TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 28.09.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 28.09.2026
Presenta María Cheda.
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XVII 222
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VIII 485
Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña toman o mando de 'O Termómetro' nas mañás da TVG. Conducen máis de dúas horas de directo con entretemento, faladoiro, asuntos de interese público e reporteiros nas catro provincias. Desde unha residencia, ‘O termómetro’ fala hoxe coas primeiras persoas vacinadas pola gripe e a Covid, ao tempo que debate sobre cirurxía estética e aprende a facer saborosos marmelos caseiros.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 28.09.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL: TELEXORNAL MEDIODÍA 28.09.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 28.09.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI
AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 28.09.2026
EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 85
Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XV 1093
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XV 891
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Inicíciase unha nova semana no ‘Atrápame se podes’, que recibe no estudio a tripulación formada por Nacho, de Cambre; Paco, de Oleiros; Sara, de Vilagarcía de Arousa; Tomás, de Culleredo, e Uxía, de Ordes. O bote do programa está nos 47.900 euros e todos deben superar as distintas fases para loitaren por el no 'Minuto final'.
A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 85
Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.
TELEXORNAL: TELEXORNAL SERÁN 28.09.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO: TX DEPORTES SERÁN 28.09.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 28.09.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 137
‘Land Rober + Show’ volverá pintar a mona con sketchs de ficción, o seu xa popular prezo xusto, xogos co público e entrevistas a personaxes de todo tipo, tanto de Galicia como de toda España. Ademais de Roberto Vilar e Eva Iglesias, o espazo de humor conta coa presenza de Xurxo Carreño, Patricia Pérez, Ana Ageitos e Dani Fernández como colaboradores. A polémica voda de Gomesende, un experto en economía e o prezo do combustible, ingredientes que abrangue hoxe o ‘Land Rober + Show’ co seu mellor humor.
EXPEDIENTE OCULTO: Crime de estricnina
Formato de investigación, que combina xornalismo de sucesos, reconstrución de crimes reais e exploración do misterio. A xornalista Patricia Abet conduce este espazo, acompañada por unha mesa de especialistas e perfís vinculados a cada historia. ‘Expediente Oculto' reconstrúe o crime da estricnina de Maceda, unha historia de inimizade e vinganza. O espazo analiza este asasinato cometido cun cebo envelenado, e abrangue as consecuencias dos accidentes mortais en que os responsables se dan á fuga.
DALLAS: DALLAS 120
Antigos conflitos repítense e lembranzas do pasado condicionan novas decisións. Cliff e Jamie continúan preparando a súa ofensiva legal contra os Ewing.
DALLAS: DALLAS 121
Bobby enfróntase ás dificultades da súa nova situación persoal, mentres X. R. aproveita a incerteza para reforzar a súa posición dentro de Ewing Oil.
O PÓQUER DA MORTE
Corre o ano 1880. Cando un forasteiro é collido facendo trampas nunha partida de póker na poboación de Rincón, en Colorado, Van Morgan intentará inutilmente que os outros cinco xogadores non o linchen. Neses mesmos días, a febre do ouro está a traer a Rincón a novos forasteiros, como o ‘révolver fácil’ do predicador Jonathan Rudd, e Lily Langford coa súa colección de fermosas barbeiras.
O PÓQUER DA MORTE
Corre o ano 1880. Cando un forasteiro é collido facendo trampas nunha partida de póker na poboación de Rincón, en Colorado, Van Morgan intentará inutilmente que os outros cinco xogadores non o linchen. Neses mesmos días, a febre do ouro está a traer a Rincón a novos forasteiros, como o ‘révolver fácil’ do predicador Jonathan Rudd, e Lily Langford coa súa colección de fermosas barbeiras.
A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 85
Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.
PRATOS COMBINADOS: Elvis vive e cultiva tomates
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Sinistro total
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: O negocio de don Nicanor
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.