TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 01.09.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 01.09.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Hoxe inclúe unha entrevista á conselleira de Política Social da Xunta de Galicia, Fabiola García Martínez; Belén Montesa, membro da Comisión Intersectorial da Infancia e da Adolescencia do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia; Yolanda Triñanes, xefa do servizo de Atención á Saúde Mental do Servizo Galego de Saúde, e Marta Balado, sarxento xefe do Equipo da Muller e o Menor (EMUME) da comandancia da Garda Civil da Coruña.
O AGRO: O AGRO 03.09.2025
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XVI 203
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. 'Cos pés na terra' volve hoxe á escola cun profesor de horta. O programa tamén sairá de ruta cun veterinario rural e visitará un apicultor de Terra de Trives.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VIII 466
Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña toman o mando de 'O Termómetro' nas mañás da TVG. Conducen máis de dúas horas de directo con entretemento, faladoiro, asuntos de interese público e reporteiros nas catro provincias. Entre os temas de actualidade, ‘O termómetro' fala hoxe da costa de setembro, da crise migratoria de Ceuta, do regreso do bo tempo e dos mellores coidados para as articulacións.
A PÉ DE PRAIA MAÑÁ: A PE DE PRAIA MAÑÁ 01.09.2026
Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 01.09.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 01.09.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 01.09.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 01.09.2026
EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 66
Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XV 1074
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIV 872
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Lore, de Ames; Vicente, das Pontes de García Rodríguez; Diego, de Castrelo de Miño; Manu, de Redondela, e María, de Lugo, son os nosos concursantes no día de hoxe. O obxectivo de todos é levar o bote, que comeza o programa nos 45.600 euros.
A VOLTAS CO PRATO: Pereira cargada? Tes larpeirada!
Xulio Mato cociña unha torta de peras e chocolate con salsa de vainilla. Xoanqui Ameixeiras prepara un "saltimbocca" de pera con papada de porco e cuscús de gaspacho.
A PÉ DE PRAIA SERÁN: A PE DE PRAIA SERÁN 01.09.2026
Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 01.09.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 01.09.2026
MOITO CHISTE: Illa de Arousa
‘Moito chiste’ chega ao Triskel, na Illa de Arousa, nunha nova parada do seu percorrido. Adriana, Javi, José e Moncho compiten pola Cunca de Ouro contando as súas mellores historias ante o público, con Xosé A. Touriñán como presentador. Desde o local Triskel, na illa de Arousa, catro novos aspirantes a ser o mellor contador de chistes, Adriana, Javi, José e Moncho, competirán hoxe pola Cunca de Ouro contando as súas mellores historias ante o público.
GALICIA BONITA: Longoseiros
A arquitecta Rosa Facal e o seu equipo de reformas levan o seu coñecemento e bo facer por Galicia adiante para loitar contra o feísmo nas vivendas. 'Galicia bonita' volve hoxe á TVG, cunha reforma en Longoseiros, no Carballiño. Rosa Facal e o seu equipo deberán superar os problemas de espazo para facer todos os arranxos precisos na vivenda.
GALICIA BONITA: Castroverde
A arquitecta Rosa Facal e os seus axudantes percorren Galicia na procura de vivendas sen rematar. Cun orzamento limitado e o prazo dunha semana, enfrontaranse a todo tipo de dificultades para o desenvolvemento das obras. No concello de Castroverde, 'Galicia Bonita' faralle fronte a un almacén de construción en estado semirruinoso despois de 40 anos de abandono. Os seus propietarios porán a proba a paciencia do equipo de reformas cun batallón continuo de mercadorías e material de obra.
DALLAS: ADEUS MICKEY TROTTER
Os Ewing son unha poderosa familia que vive no seu gran rancho de Texas, rodeada de todo tipo de luxos grazas aos seus prósperos negocios petroleiros. Traizóns, vinganzas, ambicións e intrigas configuran a vida deste clan dominado por un personaxe inesquecible: o implacable e malvado J.R. (Larry Hagman). Pioneira na arte de manter o suspense ao final de cada capítulo, a serie acadou un enorme éxito en todo o mundo e foi líder de audiencia na televisión estadounidense a comezos dos anos oitenta.

DALLAS: DALLAS 83

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 2035
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes. 'Nacer de Novo' remata este domingo a celebración dos seus 2.000 programas cunha edición especial dunha hora de duración.
A VOLTAS CO PRATO: Pereira cargada? Tes larpeirada!
Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.
PRATOS COMBINADOS: O restaurador
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Un asunto de estado
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Os versos de Pereira
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: A silueta perfecta
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Un par de boas pezas
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Falando con Paula
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.