div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 23.09.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 23.09.2026

Presenta María Cheda.

10:30 h

O AGRO: O AGRO 24.03.2026

10:35 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XVII 219

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VIII 482

Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña toman o mando de 'O Termómetro' nas mañás da TVG. Conducen máis de dúas horas de directo con entretemento, faladoiro, asuntos de interese público e reporteiros nas catro provincias. Atento a Ceuta, ‘O termómetro' fala hoxe tamén da normativa sobre herdanzas e a excepción da lexítima, dos usos do toxo e da venda de roupa de entretempo.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 23.09.2026

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL: TELEXORNAL MEDIODÍA 23.09.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

15:10 h

EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 23.09.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

15:25 h

AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI

15:25 h

AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 23.09.2026

15:45 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 82

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.

18:00 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XV 1090

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

19:30 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIV 888

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Terceiro día no programa para María, de Boiro; Rafa, de Vigo; Loli, de Abegondo; Roberto, de Vigo, e Adrián, de Redondela. O obxectivo de todos é chegar ao 'Minuto final', pois é aquí onde se reparten os cartos. Hoxe o bote está nos 47.700 euros.

20:15 h

A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 82

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

21:00 h

TELEXORNAL: TELEXORNAL SERÁN 23.09.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

21:30 h

EN XOGO: TX DEPORTES SERÁN 23.09.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

21:40 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 23.09.2026

21:50 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 135

‘Land Rober + Show’ volverá pintar a mona con sketchs de ficción, o seu xa popular prezo xusto, xogos co público e entrevistas a personaxes de todo tipo, tanto de Galicia como de toda España. Ademais de Roberto Vilar e Eva Iglesias, o espazo de humor conta coa presenza de Xurxo Carreño, Patricia Pérez, Ana Ageitos e Dani Fernández como colaboradores. Un vello amigo do programa regresa hoxe a 'Land Rober + Show'.

22:50 h

ORGULLO DE FAMILIA: ORGULLO DE FAMILIA 3

Docu-reality que lles achega aos espectadores a realidade cotiá de tres familias xitanas galegas. Ao longo de 13 capítulos, convida a descubrir as súas historias, raíces, costumes e valores, nun retrato íntimo e respectuoso que reivindica o orgullo de sentirse galego e caló. Unha lámpada para o novo fogar de Alba, unha acampada cunha visita moi especial e un día entre parellas en Sanxenxo, na entrega desta semana de 'Orgullo de Familia'. Os espectadores da TVG seguirán coñecendo a vida cotiá das tres familias xitanas galegas protagonistas deste ‘docu-reality’.

23:55 h

A MIÑA FAMILIA POLA TÚA

Divertida proposta en que dúas nais, con estilos de vida opostos, intercambiarán o seu fogar durante unha semana. A preocupación polo medio natural e a conciencia ecolóxica afastan radicalmente ás dúas nais da presente edición. Esther, nai surfista e moi ecoloxista, intercambia de familia durante unha semana coa de Vanessa, nai consumista, con ideas opostas sobre os problemas do planeta.

01:35 h

DALLAS: DALLAS 114

Bobby abandona o hospital e regresa a Southfork. A familia esfórzase por recuperar a normalidade, aínda que as tensións arredor de Ewing Oil continúan aumentando.

02:20 h

DALLAS: DALLAS 115

A tradicional gala do magnate do petróleo convértese no escenario de novos enfrontamentos, alianzas e conspiracións entre os principais rivais de Dallas.

03:00 h

TERRA PROMETIDA

Un executivo dunha grande empresa chega a unha localidade cunha compañeira de traballo para mercarlles os dereitos de perforación aos donos das terras, case todos gandeiros. Nesa poboación, asolada pola crise económica dos últimos anos, o executivo intentará convencer a xente dos beneficios de perforar as súas terras, pero tamén terá ocasión de reconsiderar o que foi a súa vida ata ese momento.

03:10 h

TERRA PROMETIDA

Un executivo dunha grande empresa chega a unha localidade cunha compañeira de traballo para mercarlles os dereitos de perforación aos donos das terras, case todos gandeiros. Nesa poboación, asolada pola crise económica dos últimos anos, o executivo intentará convencer a xente dos beneficios de perforar as súas terras, pero tamén terá ocasión de reconsiderar o que foi a súa vida ata ese momento.

04:50 h

PRATOS COMBINADOS: Caracois en prebe picante

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

05:50 h

PRATOS COMBINADOS: Os chantaxistas

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 23.09.2026

div-crtvg-top2

Publicidade