div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 02.09.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 02.09.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe senllas entrevistas coa presidenta da FEMP, María José García-Pelayo, e co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites.

08:25 h

PRATOS COMBINADOS: Un millón de Pereiras

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

09:35 h

PRATOS COMBINADOS: Cerrado por defunción

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

10:30 h

O AGRO: O AGRO 22.10.2025

10:35 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XVI 204

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. O 'Cos pés na terra' marcha de ruta cun guía de montaña e visita un restaurante que conta con horta propia. O programa ten tamén unha cita cun matrimonio que leva adiante unha explotación de 700 vacas.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VIII 467

Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña toman o mando de 'O Termómetro' nas mañás da TVG. Conducen máis de dúas horas de directo con entretemento, faladoiro, asuntos de interese público e reporteiros nas catro provincias. A nova normativa europea que prohíbe as monodoses de plástico e o segredo da lonxevidade dos galegos, temas destacados este mércores en 'O Termómetro'.

13:55 h

A PÉ DE PRAIA MAÑÁ: A PE DE PRAIA MAÑÁ 02.09.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

14:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 02.09.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 02.09.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 02.09.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:30 h

AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 02.09.2026

15:45 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 67

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.

18:00 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XV 1075

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

19:25 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIV 873

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Chegan ao seu terceiro día como concursantes no 'Atrápame se podes' Manu, de Redondela; María, de Lugo; Lore, de Ames; Vicente, das Pontes de García Rodríguez, e Diego, de Castrelo de Miño. Rodrigo Vázquez ten para eles moitas preguntas que deben responder correctamente se queren levar o bote, que está xa nos 45.700 euros.

20:10 h

A VOLTAS CO PRATO: ALBÓNDEGAS CASEIRAS? CÓMOAS ENTEIRAS!

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas. Xulio Mato cociñará unhas 'albóndegas mar e montaña' con carne de porco, tenreira e salmón afumado. Pola súa parte, Begoña Vázquez preparará unhas albóndegas de polo e chourizo con quinoa e verduras.

20:55 h

A PÉ DE PRAIA SERÁN: A PE DE PRAIA SERÁN 02.09.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 02.09.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 02.09.2026

21:40 h

MOITO CHISTE: MOITO CHISTE. VILANOVA

Da man de Xosé A. Touriñán, este novo programa levará o mellor humor polos bares e tabernas de Galicia, con catro veciños de cada localidade competindo cada día coas súas chanzas. 'Moito Chiste' chega hoxe a Vilanova de Arousa, con catro novos aspirantes a converterse na persoa máis divertida da vila.

21:50 h

CASAMOS!: CASAMOS! XXVII 332

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa 'Casamos!'. En cada unha das entregas, vese a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado e as vodas.

21:55 h

CASAMOS!: A historia de amor de Carina e Dinis

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa 'Casamos!'. En cada unha das entregas, vese a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado e as vodas. ‘Casamos!' acompaña esta noite a Carina e Dinis no seu esperado 'si, quero' tras 20 anos de amor. A parella, que chegou de Portugal a Galicia hai trece anos, celebra en Barreiros unha emotiva voda rodeada de familiares e amigos.

22:50 h

CASAMOS!: Silvia e Rodrigo

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables volven achegarse ás pantallas da Galega. En cada unha destas entregas verase a ilusión de moitas parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado, as declaracións de amor máis románticas, os nervios dos preparativos nupciais, as opinións e desexos de amigos e familiares, as expectativas, conflitos e ilusións dos noivos protagonistas. Hoxe, en 'Casamos!', a voda de Silvia e Rodrigo xúntase co bautizo do seu fillo Nicolás. Nesta cerimonia tan especial haberá tamén sonadas ausencias.

22:55 h

CASAMOS!: A historia de amor de Silvia e Rodrigo

00:05 h

DALLAS: DALLAS 84

Os Ewing son unha poderosa familia que vive no seu gran rancho de Texas, rodeada de todo tipo de luxos grazas aos seus prósperos negocios petroleiros. Traizóns, vinganzas, ambicións e intrigas configuran a vida deste clan dominado por un personaxe inesquecible: o implacable e malvado J.R. (Larry Hagman). Pioneira na arte de manter o suspense ao final de cada capítulo, a serie acadou un enorme éxito en todo o mundo e foi líder de audiencia na televisión estadounidense a comezos dos anos oitenta.

00:55 h

DALLAS: DALLAS 85

01:40 h

O XOGO

O multimillonario Nicholas Van Orton ten todo o que un home pode desexar, incluído excesivas doses de aburrimento. Conrad, o seu argalleiro irmán pequeno, aínda é capaz de lle atopar un agasallo de aniversario capaz de sorprendelo: o seu ingreso nun exclusivo club de ocio que lles ofrece os seus socios as aventuras e os pasatempos máis incribles.

03:45 h

PRATOS COMBINADOS: Un par de boas pezas

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

04:45 h

PRATOS COMBINADOS: Pereira está feito un mozo

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

05:25 h

PRATOS COMBINADOS: Falando con Paula

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

05:55 h

PRATOS COMBINADOS: O salmonete de ouro

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

06:00 h

PRATOS COMBINADOS: O vello Pereira ataca de novo

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

06:30 h

PRATOS COMBINADOS: Especies protexidas

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 02.09.2026

div-crtvg-top2

Publicidade