TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 01.10.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 01.10.2026
Presenta María Cheda.
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA X 122
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. O programa estará hoxe cun luthier que quere recuperar o pito pastoril, un instrumento tradicional. O espazo da TVG tamén ten unha cita cunha pementeira e co responsable dun centro equino especializado nas máis avanzadas terapias ecuestres.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VIII 488
Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña toman o mando de 'O Termómetro' nas mañás da TVG. Conducen máis de dúas horas de directo con entretemento, faladoiro, asuntos de interese público e reporteiros nas catro provincias. 'O Termómetro' coñecerá a situación na ría de Arousa ante o comezo da campaña de libre marisqueo e fará as maletas cos usuarios das viaxes do Imserso, que comezan hoxe.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 01.10.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL: TELEXORNAL MEDIODÍA 01.10.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 01.10.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI
AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI
AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 01.10.2026
ESPECIAL INFORMATIVO: FORO ATLÁNTICO DA TOXA 2026. INAUGURACIÓN
ESPECIAL INFORMATIVO: Foro da Toxa 2026. Inauguración
Os medios públicos galegos comezan este xoves un amplo dispositivo informativo con motivo do Foro La Toja-Vínculo Atlántico 2026. A TVG retransmite esta tarde en directo a inauguración, presidida polo rei Felipe VI.
EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 88
Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XV 1096
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XV 894
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. O bote do programa chegou aos 48.500 euros e veñen hoxe dispostos a facerse con el Tomás, de Culleredo; Sara, de Vilagarcía de Arousa; Uxía, de Ordes; Nacho, de Cambre, e Paco, de Oleiros. Todos eles deben ir superando as distintas fases do xogo para teren opcións de levar o gran premio no 'Minuto final'.
A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 88
Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.
A VOLTAS CO PRATO: 1 de outubro, de mazás me cubro!
Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas. Xulio Mato cociña mazás reenchidas de caramelos de tofe. Lucía Vázquez cociña torta de mazá, noces e dátiles.
TELEXORNAL: TELEXORNAL SERÁN 01.10.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO: TX DEPORTES SERÁN 01.10.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 01.10.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 140
‘Land Rober + Show’ volverá pintar a mona con sketchs de ficción, o seu xa popular prezo xusto, xogos co público e entrevistas a personaxes de todo tipo, tanto de Galicia como de toda España. Ademais de Roberto Vilar e Eva Iglesias, o espazo de humor conta coa presenza de Xurxo Carreño, Patricia Pérez, Ana Ageitos e Dani Fernández como colaboradores. O espazo de humor ‘Land Rober + Show’ viaxa ao estranxeiro e recibe a visita dunha deportista galega que acadou un novo éxito nos Estados Unidos.
OS CRONONAUTAS: Un novo mundo
Espazo presentado por Trisha Fernández e David Vilares, que viaxará no tempo para coñecer momentos claves da nosa historia, e achegarse de primeira man aos acontecementos, os personaxes e os lugares que marcaron a nosa evolución. ‘Os Crononautas' da TVG viaxan hoxe a unha época chea de historias sorprendentes: a Galicia sueva. Os espectadores descubrirán como se formou o primeiro reino medieval de Occidente e os cambios que experimentou o territorio tras a desaparición do Imperio Romano.
SEGREDOS - DESMONTANDO GALICIA: Ourense
Os espectadores descubrirán a comunidade dun xeito único, desde os puntos de vista máis abraiantes e inéditos. Presentado por Diana Nogueira e Alicia Burton, este novo programa amosará, sen límites espaciais e temporais e grazas ás integracións 3D, os segredos das grandes infraestruturas e do patrimonio natural, urbanístico e cultural galego. O programa viaxa hoxe a Ourense, unha das urbes máis importantes da Hispania romana. O programa realizará unha viaxe no tempo para saber como esta cidade de nobres, igrexas e prazas inclinadas medrou ao longo da súa historia dunha beira á outra do Miño a través das súas pontes.
DALLAS: OS PECADOS DO PAI
Os Ewing e os Barnes enfróntanse nos tribunais pola propiedade de Ewing Oil. Sue Ellen intenta reconciliarse con Pam, Lucy e Eddie avanzan nos seus plans de futuro e X. R. comproba que unha das súas manobras pode volverse na súa contra.
DALLAS: OS IRMÁNS EWING
A loita polo control de Ewing Oil achega a X. R., Bobby e Ray, aínda que as maquinacións de X. R. acaban afastando del a Miss Ellie e Clayton. Sue Ellen acompaña a Pam a Hong Kong, mentres Eddie e Betty conspiran contra Lucy.
DOUS BOS NACHOS
O malpocado detective privado Holland March e o matón a soldo Jackson Healy non teñen nada en común ata que se inmiscen na misteriosa desaparición dunha activista medioambiental. Colocados na mira duns instruídos asasinos, March e Healy terán que valerse de todos os seus recursos para salvar o pelello e garantir que a verdade da conspiración multimillonaria en que se mergullaron saia á luz.
DOUS BOS NACHOS
O malpocado detective privado Holland March e o matón a soldo Jackson Healy non teñen nada en común ata que se inmiscen na misteriosa desaparición dunha activista medioambiental. Colocados na mira duns instruídos asasinos, March e Healy terán que valerse de todos os seus recursos para salvar o pelello e garantir que a verdade da conspiración multimillonaria en que se mergullaron saia á luz.
DOUS BOS NACHOS
Ambientada nos Ánxeles durante os anos 70, o detective Holland March e o matón a soldo Jackson Healy vense na obriga de colaborar para resolver varios casos: a desaparición dunha moza, a morte dunha estrela porno e unha conspiración criminal que chega ata as altas esferas.
LABRANZA: LABRANZA 1777
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
PRATOS COMBINADOS: A solución definitiva para as multas
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: A mellor lotería do mundo
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.