div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

MAGNUM: MAGNUM 63

Narra as aventuras de Thomas Sullivan Magnum, un investigador privado que vive en Hawai co mordomo Higgins, un exmilitar co que se leva como o can e o gato e que o ameaza cos seus cans gardiáns Zeus e Apolo. Magnum dedícase a resolver grandes casos, contando sempre coa axuda incondicional dos seus compañeiros Rick e TC, e mesmo de Higgins.

07:40 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VIII 483

Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña toman o mando de 'O Termómetro' nas mañás da TVG. Conducen máis de dúas horas de directo con entretemento, faladoiro, asuntos de interese público e reporteiros nas catro provincias. Amais da celebración dunha polémica voda en Gomesende, o espazo fala hoxe de roubos de combustible a camioneiros, dos beneficios dos suplementos vitamínicos, do consumo de peixe e da moda de 'farmear aura'.

09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 26.09.2026

Presenta Chus Tanoira.

09:55 h

PARLAMENTO: PARLAMENTO 1196

Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.

10:00 h

LABRANZA: LABRANZA 1777

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

10:30 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3445

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. Mara Sánchez e Adam Prieto, protagonistas de ‘As liñas discontinuas’, visitan o ‘Zigzag’, que tamén percorre a mostra de Jesús Costa e coñece a montaxe ‘Ictus’.

10:50 h

TALENTOS EXTRAORDINARIOS: TALENTOS EXTRAORDINARIOS 5

Chega á TVG 'Talentos Extraordinarios', o concurso que busca as persoas máis sorprendentes e habilidosas do noso país. Laura Boado presenta esta nova proposta de entretemento familiar, acompañada por Antonio Garrido, María Mera e David Perdomo como xurado. Unha muller de 86 anos e un cativo de tres amosarán esta noite os seus 'Talentos Extraordinarios' na TVG. A concursante máis veterana e o máis precoz ata o momento sorprenderán, respectivamente, tocando as castañolas e cunha exhibición xunto a un grupo de 'parkour'.

12:20 h

COS PÉS NO MAR: SANTIAGO PESQUEIRA, ALFREDO LÓPEZ E ROSA PARDO.

En ‘Cos pés no mar’ imos a Nigrán para coñecer o traballo de Alfredo, biólogo experto en cetáceos, atendendo animais con problemas. Pasamos unha fermosa xornada en Portosín con Rosa. Ela é redeira; e puntada a puntada imos coñecer tódolos segredos das redes do cerco. E no programa tamén temos un peixeiro ben simpático. El é Santi e dende o seu posto no mercado de abastos de Pontevedra vén disposto a repartir frescura e bos consellos.

13:55 h

ATMOSFÉRICOS: ATMOSFERICOS 26.09.2026

Programa presentado por Diego Viaño que toma a meteoroloxía como fío condutor para contar Galicia a través do clima, a natureza e o medio ambiente galego.

14:10 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 26.09.2026

Presenta Chus Tanoira.

14:25 h

TELEXORNAL: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 26.09.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

15:05 h

EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 26.09.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

15:20 h

NO FOCO: NO FOCO 26.09.2026

Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

15:40 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 26.09.2026

16:10 h

FÚTBOL PRIMEIRA DIVISIÓN RFEF: PRIMEIRA FEDERACION. XORNADA 5. CD LUGO-RACING DE FERROL

18:25 h

TARDE PIACHES: TARDE PIACHES II 40

Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, este magazine de fin de semana ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente.

21:00 h

TELEXORNAL

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

21:30 h

EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES SERÁN FIN DE SEMANA 26.09.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

21:45 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 26.09.2026

21:50 h

ESPECIAL: A ORQUESTRA PERFECTA. O XUIZO FINAL

23:00 h

A ORQUESTRA PERFECTA: A ORQUESTRA PERFECTA 9 FINAL

Comeza na TVG a busca de 'A Orquestra Perfecta', o gran 'talent show' do verán na TVG. Os integrantes das grandes orquestras enfróntanse entre eles para conseguir un posto na formación ideal da verbena galega, nun reto presentado por Arturo Fernández.

01:00 h

COS PÉS NO MAR: SANTIAGO PESQUEIRA, ALFREDO LÓPEZ E ROSA PARDO.

Programa que dá a coñecer persoas que fan cada día unha aposta vital polo mar, sendo o medio mariño o presente e o futuro deles e mais das súas familias.

02:00 h

A FAMILIA

Crónica da vida de varias xeracións dunha familia romana da burguesía, desde 1906 ata 1986. O narrador é Carlo, un profesor de italiano que relata a súa historia desde o bautismo ata que se atopa rodeado de fillos e netos. Os demais personaxes, o avó, o pai, a nai, as tres inseparables tías solteiras, o irmán, a criada namorada do irmán... configuran un mundo cheo de vida e sentimentos.

04:00 h

PRATOS COMBINADOS: Chega a prima Olimpia

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

05:05 h

PRATOS COMBINADOS: O monstro da aldea

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

div-crtvg-top2

Publicidade