Os 48 800 euros do bote agardan a que un deles consiga descifrar as cinco preguntas que ten Rodrigo Vázquez agochadas no "Minuto final". Quinto e último día no 'Atrápame se podes' para a tripulación de concursantes formada por Uxía, de Ordes; Nacho, de Cambre; Tomás, de Culleredo; Paco, de Oleiros, e Sara, de Vilagarcía de Arousa. Os 48.800 euros do bote agardan a que un deles consiga descifrar as cinco preguntas que ten Rodrigo Vázquez agochadas no 'Minuto final'.
A VOLTAS CO PRATO: Destas fabas somos escravas!
Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.
TELEXORNAL: TELEXORNAL SERÁN 05.10.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO: TX DEPORTES SERÁN 05.10.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 05.10.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 141
‘Land Rober + Show’ volverá pintar a mona con sketchs de ficción, o seu xa popular prezo xusto, xogos co público e entrevistas a personaxes de todo tipo, tanto de Galicia como de toda España. Ademais de Roberto Vilar e Eva Iglesias, o espazo de humor conta coa presenza de Xurxo Carreño, Patricia Pérez, Ana Ageitos e Dani Fernández como colaboradores. O programa comeza a semana con moito humor, cun novo reto culinario e cun convidado que realizará un percorrido polo pasado.
EXPEDIENTE OCULTO: EXPEDIENTE OCULTO III 24. CRIME DE SOUFIAN
Formato de investigación, que combina xornalismo de sucesos, reconstrución de crimes reais e exploración do misterio. A xornalista Patricia Abet conduce este espazo, acompañada por unha mesa de especialistas e perfís vinculados a cada historia. ‘Expediene Oculto' reconstrúe o crime de Soufian Mraha, resolto case cinco anos despois dos feitos. O programa analiza o asasinato con arma branca ocorrido en Salceda de Caselas en 2019, ademais de abordar o aumento dos conflitos entre clans familiares en Galicia.
DALLAS: XUÍZO E ERRO
O xuízo de Jenna entra na súa fase decisiva. Os testemuños e as novas revelacións modifican o rumbo do caso, mentres X. R. continúa inmerso na batalla polo control de Ewing Oil.
DALLAS: VEREDICTO
O tribunal emite o seu veredicto sobre Jenna. A resolución ten importantes consecuencias para Bobby e para toda a familia Ewing, ao tempo que continúan os conflitos empresariais.
A FUGA DE ALCATRAZ
San Francisco, xaneiro de 1960. Frank Lee Morris, un preso moi intelixente que fuxiu de varias prisións, é trasladado a Alcatraz, cárcere de máxima seguridade situada nunha illa rochosa no medio da baía de San Francisco. A pesar de que ninguén conseguiu evadirse nunca de alí, Frank e outros reclusos comezan a preparar minuciosamente un plan de fuga.
NO FOCO: NO FOCO 03.10.2026
Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1239
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
PRATOS COMBINADOS: O fútbol éche así
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Crema rexuvenecedora
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: O novo oficio de Nicanor
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.