div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 31.08.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 31.08.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:30 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XVI

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. En 'Cos pés na terra' haberá hoxe clases de cociña a pé de horta e coñecerase unha parella que pastorea xunta. Ademais, outro dos protagonistas amosará que nunca é tarde para retomar un oficio se existe paixón.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VIII 465

Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña toman o mando de 'O Termómetro' nas mañás da TVG. Conducen máis de dúas horas de directo con entretemento, faladoiro, asuntos de interese público e reporteiros nas catro provincias. 'O Termómetro' inicia nova etapa falando da vendima, da escaseza de polbo galego e da falta de pisos para alugueiro nas cidades universitarias.

13:55 h

A PÉ DE PRAIA MAÑÁ: A PE DE PRAIA MAÑÁ 31.08.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

14:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 31.08.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 31.08.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 31.08.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:30 h

AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 31.08.2026

15:45 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 65

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.

18:00 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XV 1073

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

19:25 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIV 871

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Chega ao estudio do ‘Atrápame se podes’ unha nova tripulación formada por Diego, de Castrelo de Miño; Lore, de Ames; Manu, de Redondela; María, de Lugo, e Vicente, das Pontes de García Rodríguez. O bote do programa está nos 45.400 euros e todos deben superar as distintas fases para loitar por el no 'Minuto final'.

20:10 h

A VOLTAS CO PRATO: FILLOA? NON SE COME UNHA SOA!

Xulio Mato cociña un "pastel de toalla", con filloas clásicas e de chocolate, cun recheo de nata e froitas de croia, e decorado con froitos secos e mazá acaramelada crocante. Begoña Vázquez fai filloas flamexadas con froita de croia acaramelada, crema de xema e merengue italiano.

20:55 h

A PÉ DE PRAIA SERÁN: A PE DE PRAIA SERÁN 31.08.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 31.08.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:25 h

FÚTBOL LIGA HYPERMOTION SEGUNDA DIVISIÓN: R. C. Celta Fortuna-C. D. Castelló

Televisión de Galicia retransmite hoxe o primeiro dos doce partidos programados para esta temporada co Celta Fortuna, como protagonista na Segunda División do fútbol profesional español.

23:25 h

MOITO CHISTE: Allariz

Da man de Xosé A. Touriñán, este novo programa levará o mellor humor polos bares e tabernas de Galicia, con catro veciños de cada localidade competindo cada día coas súas chanzas. 'Moito Chiste' chega este luns a Allariz co mellor humor dos catro novos aspirantes.

23:45 h

O DÍA DA ROMARÍA: Romaría de Nosa Señora da Lanzada

Formato que se achega ás grandes festas populares e relixiosas de Galicia desde dentro, acompañando os seus verdadeiros protagonistas: veciños, familias, parroquias, devotos e romeiros que fan posible que estas tradicións sigan vivas ano tras ano. 'O Día da Romaría' pon hoxe rumbo á Lanzada para vivir os días grandes dunha celebración en que a devoción, a tradición e a festa se mesturan nun ambiente único.

00:35 h

TRAES UNHA CANTIGA?: TRAES UNHA CANTIGA? II 17

Os cantos de taberna regresan á Televisión de Galicia cunha nova temporada de ‘Traes unha cantiga?’. Co cometido de poñer en valor a música galega a través desta tradición tan arraigada no noso país, o programa que presenta Noelia Rey percorrerá novas comarcas galegas en busca da cantiga máis popular e a mellor interpretada.

01:35 h

DALLAS: DALLAS 80

Os Ewing son unha poderosa familia que vive no seu gran rancho de Texas, rodeada de todo tipo de luxos grazas aos seus prósperos negocios petroleiros. Traizóns, vinganzas, ambicións e intrigas configuran a vida deste clan dominado por un personaxe inesquecible: o implacable e malvado J.R. (Larry Hagman). Pioneira na arte de manter o suspense ao final de cada capítulo, a serie acadou un enorme éxito en todo o mundo e foi líder de audiencia na televisión estadounidense a comezos dos anos oitenta.

02:20 h

DALLAS: UNHA FESTA PARA JESSICA

Os Ewing son unha poderosa familia que vive no seu gran rancho de Texas, rodeada de todo tipo de luxos grazas aos seus prósperos negocios petroleiros. Traizóns, vinganzas, ambicións e intrigas configuran a vida deste clan dominado por un personaxe inesquecible: o implacable e malvado J.R. (Larry Hagman). Pioneira na arte de manter o suspense ao final de cada capítulo, a serie acadou un enorme éxito en todo o mundo e foi líder de audiencia na televisión estadounidense a comezos dos anos oitenta.

03:05 h

THE MARAUDERS

En Arizona, no ano 1875, un terrateniente, obsesionado por conservar intactas as súas terras, está disposto a poñer en xogo a súa vida e as dos seus homes con tal de expulsar delas un intruso que ocupou un terreo pedregoso e polvorento.

04:45 h

PRATOS COMBINADOS: Pereira e o diaño

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

05:50 h

PRATOS COMBINADOS: Ideas peregrinas

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 31.08.2026

div-crtvg-top2

Publicidade