div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 21.09.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 21.09.2026

Presenta María Cheda.

10:30 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XVII 217

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. ‘Cos pés na terra' amosa hoxe as posibilidades na cociña das plantas silvestres. O espazo da TVG tamén ten unha cita cunha gandeira nova e cunha odontóloga equina.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VIII 480

Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña toman o mando de 'O Termómetro' nas mañás da TVG. Conducen máis de dúas horas de directo con entretemento, faladoiro, asuntos de interese público e reporteiros nas catro provincias. O magazine interésase hoxe polo traballo e a alta demanda de rabdomantes, pola falta de remuda de profesionais e polo inicio da campaña de recollida da mazá.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 21.09.2026

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

15:10 h

EN XOGO

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

15:25 h

AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 21.09.2026

15:45 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 80

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.

18:00 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XV 1088

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

19:30 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIV 886

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. O 'Atrápame se podes' inicia outra semana con cinco novos concursantes. Rodrigo Vázquez recibe no estudio a Adrián, de Redondela; Loli, de Abegondo; María, de Boiro e, desde Vigo, Rafa e Roberto. O programa comeza co bote nos 47.700 euros.

20:15 h

A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 80

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

21:00 h

TELEXORNAL

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

21:30 h

EN XOGO

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

21:40 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 21.09.2026

21:45 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 133

‘Land Rober + Show’ volverá pintar a mona con sketchs de ficción, o seu xa popular prezo xusto, xogos co público e entrevistas a personaxes de todo tipo, tanto de Galicia como de toda España. Ademais de Roberto Vilar e Eva Iglesias, o espazo de humor conta coa presenza de Xurxo Carreño, Patricia Pérez, Ana Ageitos e Dani Fernández como colaboradores. Shakira e un dos mellores do mundo, protagonistas hoxe no programa, nunha edición en que Roberto Vilar se someterá a un novo reto culinario.

22:50 h

EXPEDIENTE OCULTO: Crime de Samuel Luiz

Formato de investigación, que combina xornalismo de sucesos, reconstrución de crimes reais e exploración do misterio. A xornalista Patricia Abet conduce este espazo, acompañada por unha mesa de especialistas e perfís vinculados a cada historia. O crime de Samuel Luiz, asasinado en 2021 na Coruña durante unha brutal agresión grupal, centra esta semana o tempo de 'Expediente oculto'. O programa abordará tamén o incremento de delitos cometidos mediante intelixencia artificial

23:55 h

UN CAMIÑO DE LEMBRANZAS: O CAMIÑO A MUXÍA E FISTERRA

No Día Mundial do Alzhéimer, a TVG estrea este documental, que segue a iniciativa 'Un Camiño de Lembranzas' e a súa vinculación co movemento internacional 'Walking the Talk for Dementia', do que forman parte persoas coidadoras, enfermas con demencia e investigadores de 29 países. Este proxecto de persoas usuarias da asociación AGADEA (Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer) converte as persoas con Alzhéimer e outras demencias en protagonistas dunha experiencia de inclusión, convivencia e participación ao longo do percorrido cara á Costa da Morte.

00:30 h

DALLAS: SE NON TRIUNFAS Á PRIMEIRA

Prodúcese un novo intento de asasinar a X. R. Afton rompe a súa relación con Cliff. Pam impide que Katherine entre no hospital para visitar a Bobby. Marilee seduce a Cliff. Bobby desconfía de que X. R. dirixa Ewing Oil durante a súa recuperación. X. R. e Bobby descobren que o autor dos disparos continúa en liberdade.

01:10 h

DALLAS: DALLAS 111

Bobby enfróntase ás consecuencias da perda de visión mentres a familia intenta adaptarse á situación. X. R. continúa investigando quen quixo matalo e aumentan as tensións entre os Ewing.

01:55 h

ASALTO AO FORTE CLARK

O coronel do Forte Clark carece dos efectivos suficientes para conter os numerosos ataques dos indios kiowas que actuan en grupos dispersos. Días máis tarde, un oficial enviado polo goberno consegue convencer os seminiolas, inimigos tradicionais dos kiowas, para que loiten contra estes.

04:45 h

PRATOS COMBINADOS: Miro Pereira o conquistador

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

05:45 h

PRATOS COMBINADOS: Arte a esgalla

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 21.09.2026

div-crtvg-top2

Publicidade