TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 14.09.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 14.09.2026
Presenta María Cheda.
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XVII
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. Regresa ‘Cos Pés na Terra’ este domingo á TVG con novas historias de paixón polo rural. O programa volve esta sobremesa con tres protagonistas que apostan con ilusión por vivir e traballar no campo galego.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VIII 475
Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña toman o mando de 'O Termómetro' nas mañás da TVG. Conducen máis de dúas horas de directo con entretemento, faladoiro, asuntos de interese público e reporteiros nas catro provincias. O magazine segue hoxe atento ás novas de Ceuta, alerta das consecuencias da seca e do comezo da venda das viaxes do Imserso, e acode ás festas da Guadalupe en Rianxo.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 14.09.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 14.09.2026
EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 75
Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XV 1083
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIV 881
Comeza outra semana para o 'Atrápame se podes' e temos nova tripulación de concursantes. No estudio estarán Emilio, de Abegondo; José Ramón, da Pobra do Caramiñal e, dende a cidade da Coruña, Pilar, Raúl e Sara. O programa de hoxe iníciase co bote nos 46.800 euros. Comeza outra semana para o 'Atrápame se podes' e temos nova tripulación de concursantes. No estudio estarán Emilio, de Abegondo; José Ramón, da Pobra do Caramiñal e, dende a cidade da Coruña, Pilar, Raúl e Sara. O programa de hoxe iníciase co bote nos 46.800 euros.
A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 75
Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.
TELEXORNAL
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 14.09.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 129
‘Land Rober + Show’ volverá pintar a mona con sketchs de ficción, o seu xa popular prezo xusto, xogos co público e entrevistas a personaxes de todo tipo, tanto de Galicia como de toda España. Ademais de Roberto Vilar e Eva Iglesias, o espazo de humor conta coa presenza de Xurxo Carreño, Patricia Pérez, Ana Ageitos e Dani Fernández como colaboradores. Unha estrela do deporte mundial, protagonista hoxe no espazo de humor.
EXPEDIENTE OCULTO: Crime Elisa Abruñedo
‘Expediente oculto’ analiza o crime de Elisa Abruñedo, asasinada preto da súa casa en 2013, e a investigación que permitiu identificar o seu asasino dez anos despois. O programa achégase tamén ao barrio de Recimil, en Ferrol, e recupera o caso aínda sen resolver de Socorro Pérez. Hoxe estrea segunda temporada na TVG, coa análise polo miúdo do crime de Elisa Abruñedo e a súa investigación inédita. O espazo de sucesos falará tamén do caso inconcluso da ourensá Socorro Pérez e incorpora nova sección sobre os sucesos que mellor describen a nosa sociedade falando dos barrios máis conflitivos.
DALLAS: DALLAS 100
Os Ewing son unha poderosa familia que vive no seu gran rancho de Texas, rodeada de todo tipo de luxos grazas aos seus prósperos negocios petroleiros. Traizóns, vinganzas, ambicións e intrigas configuran a vida deste clan dominado por un personaxe inesquecible: o implacable e malvado J.R. (Larry Hagman). Pioneira na arte de manter o suspense ao final de cada capítulo, a serie acadou un enorme éxito en todo o mundo e foi líder de audiencia na televisión estadounidense a comezos dos anos oitenta.
DALLAS: O paso importante de Pam
JR intenta destruír a Peter. Pam dálle por fin a Mark unha resposta á súa proposta de matrimonio.
RAZA DE VIOLENCIA
En 1872, diversas familias apaches póñenlle fin aos seus enfrontamentos coa cabalería de Estados Unidos, firmando a paz con Wahsington, representado polo xeneral Howard. Tres anos despois do fin da guerra, o pacífico xefe indio Cochise morre. O seu fillo maior, Taza, comparte as ideas do seu pai, pero o pequeno, o aguerrido Naiche, ansía a guerra. Naiche non perde o tempo para meterse en problemas e, cando un oficial da cabalería arrasa a tribu Chiricahua, únese ao lendario Xerónimo, un apache renegado que non se somete e prepara unha total insurrección, provocando a guerra co home branco.
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XVII
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. Regresa ‘Cos Pés na Terra’ este domingo á TVG con novas historias de paixón polo rural. O programa volve esta sobremesa con tres protagonistas que apostan con ilusión por vivir e traballar no campo galego.
PRATOS COMBINADOS: Peixe fresco
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Miro e Antón e o santo patrón
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: O carteiro chama cando pode
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.