div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 07.09.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 07.09.2026

Presenta María Cheda.

10:30 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XVI 207

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. ‘Cos Pés na Terra' visita este luns un viveiro de bonsais para aprender a coidar destas pequenas árbores. O espazo da TVG tamén ten unha cita con dous artesáns da madeira e cun gandeiro que leva a súa vocación no sangue.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VIII 470

Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña toman o mando de 'O Termómetro' nas mañás da TVG. Conducen máis de dúas horas de directo con entretemento, faladoiro, asuntos de interese público e reporteiros nas catro provincias. 'O Termómetro' achégase hoxe á recollida da pataca e ao arranque do curso universitario, amais de falar dos animais migrantes e do baixo prezo do longueirón.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 07.09.2026

Presenta Raúl Quián.

15:25 h

AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI

15:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 07.09.2026

15:40 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 70

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.

18:10 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XV 1078

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

19:40 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIV 876

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Principia outra semana no 'Atrápame se podes' con cinco novos concursantes, que chegan dispostos a levar un bote que alcanzou xa os 46.000 euros. Rodrigo Vázquez recibe no estudio a Adrián, de Betanzos; Carlos, de Cariño; João, do Porto (Portugal) e, desde Cabanas, Míriam e Rosanna.

20:20 h

A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 70

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

21:40 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 07.09.2026

21:45 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 125

‘Land Rober + Show’ volverá pintar a mona con sketchs de ficción, o seu xa popular prezo xusto, xogos co público e entrevistas a personaxes de todo tipo, tanto de Galicia como de toda España. Ademais de Roberto Vilar e Eva Iglesias, o espazo de humor conta coa presenza de Xurxo Carreño, Patricia Pérez, Ana Ageitos e Dani Fernández como colaboradores.

22:50 h

RECANTOS. O CÁSTING: Gala final

‘Recantos. O Cásting' chega este luns ao momento decisivo coa gran final, desde o Teatro Jofre de Ferrol. Raquel Atanes e Duarte Galbán serán os encargados de conducir unha gala única e con moitas sorpresas, en que os aspirantes escollidos nas audicións previas se van enfrontar ao veredicto do xurado.

00:30 h

DALLAS: O TRATO DE CLIFF

Vellos segredos e asuntos sen resolver regresan para complicar as relacións entre varios membros da familia Ewing.

01:20 h

DALLAS: A DECISIÓN DE SUE ELLEN

Peter convértese nunha fonte crecente de preocupación para Sue Ellen e X.R., mentres a súa influencia sobre John Ross continúa aumentando.

02:05 h

O GRAN XEFE

Cabalo Tolo escoita de neno a profecía sobre un gran líder síux que unirá todas as tribos para enfrontarse ao home branco. Todas as visións que agora ten o xefe apuntan a que ese líder non pode ser outro ca el. Tempo atrás o xefe dos dakotas-síux, ‘Conquering Bear’, morto a mans do home branco, vaticinara que a súa tribo comezaría unha guerra da que sairía vitoriosa, pero tamén advertía que moitos dakotas morrerían pola traizón dos seus propios irmáns.

03:25 h

MOITO CHISTE: Noia

Da man de Xosé A. Touriñán, este novo programa levará o mellor humor polos bares e tabernas de Galicia, con catro veciños de cada localidade competindo cada día coas súas chanzas. A Cunca de Ouro está en xogo na Taberna Lelé, en Noia, ata onde chega esta entrega de 'Moito chiste’. Ghrilo, Emilio, Germán e Mato compiten por facer rir aos seus veciños cun repertorio de chistes breves, clásicos populares e historias cheas de humor e imaxinación.

03:50 h

PRATOS COMBINADOS: Pura psicoloxía

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

04:50 h

PRATOS COMBINADOS: Música en directo

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

05:50 h

PRATOS COMBINADOS: O ladrón de extintores

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 07.09.2026

div-crtvg-top2

Publicidade